Pa­co & Lo­la en­tra en Ga­li­cia Ca­li­da­de

La Voz de Galicia (A Coruña) - de Vinos - - A SORBOS -

O con­se­llei­ro de Economía, Em­pre­go e In­dus­tria, Francisco Con­de, vi­si­tou a coope­ra­ti­va Pa­co & Lo­la, á que fi­xo en­tre­ga do se­lo Ga­li­cia Ca­li­da­de, sa­lien­tan­do que o dis­tin­ti­vo re­for­za o pres­ti­xio da ade­ga ao tem­po que re­co­ñe­ce o bo fa­cer do sec­tor vi­ti­vi­ní­co­la ga­le­go. «Ga­li­cia Ca­li­da­de —ex­pli­cou o con­se­llei­ro— re­pre­sen­ta un­ha for­ma dis­tin­ta e ga­le­ga de fa­cer as cou­sas que ten o seu re­co­ñe­ce­men­to no mer­ca­do, e que, po­lo tan­to, su­pón un­ha opor­tu­ni­da­de pa­ra o no­so te­ci­do pro­du­ti­vo».

O ti­tu­lar de Economía, Em­pre­go e In­dus­tria sa­lien­tou ta­mén «que o com­pro­mi­so de Pa­co & Lo­la coa ca­li­da­de dos seus vi­ños es­tá a im­pul­sar o seu pro­ce­so de in­ter­na­cio­na­li­za­ción».

De fei­to, a em­pre­sa ex­por­ta ho­xe en día o 40 % da súa pro­du­ción e es­tá pre­sen­te en 40 paí­ses, en­tre os que des­ta­can Es­ta­dos Uni­dos, Reino Uni­do ou Ho­lan­da. Con es­ta in­cor­po­ra­ción son xa tre­ce as ade­gas que le­van a mar­ca Ga­li­cia, per­ten­cen­tes ás cin­co de­no­mi­na­ción de Ori­xe de Ga­li­cia, un re­qui­si­to sen o que non é po­si­ble aca­dar es­te cer­ti­fi­ca­do de ca­li­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.