O historiador de Pal­mei­ra

Xo­sé Ál­va­rez Cas­tre­lo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A voz de barbantia - PAS­TOR RO­DRÍ­GUEZ

Li­cen­cia­do en His­to­ria, Xo­sé Ál­va­rez Cas­tre­lo na­ceu en Pal­mei­ra en 1958. No ano 1985 pu­bli­cou un ri­go­ro­so tra­ba­llo de in­ves­ti­ga­ción co tí­tu­lo Sín­te­sis his­tó­ri­ca de Pal­mei­ra, obra di­vi­di­da en tres par­tes: a pri­mei­ra está de­di­ca­da ao sécu­lo XVII, a se­gun­da ao sécu­lo XVIII e a ter­cei­ra á pri­mei­ra me­ta­de do sécu­lo XIX. Nes­te li­bro es­tu­da a so­cie­da­de, a eco­no­mía e a de­mo­gra­fía de Pal­mei­ra, pe­ro ta­mén a vi­da co­tiá e o mun­do es­pi­ri­tual des­ta pa­rro­quia de Ri­bei­ra; en­ga­de, ade­mais, a re­la­ción de ho­mes ao ser­vi­zo da Real Ar­ma­da e a hi­dro­to­po­ni­mia da fre­gue­sía. É au­tor ta­mén dou­tros tra­ba­llos de­di­ca­dos á súa vi­la na­tal, co­mo O azou­te de vi­rue­las de 1876 (2010), O ca­mi­ño de In­sue­la en Pal­mei­ra (2011) ou Pal­mei­ra no 1929 (1984). No 2011 apa­re­ceu ou­tro vo­lu­me mo­nu­men­tal da súa au­to­ría, Na­cer, cre­cer, vi­vir e mo­rrer en Pal­mei­ra (1500-2000), de­di­ca­do ao es­tu­do xe­nea­ló­xi­co das xen­tes da súa vi­la, den­de o Re­na­ce­men­to ata o fi­nal do sécu­lo XX. Ade­mais ten co­la­bo­ra­do en re­vis­tas do Bar­ban­za co­mo O Imo ou A Ca­ra­me­cha, e ta­mén en vo­lu­mes co­lec­ti­vos co­mo Os ve­llos ca­mi­ños do Bar­ban­za (2011).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.