Cul­tu­ra

La co­mar­ca se vol­có con la ce­le­bra­ción del Día das Le­tras, con ac­tos co­mo la ro­me­ría de Boi­ro

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - A. PA­RA­DA

«Es­te ac­to é moi im­por­tan­te pa­ra Boi­ro e pa­ra o Día das Le­tras Ga­le­gas», esas pa­la­bras per­ten­cen a Tu­cha Fe­rro, un­ha das in­te­gran­tes do gru­po Nun­ca é Tar­de, que on­te cum­pri­ron o seu oi­ta­vo ano con­se­cu­ti­vo acu­din­do á Ro­ma­ría das Le­tras no Bar­ban­za, o mes­mo tem­po que as edi­cións rea­li­za­das. Mais o cer­to é que nes­ta oca­sión, a ce­le­bra­ción que or­ga­ni­za a Aso­cia­ción Bar­ban­tia ti­vo lu­gar no par­que da Ca­cha­da e non nos arre­do­res do pa­zo de Goiáns, ac­tual­men­te en obras. Qui­zais non foi tan sim­bó­li­co, pe­ro a afluencia e a ca­li­da­de dos es­pec­tácu­los foi a mes­ma.

Os pri­mei­ros cu­rio­sos que ían che­gan­do lan­zá­ban­se a ob­ser­var as no­vas obras do ar­tis­ta rian­xei­ro Ché Tem­bra, que es­trea­ba un­ha reivin­di­ca­ti­va se­rie de pe­zas de­di­ca­da ás Tre­ce Ro­sas. Ao seu ca­rón, os vi­si­tan­tes non se per­dían un­ha soa lec­ción de Xa­quín Es­pa­ña, que acer­cou a ex­po­si­ción Mar de Boi­ro ata o lu­gar, rea­li­zan­do un per­co­rri­do po­la evo­lu­ción dos úti­les ma­ri­ñei­ros.

«A xen­te es­tá in­tere­sán­do­se moi­to po­la obra de Victoria Moreno, en ho­nor a es­te día, pe­ro ta­mén po­la li­te­ra­tu­ra in­fan­til en ga­le­go», des­ta­cou Cipriano Po­se, den­de o posto da li­bra­ría Ler. Pre­ci­sa­men­te, a xor­na­da aco­lleu as pre­sen­ta­cións das obras Do­ce car­tas a María Victoria Moreno, de Án­xe­la Gra­cián, e Al­ma e o mar, de Chis­co Fernández Na­val. A pri­mei­ra pu­bli­ca­ción trá­ta­se dun­ha in­te­li­xen­te se­rie de epís­to­las coa voz dun per­so­na­xe que lle es­cri­be a súa au­to­ra.

«Al­ma é un per­so­na­xe que so­fre un­ha vio­len­cia for­te, co­mo as que es­ta­mos ven­do ac­tual­men­te. Eu di­go que iso non é aza­ro­so por­que pa­sa sem­pre, só que ago­ra é máis vi­si­ble», adian­tou Fernández Na­val da no­ve­la que co­me­zou a es­cri­bir no 2012 e pre­sen­ta un novo diá­lo­go en­tre gran­des ur­bes, co­mo No­va York ou Los Án­ge­les, fron­te a un pe­queno po­bo ga­le­go, on­de a pro­ta­go­nis­ta si ato­pa axu­da dou­tras mu­lle­res que pa­de­ce­ron ca­sos si­mi­la­res.

Pre­ser­var as tra­di­cións

«Ul­ti­ma­men­te es­ta­se le­van­do o en­cai­xe aos com­ple­men­tos e á moda», des­ta­cou Ma­ri­ví Santos, do co­lec­ti­vo Re­vol­teir@s, ex­per­tas ar­te­sás do mun­do do en­cai­xe de bo­li­ños de dis­tin­tos lu­ga­res de Bar­ban­za, que es­tán en­can­ta­das de amo­sar o seu ar­te a to­do aquel que se in­tere­sa nes­ta ro­ma­ría. «Le­va­mos vin­do den­de o se­gun­do ano e ca­da vez hai máis xen­te e máis postos», anotou Santos ao tem­po que pa­li­lla­ba.

Men­tres as ac­tua­cións de gru­pos de bai­le co­mo Aro­ña, o de Aban­quei­ro ou o da ANPA do co­le­xio de Es­ca­ra­bo­te se su­ce­dían, a xen­te co­me­za­ba a bus­car o seu oco pa­ra go­zar do xan­tar ao ai­re li­bre nos postos de chu­rras­co e pol­bo. Mais men­tres soa­ban as me­lo­días das can­ta­rei­ras de Lu­miei­ra ou Al­ba­ro­que, nu­me­ro­sas fa­mi­lias char­la­ban e co­mían bai­xo a som­bra das ár­bo­res, co­mo o gru­po de Mar­ta Ríos: «Gús­ta­nos es­ta ro­ma­ría por­que po­de­mos con­vi­vir e xun­tar­nos as dis­tin­tas ami­gas que non po­de­mos ver­nos no día a día».

Du­ran­te a xor­na­da for­má­ron­se gran­des ro­das pa­ra go­zar das ac­tua­cións e bai­les dos gru­pos Aro­ña, Aban­quei­ro e o da ANPA de Es­ca­ra­bo­te.

FOTOS: CARMELA QUEIJEIRO

As ar­te­sás de Re­vol­teir@s ani­má­ron­se a bo­tar uns bai­les.

O posto da li­bra­ría Ler foi dos máis fre­cuen­ta­dos.

O par­que foi to­ma­do por nu­me­ro­sas fa­mi­lias e ami­gos no xan­tar.

Chis­co Fernández, Xoán Pas­tor, Ché Tem­bra e Ma­nuel Car­tea.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.