O co­lec­tor

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - LA VOZ DE BARBANZA - Es­te­vo Sil­va Pi­ñei­ro

Din os mo­ra­do­res do lu­gar que no Sal­ti­ño chei­ra a raios. Po­lo vis­to te­ñen un co­lec­tor que non fai a di­xes­tión co­rrec­ta­men­te por mor de que ou­tro co­lec­tor ca­se no­vo do trin­que, o do Es­tei­ro, non fun­cio­na ben. Así que es­tan­se a ver­ter á ría as au­gas fe­cais de to­da a re­don­da. Po­rén, os ve­ci­ños pre­sen­ta­ron uns cen­tos de firmas no con­ce­llo de Boi­ro pa­ra arran­xar es­te pro­ble­ma. Su­po­ño que o Con­ce­llo ten par­te de cul­pa, por­que de ter os co­lec­to­res un man­te­men­to re­gu­lar pro­ba­ble­men­te se de­tec­ta­rían os pro­ble­mas. Máis non de­be­mos cul­par ex­clu­si­va­men­te ao exe­cu­ti­vo da per­sis­ten­te pes­ti­len­cia. Gran par­te da cul­pa é no­sa, ben­que­ri­dos pe­ca­do­res. Se­gui­mos a em­pre­gar o inodo­ro co­ma se fo­se o cu­bo do li­xo: toa­lli­ñas; bas­ton­ci­ños; tam­póns; com­pre­sas… ti­re­mos da cis­ter­na que ¡abra­ca­da­bra!, ne­se lu­gar má­xi­co to­do de­sa­pa­re­ce e na­da acon­te­ce. Na­tu­ral­men­te, des­pois o arre­cen­do non é o das fra­gas do Eu­me. Se a is­to en­ga­di­mos que nun­ca po­de­mos es­tar se­gu­ros de quen es­tá a em­pre­gar o ser­vi­zo mu­ni­ci­pal de su­mi­doi­ros no que non de­be xa te­mos a se­men­te pa­ra un ver­ti­do de ma­nual.

Pre­ci­pi­ta­mos de­tri­tus á praia de Ba­rra­ña e des­pois abráia­nos que apa­re­zan bi­chi­ños nas aná­li­ses das au­gas. Que esa é ou­tra; as ban­dei­ras azuis de­ben vir de aga­sa­llo cos io­gu­res de do­ce uni­da­des, por­que se é cer­to —co­mo ase­gu­ran os ve­ci­ños— que hai un ano que iso es­tá a ver­ter, Ba­rra­ña non me­re­ce a ban­dei­ra azul, co­mo moi­to un­ha ban­dei­ra ne­gra con dúas ti­bias e un cra­nio tan gran­de que se­ría dig­na de on­dear no al­to da perla ne­gra.

Pe­ro tran­qui­los, es­te ano non pre­ci­sa­mos au­gas lim­pas. Te­mos o «efec­to fa­ri­ña».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.