Idio­tas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A voz de barbantia - XABIER L. MAR­QUÉS

Nin so­des Bas­quiat, nin Banksy, nin Du­buf­fet, nin os gra­fi­tei­ros de Pom­peia, nin se­que­ra her­dei­ros de Pe­pi­to Mei­jón quen, alá po­los anos 60, de­di­cá­ba­se a ga­ra­ba­tar to­das as ro­chas en­tre Por­to­ce­lo e Mo­gor, imi­tan­do a sin­gu­la­rie­da­de dos pe­tró­gli­fos prehis­tó­ri­cos. Non! E eu ató­po­me coa di­fi­cul­ta­de de achar un cua­li­fi­ca­ti­vo que vos de­fi­na po­si­ti­va­men­te co fin de com­pren­der­vos. E vén­me á men­te «idio­tas», idio­ta co­mo con­cep­to que evo­luíu de per­soa nor­mal e co­rren­te a «per­soa sen edu­ca­ción ou ig­no­ran­te». Ob­vio, á man­ten­ta, o con­cep­to que em­pre­gan os mé­di­cos: «re­tra­so men­tal profundo», por­que co­ñe­zo per­soas con idio­cia dun­ha bon­da­de in­des­crip­tí­bel. Mais uns idio­tas co­ma vós non o en­ten­de­ria­des (que ben sen­ta vos ter asig­na­do un no­me...). Idio­tas! Pro­fun­dos ig­no­ran­tes! O po­zo da ig­no­ran­cia non ten me­di­da. Un­ha caí­da nel é in­ter­mi­ná­bel... E, que é o que re­sul­ta tan no­xen­to da vo­sa ex­cre­cen­cia grá­fi­ca? A ca­rra­xe po­los ne­gros? A con­si­de­ra­ción de que un ser mor­to de fame é des­pre­ciá­bel? Ha­be­rá que vos ex­pli­car o que cal­que­ra per­soa con sen­ti­di­ño nin dis­cu­te? Pa­ra que! Vós se­gui­de a crer to­do o que quei­ra­des. Tan­to ten! O que real­men­te dá no­xo é a au­sen­cia to­tal de con­cien­cia da vo­sa pro­pia con­di­ción. E iso, cré­de­me, re­sul­ta ate­rre­ce­dor por­que vos con­ver­te en ani­mais que, na súa vi­da, só se mo­ve­rán na pro­cu­ra da co­mi­da can­do es­tean «mortos de fame». A di­fe­ren­za cos «ne­gros», os que vós in­sul­ta­des, é que eles non son ani­mais. Vós, si. Ve­laí a vo­sa traxedia! E a no­sa!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.