Es­tou «Dei­ta­do fron­te ao mar»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - An­tón Pa­ra­da

Es­tou Dei­ta­do fron­te ao mar, men­tres pen­so na his­to­ria Da te­rra aso­ba­lla­da, por­que xa non se ven tan­tas Fo­llas no­vas es­cri­tas na lin­gua na que se quei­xan os pi­nos. Tam­pou­co se ven aos ne­nos xo­gan­do so­bre O ca­ba­li­ño de bu­xo, nin a aque­les que xa de­ben ser maio­res on­de quei­ra que es­tean, a pe­sa­res de que pro­me­te­ran es­tar Sem­pre en Ga­li­za. Qui­zais por iso Os ve­llos non de­ben de na­mo­rar­se, aín­da que os po­bres te­ñan que es­coi­tar os no­mes de Os mor­tos da­quel ve­rán, pois es­ca­sean os ami­gos pa­ra to­dos. Ou iso pa­re­cía re­flec­tir O tem­po no es­pe­llo.

Pre­mo as te­clas con ca­rra­xe pa­ra ba­lei­rar o Pan­de­mo­nium, pen­san­do no xor­na­lis­ta ri­bei­ren­se que nos rou­ba­ron as mes­mas ba­las que eri­xi­ron a Lon­ga noi­te de pe­dra. Me­nos mal que sem­pre hou­bo quen sou­bo man­ter a re­sis­ten­cia vi­va, aín­da que fo­se te­nue co­mo Á lus do can­dil, xa no pa­sa­do den­de a Ver­ba que co­me­za ou cun re­cen­te Crac que es­ta­lou en Ta­ra­go­ña. Al­gúns bó­tan­lle a cul­pa aos de abai­xo, nun­ca aos que en­toan un Di­vino sai­ne­te, mais to­dos sa­be­mos que nun­ca ca­la­rá O bu­fón d’el rei e que es­te úl­ti­mo acos­tu­ma a sa­ber de máis Dos ar­qui­vos do trasno, ex­cep­to can­do ma­ta­ron O xor­na­lei­ro e se­te tes­te­mu­ñas máis. Sen em­bar­go, ¿que im­por­ta ou­tra Bai­la­de­la de mor­te di­to­sa?

Sem­pre nos que­da­rá A es­mor­ga da­que­les anos en­tre pu­pi­tres, nos que pen­sa­ba­mos que os Can­ta­res ga­lle­gos non ti­ñan vi­sos de des­apa­re­cer. Ata que com­pren­de­mos Os ei­dos que nos ían to­car e apren­de­mos a lec­ción co­mo se fo­sen As ru­las de Ba­ku­nin, pre­pa­rán­do­nos pa­ra o du­ro com­ba­te con Ver­sos de loi­ta. ¡Ai, pe­ro se O ve­llo Sin­bad vol­ve­se ás illas, se lle can­ta­ra a es­tas co­mo lle can­ta­ron ás On­das de mar de Vi­go, sa­be­ría que Da esen­cia da ver­da­de de Hei­de­ger só nos que­da o arre­cen­do de­sa Her­ba d’aquí e d’aco­lá.

Non po­de­mos per­der a fe. Non men­tres non con­si­ga­mos as Cen cha­ves da som­bra coa que abrir a porta san­ta e vol­ver a ver a Quin­ta­na vi­va, que ago­ra só per­ten­ce aos que nos dei­xa­ron Arre­dor de sí. Agar­den por­que vol­ve­rán as ca­bal­ga­das na Bar­ban­za e as Ca­bal­ga­das no Sal­nés. Aín­da que te­ña­mos que pór o es­for­zo De ca­tro a ca­tro ou de oi­to a oi­to. Aín­da que te­ña­mos que pi­sar Es­pi­ñas, fo­llas e fro­res non vol­ve­re­mos a atu­rar nin­gún Ca­te­cis­mo do la­bre­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.