Des­amor­ti­za­ción de Go­doy

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - Jo­sé Ro­drí­guez CA­be­za

En ló­xi­ca cohe­ren­cia coa li­ña editorial de La Voz de Bar­ban­za, os que te­mos o pri­vi­le­xio de es­cri­bir ne­la te­mos a obri­ga de opi­nar de cues­tións que es­tean re­la­cio­na­das co seu ám­bi­to e iso vou fa­cer traen­do a co­la­ción o af­fai­re de Cris­ti­na Ci­fuen­tes. ¿Que? Si, si, por­que anéc­do­tas se­me­llan­tes á da men­cio­na­da, in­clu­so peo­res, acon­te­ce­ron, e su­po­ño que se­gui­rán acon­te­cen­do, nes­tas te­rras de Bar­ban­za-Mu­ros-Noia xa que ne­las, con es­ca­sas ex­cep­cións, o que pre­do­mi­na son as es­co­las e os ins­ti­tu­tos pú­bli­cos, aquel mal­po­ca­do in­ven­to de Fran­co que, va­lén­do­se de po­si­cións van­ta­xo­sas pa­ra os en­si­nan­tes, re­ma­tou coas leis da com­pe­ten­cia no en­sino, un­ha das cau­sas do gran fra­ca­so es­co­lar que es­ta­mos a pa­de­cer.

De­be­mos ter moi en con­ta que o ré­xi­me la­bo­ral de mes­tres, pro­fe­so­res e ca­te­drá­ti­cos non se re­xe po­las nor­mas dos de­mais cu­rran­tes des­te país, se­nón polo das ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas, de aí que poi­dan ter —e te­ñen— a mes­ma pro­pen­sión á co­rrup­ción que es­tá aflo­ran­do —moi­to máis é a que non aflo­ra— gra­zas aos me­dios de co­mu­ni­ca­ción, xa que os po­lí­ti­cos e as súas or­ga­ni­za­cións pro­té­xen­se po­las mes­mas fal­ca­trua­das.

Aí es­tá o mio­lo des­ta mala xes­tión e mala pra­xe na pres­ta­ción dos no­sos ser­vi­zos pri­mor­diais e iso é o que cóm­pre ata­llar, em­po­ri­so con­vén ana­li­zar a raíz des­te pro­ble­ma que non é ou­tra que a es­tru­tu­ra que pri­va aos pro­xe­ni­to­res da li­ber­da­de de elección de cen­tro e idea­rio, pe­ro a no­sa cas­ta sem­pre po­de adu­cir que a cul­pa dis­to es­tá na des­amor­ti­za­ción de Go­doy (1798), un lon­go pro­ce­so his­tó­ri­co, eco­nó­mi­co e so­cial que ¿re­ma­tou?, ofi­cial­men­te, en 1924.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.