Pai­sa­xes gra­ní­ti­cas

Nas ro­chas da su­per­fi­cie des­en­trá­ñan­se se­gre­dos do in­te­rior da te­rra

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A voz de barbantia - JO­SE LI­RES

Co pa­so dos anos caín na con­ta de que as sen­sa­cións das pri­mei­ras lec­tu­ras per­ma­ne­cían la­ten­tes á es­pe­ra de aflo­rar no mo­men­to opor­tuno. Go­cei moi novo da na­rra­ción da­que­la via­xe arrou­ta­da ao cen­tro da Te­rra, e crin no im­po­sí­bel. Tem­po des­pois, dun xei­to me­nos poé­ti­co, apren­dé­ron­me a des­en­tra­ñar os se­gre­dos do in­te­rior te­rres­tre nas ro­chas da su­per­fi­cie. Se­rá por iso que sin­to es­pe­cial afec­ción po­las pai­sa­xes es­gre­vias es­cul­pi­das en ro­cha núa. Xa que lo­go, non re­sul­ta­ría es­tra­ña a elec­ción dun ma­ci­zo gra­ní­ti­co co­mo esa pai­sa­xe me­re­ce­do­ra dun li­bro no cuestionario de Xe­rar­do AgraFo­xo. Me­nos doa­da ía ser a es­co­lla en­tre os can­di­da­tos: A Cu­ro­ta, mon­te Pin­do, O Con­fur­co... A po­si­bi­li­da­de de per­der­se en­tre os pe­ne­dos de cal­que­ra des­tes te­rri­to­rios é sem­pre un plan atrac­ti­vo pa­ra un xeó­lo­go.

Ma­dru­ga­mos moi­to es­te día pa­ra apro­vei­tar os pri­mei­ros raios de sol que aca­ri­ñan o te­rreo le­ve­men­te. Son as me­llo­res ho­ras pa­ra acer­car­mos ás ro­chas e ob­ser­var os seus com­po­ñen­tes. O es­tu­do mi­nu­cio­so obrí­ga­nos a dei­tar­nos so­bre elas, a pou­sar os ollos a es­ca­sos cen­tí­me­tros da su­per­fi­cie. Po­la mi­ña par­te, acos­tu­ma­do a ler pai­sa­xes en­rai­za­das en ro­chas se­di­men­ta­rias, re­ci- cla­das de ma­te­riais pri­mi­xe­nios e atei­ga­das de vi­da fó­sil, ten­to ago­ra ades­trar a mi­ra­da na pro­cu­ra de no­vos ele­men­tos, pa­tróns e tex­tu­ras (un­ha sor­te de fe­no­ti­po) que da­rán lu­gar a es­ce­nas bas­tan­te di­fe­ren­tes a aque­las.

A mo­le pé­trea que pi­sa­mos for­mou­se hai cen­tos de mi­llóns de anos. O mag­ma, a ro­cha fun­di­da pro­vin­te do lí­mi­te in­fe­rior da co­dia, as­cen­deu ca­ra a un­ha re­xión bai­xo o con­ti­nen­te on­de co­me­zou a arre­friar e so­li­di­fi­car­se. Pos­te­rior­men­te, a ero­sión e os pro­ce­sos tec­tó­ni­cos fo­ron quen de emer­xer o con­xun­to. Ata aquí a his­to­ria re­su­mi­da dun na­ce­men­to co­mún, pe­ro pron­to os ris­cos que es­ta­mos a ver van­nos con­tan­do as par­ti­cu­la­ri­da­des do es­ce­na­rio.

Ade­mais da pre­sen­za de cuar­zo co­mo prin­ci­pal com­po­ñen­te, des­ta­can os fel­des­pa­tos que apa­re­cen co­mo gran­des cris­tais bran­cos, alon­ga­dos, de sec­ción per­fec­ta­men­te xeo­mé­tri­ca e dispostos cun­ha orien­ta­ción pre­fe­ren­te.

Pen­cas amor­fas

As mi­cas, bran­cas e ne­gras, aco­mó­dan­se en agru­pa­cións di­se­mi­na­das alea­to­ria­men­te for­man­do pen­cas amor­fas de es­ca­la cen­ti­mé­tri­ca. Es­tas des­con­ti­nui­da­des na com­po­si­ción, xun­to coas frac­tu­ras que acoi­te­lan o ma­ci­zo, xe­ran zo­nas de de­bi­li­da­de apro­vei­ta­das po­los axen­tes ero­si­vos pa­ra ta­llar as ro­chas. Po­la contra, a área máis resistente aos me­teo­ros re­sul­ta ser un en­xa­me de fi­lóns que des­ta­can co­mo trazos de xiz.

Es­tas veas mi­ne­ra­li­za­das, in­xec­ta­das no gra­ni­to, fo­ron pro­ta­go­nis­tas dun­ha his­to­ria re­cen­te en que «se abriu a te­rra e ofre­ceu a súa ve­ta ne­gra en­tre a bran­cu­ra do sei­xo e que foi un bál­sa­mo pa­ra es­con­xu­rar a mi­se­ria dos arris­ca­dos»; así des­cri­bía o poe­ta Avi­lés de Ta­ra­man­cos os tem­pos do vol­fra­mio, se­gun­do ci­ta Car­men Blan­co na súa obra so­bre as mi­nas de Va­ri­lon­go.

De vol­ta na ca­sa, fál­ta­me tem­po pa­ra acu­dir ao an­del e res­ca­tar o vo­lu­me de Ver­ne. Cer­to é que, na men­te do escritor, o pro­fe­sor Li­den­brock via­xou ao cen­tro da Te­rra. Nós, com­bi­nan­do ima­xi­na­ción con ri­gor cien­tí­fi­co, vi­mos de aus­cul­tar o co­ra­zón dun­ha antiga cor­di­llei­ra xur­di­da da co­li­sión de mun­dos per­di­dos. Me­nos dá un­ha pe­dra?

Veas de cuar­zo nun ma­ci­zo gra­ní­ti­co for­ma­do hai cen­tos de mi­llóns de anos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.