Per­so­na­je

Le­va un lus­tro di­ri­xin­do e ac­tuan­do nun es­pec­tácu­lo cos gran­des can­tan­tes da dé­ca­da dos oi­ten­ta

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - M. X. BLAN­CO

El mú­si­co Al­fre­do Su­sa­vi­la ha­bla de sus pro­yec­tos y de su tra­yec­to­ria pro­fe­sio­nal

Es­co­las es­pe­cia­li­za­das e con­ser­va­to­rios po­ñen ago­ra os es­tu­dos re­la­cio­na­dos coa música ao al­can­ce de cal­que­ra, pe­ro hou­bo un tem­po, non tan afas­ta­do, no que ac­ce­der a es­te ti­po de formación non era doa­do, so­bre to­dos des­de pe­que­nos mu­ni­ci­pios. Aín­da así, Al­fre­do Su­sa­vi­la (Les­tro­ve, 1976), do­dren­se de na­ce­men­to e rian­xei­ro de adop­ción, ti­vo cla­ro des­de ca­ti­vo que que­ría de­di­car­se a to­car o piano. Em­pe­zou a fi­xar­se nes­te ins­tru­men­to con 14 anos e tan­to se en­gan­chou del que se­gue a ser o seu in­se­pa­ra­ble com­pa­ñei­ro. Con el con­se­guiu to­car cos que eran os seus ído­los can­do lle pi­cou o bi­cho da música.

Co­mo tan­tos ou­tros ar­tis­tas de po­bo, Al­fre­do Su­sa­vi­la for­mou­se no con­ser­va­to­rio, pe­ro ta­mén nas or­ques­tras. Per­co­rren­do as ver­be­nas con­se­guiu fon­dos pa­ra su­fra­gar os es­tu­dos e co­ñe­ceu a sa­tis­fac­ción que pro­du­ce ser quen de vi­vir dun­ha gran pai­xón. Con­si­dé­ra­se, de fei­to, un­ha per­soa afor­tu­na­da, xa que non tar­dou en ser ben­di­ci­do po­la va­ri­ña má­xi­ca da fa­da for­tu­na: «Can­do le­va­ba pou­co tem­po no ei­do da música xa me em­pe­za­ron a xur­dir tra­ba­llos. Par­ti­ci­pei en pro­gra­mas de te­le­vi­sión, aos que ac­ce­día a tra­vés de pro­bas, e ta­mén me che­ga­ron pro­pos­tas pa­ra fa­cer arran­xos e di­ri­xir ban­das».

Sal­tos na­cio­nal e mun­dial

Ao lon­go de máis dun lus­tro tra­ba­llou co­mo mú­si­co e com­po­si­tor no es­pa­zo de éxi­to Land Ro­ber, no que ti­vo oca­sión de acom­pa­ñar en di­rec­to a ar­tis­tas e gru­pos co­mo Pi­tin­go, Ella Bai­la So­la, Cris­ti­na Pa­to, Che­noa, Al­ber­to Co­me­sa­ña ou Los Li­mo­nes. Pe­ro po­de­ría di­cir­se que Su­sa­vi­la deu o gran sal­to no ano 2012, can­do un­ha pro­du­to­ra lle

fi­xo un en­car­go que lle per­mi­ti­ría ser com­pa­ñei­ro so­bre as tá­boas dos que no pa­sa­do fo­ran os seus ído­los: «Cha­má­ron­me pa­ra ser o di­rec­tor mu­si­cal e pia­nis­ta de Un día cual­quie­ra, un es­pec­tácu­lo cos gran­des ar­tis­tas dos 80 que ía em­pren­der un­ha xi­ra por to­da Es­pa­ña». Mi­guel Ríos, Na­cho Gar­cía Ve­ga, Lo­qui­llo, Ja­vier Gu­rru­cha­ga, Mar­ta Sán­chez, Ana To­rro­ja, Mi­kel Erent­xun son al­gúns dos seus ca­ma­ra­das nun­ha ini­cia­ti­va que, de­bi­do ao éxi­to aca­da­do, aín­da con­ti­núa en for­ma de con­cer­tos na ac­tua­li­da­de.

E da man dun ve­ci­ño, do mú­si­co de Ca­toi­ra Roi Ca­sal, o rian­xei­ro tras­pa­sou as fron­tei­ras de Es­pa­ña e mes­mo atra­ve­sou o char­co. Co­la­bo­ra co ar­tis­ta folk des­de o 2008, par­ti­ci­pan­do ac­ti­va­men­te nos tres tra­ba­llos dis­co­grá­fi­cos que ten no mer­ca­do, e xun­tos le­van per­co­rri­do me­dio mun­do. Es­ce­na­rios de Suí­za, Bra­sil, Ar­xen­ti­na, Cu­ba e Uru­guai com­po­ñen o ál­bum de fotos que os dous com­par­ten.

Ta­mén no Rian­xo que é des- de hai 15 anos o seu fo­gar, Al­fre­do Su­sa­vi­la es­tá dei­xan­do pe­ga­da. É mes­tre de piano e res­pon­sa­ble do de­par­ta­men­to de jazz na es­co­la da lo­ca­li­da­de, en­ti­da­de que o in­vo­lu­crou nun in­te­re­san­te pro­xec­to, o dis­co Un­ha noi­te de amor con Le­la, no que se lle ren­de ho­me­na­xe a Cas­te­lao: «É un­ha pro­pos­ta moi fer­mo­sa que me che­gou xus­to can­do me em­pe­cei a in­tere­sar po­la com­po­si­ción sin­fó­ni­ca».

So­ños por cum­prir

Ac­tua­cións e do­cen­cia te­ñen di­vi­di­do o co­ra­zón des­te ar­tis­ta, que se amo­sa in­ca­paz de eli­xir: «Gús­ta­me o en­sino, ao tem­po que me ofre­ce a po­si­bi­li­da­de de vi­vir da música de for­ma es­ta­ble; pe­ro ta­mén me apai­xo­na to­car en di­rec­to. Com­par­tir es­ce­na­rio cos mú­si­cos dos 80 é pa­ra min un so­ño cum­pri­do, un subidón de adre­na­li­na im­pre­sio­nan­te que me em­pu­xa a se­guir por es­te ca­mi­ño».

Pe­ro o pen­ta­gra­ma pro­fe­sio­nal de Al­fre­do Su­sa­vi­la aín­da es­tá in­com­ple­to. Hai xa tem­po que o jazz se ato­pa en­tre os seus es­ti­los mu­si­cais pre­di­lec­tos, pai­xón que desen­vol­ve a tra­vés da do­cen­cia, pois xa im­par­tiu va­rios se­mi­na­rios, e das ac­tua­cións, xa que ten par­ti­ci­pa­do en di­fe­ren­tes fes­ti­vais; pe­ro con­si­de­ra que ten por dian­te un lon­go ca­mi­ño por per­co­rrer nes­te ei­do: «É un­ha música moi crea­ti­va que que­ro se­guir ex­plo­tan­do».

E pre­ci­sa­men­te nes­te xé­ne­ro mu­si­cal que irrom­peu en Es­ta­dos Uni­dos a fi­nais do sécu­lo XIX é on­de ra­di­ca a es­pi­ña que ten cra­va­da o ar­tis­ta: «Gus­ta­ría­me fa­cer un­ha xi­ra co meu trío e go­zar to­can­do a mi­ña música». Sa­be que o re­to que se mar­cou non é doa­do: «É di­fí­cil mo­ver pro­xec­tos can­do a música non é co­mer­cial», pe­ro el xa com­pro­bou an­te­rior­men­te que os so­ños se po­den cum­prir.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

O piano é o com­pa­ñei­ro in­se­pa­ra­ble de Al­fre­do Su­sa­vi­la des­de que era ado­les­cen­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.