Po­ñer­nos se­rios

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - Ma­nuel Ga­go

Hai un­ha es­pe­cie de com­por­ta­men­to so­cial moi pou­co des­cri­to que eu vi­vo nas mi­ñas car­nes con fre­cuen­cia, e que vou con­tar a par­tir dun ca­so real.

Un día cha­má­ron­me pa­ra un­ha en­tre­vis­ta nun­ha ra­dio e pu­xé­ron­me á es­pe­ra no te­lé­fono men­tres as xor­na­lis­tas re­ma­ta­ban o blo­que an­te­rior. Man­ti­ñan un­ha di­ver­ti­dí­si­ma con­ver­sa so­bre gas­tro­no­mía vi­gue­sa, e can­do a re­ma­ta­ron, a con­du­to­ra anun­ciou a mi­ña en­tre­vis­ta. Es­coi­tei un­ha voz so­lem­ne: «Ago­ra imos po­ñer­nos se­rios por­que imos fa­lar do pa­tri­mo­nio cul­tu­ral».

Se me cae­ra a ri­bei­ren­se Pe­dra da Ra por ri­ba non me sen­ta­ría peor. Así que de­ci­dín cam­biar­lle o pa­so á xor­na­lis­ta e in­cei a con­ver­sa, pa­ra a súa sor­pre­sa, con anéc­do­tas e chis­tes que de­mos­tra­ban que do pa­tri­mo­nio cul­tu­ral po­día­se fa­lar con se­rie­da­de e, ao mes­mo tem­po, con hu­mor. É di­cir, po­dia­mos fa­lar do pa­tri­mo­nio co­mo al­go tan nor­mal nas no­sas vi­das co­mo as re­cei­tas.

De­ca­tei­me de que co pa­tri­mo­nio cul­tu­ral es­tá co­me­zan­do a pa­sar o que xa acon­te­ce, hai moi­to tem­po, coa lin­gua ga­le­ga. Trans­mí­te­se con­ti­nua­men­te un es­ta­do de alar­mis­mo que aca­ba por con­ver­ter as apa­ri­cións en me­dios en laios con­ti­nuos, pe­ro ao mes­mo tem­po os ac­ti­vis­tas do pa­tri­mo­nio sa­ben que o me­llor xei­to de saír nos me­dios é de­nun­cian­do al­gun­ha des­fei­ta.

Se que­re­mos que o in­tere­se do pa­tri­mo­nio non que­de re­du­ci­do a un­ha mi­no­ría, co­mo de al­gún xei­to lle pa­sou á lin­gua, de­be­mos pu­lar por di­ver­si­fi­car as men­sa­xes. To­dos, xor­na­lis­tas e ac­ti­vis­tas. Do con­tra­rio, che­ga­rá un día no que xa non que­da­rá hu­mor do que bo­tar man.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.