Car­los Li­xó ga­ñou o Pre­mio a Ar­ti­gos Xor­na­lís­ti­cos en Ga­le­go do Con­ce­llo de Carballo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

O ri­bei­ren­se Car­los Li­xó, in­ves­ti­ga­dor no de­par­ta­men­to de His­to­ria da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Com­pos­te­la (USC), vén de ga­ñar a dé­ci­mo cuar­ta edi­ción do Pre­mio a Ar­ti­gos Xor­na­lís­ti­cos Nor­ma­li­za­do­res Con­ce­llo de Carballo. O ta­mén poe­ta, na­tu­ral de Carreira, con­quis­tou o ga­lar­dón con Al­pa­bar­das ver­des, un tra­ba­llo do que o xu­ra­do des­ta­cou no seu ve­re­dic­to que «co­nec­ta coa ac­tua­li­da­de e coa mo­ci­da­de, exem­pli­fi­can­do o uso do ga­le­go nas no­vas tec­no­lo­xías e nas re­des so­ciais».

O do­cen­te de His­to­ria Me­die­val re­ci­bi­rá un­ha dis­tin­ción que es­tá acom­pa­ña­da dun­ha do­ta­ción eco­nó­mi­ca de 1.250 eu­ros, des­pois de que o seu ar­ti­go se im­pu­xe­ra a ou­tros 53 que ta­mén con­co­rre­ron ao cer­ta­me. Ade­mais, Al­pa­bar­das ver­des se­rá pu­bli­ca­do en no­ve me­dios de co­mu­ni­ca­ción, tan­to de pren­sa es­cri­ta co­mo di­xi­tal, e en­tre eles La Voz de Ga­li­cia.

Os mem­bros do xu­ra­do ta­mén va­lo­ra­ron a «ca­li­da­de na­rra­ti­va e lin­güís­ti­ca» e a «súa ca­pa­ci­da­de de in­ci­den­cia no pú­bli­co», pa­ra si­na­lar que «par­tin­do dun­ha anéc­do­ta do uso dun ter­mo lo­cal con­cre­to, o au­tor con­se­gue fa­cer un­ha re­fle­xión glo­bal so­bre a im­por­tan­cia do uso da lin­gua e da súa di­ver­si­da­de e ri­que­za».

O au­tor

Pre­ci­sa­men­te, es­te mes pu­bli­ca­ra­se o pri­mei­ro poe­ma­rio de Car­los Li­xó, As ca­sas, que ga­ñou o Pre­mio Na­cio­nal Pé­rez Pa­ra­llé. «Pa­ra sal­var o ga­le­go, ao fi­nal te­mos que com­par­tir uns cos ou­tros to­do o que poi­da­mos pa­ra coidar­nos co­mo co­lec­ti­vo», lem­brou o ri­bei­ren­se, sa­tis­fei­to «de que o que eu te­ño pa­ra di­cir se­xa útil pa­ra a nor­ma­li­za­ción e a de­fen­sa do ga­le­go», un­ha prio­ri­da­de pa­ra el.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.