Os ma­pas per­di­dos de Ariei­ra

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A voz de barbantia - Oli­vei­ra Ca­sal

Per­ten­ce á es­tir­pe de Juan Be­net, de Sal­va­dor Pá­ni­ker, de Mu­sil: a dos en­xe­ñei­ros me­ti­dos a de­miur­gos li­te­ra­rios. Em­pe­zo dán­do­lle a im­por­tan­cia que el se res­ta a ga­dou­pa­das de iro­nía mar­xis­ta (a dos ir­máns). O úni­co que me pe­diu can­do lle di­xen que ía es­cri­bir so­bre a súa no­ve­lís­ti­ca foi «in­cle­men­cia». Así que, re­co­me­zo: se nun des­coi­do aban­do­na­se por un in­tre o des­cre­men­to máis vi­ru­len­to e in­mi­se­ri­cor­de, gus­ta­ría En­ri­que Villanueva López de pa­sar o te­dio­so pe­rio­do va­ca­cio­nal da eter­ni­da­de no mes­mo pa­raí­so no que ha­bi­ta­se o ta­len­to pre­ma­tu­ra­men­te in­far­ta­do de Bo­ris Vian. Am­bos com­par­ten o pun­to de fu­ga que sos­tén un­ha mes­ma pers­pec­ti­va do mun­do e da crea­ción.

En­ri­que veu vi­vir a Rian­xo hai oi­to anos, pou­co des­pois de tro­car a tec­no­lo­xía em­pre­sa­rial po­la do­cen­cia. Desde a me­sa na que es­cri­be nun pi­so de Rin­lo con vis­tas á ría, par­ti­ci­pa das pos­tas de sol tra­la se­rra do Bar­ban­za que des­cri­bía Don Ra­fael en His­to­rias e in­ven­cio­nes de Fé­lix Muriel. Non é a úni­ca fe­liz coin­ci­den­cia. Na­da é aza­ro­so, o asen­ta­men­to es­pa­cial dun escritor in­con­tro­ver­ti­ble non o é en ab­so­lu­to. Es­co­lleu Rian­xo en­tre to­dos os lu­ga­res po­si­bles, e aquí re­dac­tou dúas das súas tres pri­mei­ras no­ve­las: Ao ou­tro la­do do ho­ri­zon­te, Os ma­pas per­di­dos de Ariei­ra e Men­ti­ra pri­ma. Á vol­ta do outono con­ta «ter de­fi­ni­ti­va­men­te inaca­ba­da» a cuar­ta.

A se­gun­da é a mi­ña fa­vo­ri­ta. Vén pream­bu­la­da por un «ta­bo­lei­ro de di­rec­ción non cor­ta­za­riano» e in­tro­du­ci­da por un ci­ta do Trac­ta­tus lo­gi­co-phi­lo­sop­hi­cus de Witt­gens­tein: «O su­xei­to non per­ten­ce ao mun­do se­nón que é un lí­mi­te do mun­do». O li­bro com­plé­ta­se con Apun­ta­men­tos de her­me­néu­ti­ca de Da­vid Cos­tas, o pro­ta­go­nis­ta. Que­ro vi­vir pa­ra ler a elo­xio­sa crí­ti­ca de Vi­la-Ma­tas, a de Ri­car­do Me­nén­dez Sal­món!

Es­que­zo un­ha acla­ra­ción tal­vez im­por­tan­te: En­ri­que non ti­vo ata ago­ra o máis mí­ni­mo in­tere­se en ver pu­bli­ca­da a súa obra. A cla­ri­vi­den­cia do Ilu­mi­na­do, o per­so­na­xe que so­ñou cin­cuen­ta anos nun­ha soa noi­te con pre­ci­sión e cer­ti­du­me ab­so­lu­tas, axu­da­rá a en­ten­der es­ta de­ci­sión. Máis adian­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.