Her­mi­nia Pou­so fa­la da esen­cia das ce­le­bra­cións

«Sa­be­mos que es­ta ci­ta non se­ría po­si­ble sen o po­bo»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada - P. BRETAL

Aín­da que Her­mi­nia Pou­so le­va pou­co tem­po ao car­go da con­ce­lle­ría de Cul­tu­ra, a edi­la co­me­zou a tra­ba­llar con so­bra­da an­te­la­ción e to­mou­se co­mo un re­to par­ti­ci­par na ela­bo­ra­ción dun pro­gra­ma que in­te­gra­se as pre­fe­ren­cias de to­dos os ve­ci­ños, sen dis­tin­ción de ida­de ou de gus­tos.

—Na súa opi­nión, ¿ca­les son as cla­ves das fes­tas do ve­rán e o que as ca­rac­te­ri­za?

—O fun­da­men­tal é ter eses días de ce­le­bra­ción on­de ten­ta­mos man­ter vi­vas as tra­di­cións do po­bo. Son uns días nos que que­re­mos que a xen­te go­ce, que fa­mi­lia e ami­gos se poi­dan sen­tar xun­tos en torno a un­ha me­sa e a un­has pro­gra­ma­cións fes­ti­vas pa­ra eles. En re­su­mo, es­tas fes­tas bus­can a unión.

—¿Que é o que di­fe­ren­za a es­tas fes­tas dou­tras ci­tas?

—O prin­ci­pal ele­men­to que as ca­rac­te­ri­zan son as ac­tua­cións es­te­la­res. Os con­cer­tos de Mä­go de Oz, Mer­che, Trei­xa­du­ra e o tri­bu­to de Se­te Vi­das a An­to­nio Flo­res con­for­man un abano mu­si­cal di­ver­so co que que­re­mos che­gar a to­do o mun­do e que a so­cie­da­de se im­pli­que.

—¿Que fac­to­res ti­ve­ron en con­ta á ho­ra do deseño da or­ga­ni­za­ción do pro­gra­ma?

—Can­do co­me­za­mos a for­ma­li­zar con­tra­tos de ac­tua­cións xa ti­ña­mos moi cla­ro que que­ría­mos ter es­pec­tácu­los de en­ver­ga­du­ra pa­ra to­dos os pú­bli­cos. E se xa ha­bía xen­te que se ache­ga­ba nes­tas da­tas a Ri­bei­ra, pre­ten­de­mos que ago­ra se con­ver- ta e con­cen­tre nun pun­to de in­tere­se. Por ou­tra ban­da, a pro­gra­ma­ción é com­ple­ta por­que hai ac­ti­vi­da­des pa­ra ne­nos na pra­za do Con­ce­llo e no au­di­to­rio mu­ni­ci­pal. Ta­mén se pro­gra­man ci­tas de­por­ti­vos, co­mo o tor­neo de pádel en Co­ro­so, o de xa­drez no Círcu­lo In­dus­trial Mer­can­til ou o campionato de te­nis en A Fiei­tei­ra.

—Ou­tro dos pra­tos for­tes son os ac­tos re­li­xio­sos que acom­pa­ñan as ce­le­bra­cións, ¿que des­ta­ca­ría de­las?

—Es­pe­ra­mos que a pro­ce­sión do Car­me vol­va a ser un re­fe­ren­te e a con­tar coa al­ta pre­sen­za e par­ti­ci­pa­ción do sec­tor do mar pa­ra ho­me­na­xear á súa pa­troa. É un­ha hon­ra pa­ra nós es­tar co­la­bo­ran­do con eles. Ade­mais, es­te ano a pro­ce­sión es­ta­rá acom­pa­ña­da dun gru­po de gai­tas po­ten­te, Os Cas­tros de Ames, e po­la ban­da de mú­si­ca de Ne­grei­ra. Ne­se sen­ti­do, es­ta­mos moi agra­de­ci­dos ao pá­rro­co Ce­sá­reo Ca­na­val po­la súa boa dis­po­si­ción na or­ga­ni­za­ción.

—Pe­ro, ta­mén apos­ta­ron por agru­pa­cións lo­cais.

—Por su­pos­to. Te­re­mos á or­ques­tra Pla­ti­num —o mér­co­res no par­que Gar­cía Ba­yón— e a Tahú­me, un re­fe­ren­te de 25 anos. Pa­ra nós é un or­gu­llo con­tar con gru­pos lo­cais e axu­dar a que se asen­ten ou que se fa­gan aín­da máis co­ñe­ci­dos.

—¿Por que se de­can­ta­ron por Ri­car­do de Ba­rrei­ro co­mo pre­goei­ro des­ta edi­ción?

—Que­ría­mos al­guén co­ñe­ci­do que ti­ve­se sim­pa­tía e sen­ti­do do hu­mor, pe­ro que ade­mais fo­se un re­fe­ren­te pró­xi­mo na zo­na, co­mo é es­te hu­mo­ris­ta. Her­mi­nia Pou­so ex­pli­cou que a or­ga­ni­za­ción das fes­tas é un­ha ta­re­fa na que non só par­ti­ci­pa o Con­ce­llo, se­nón que é vi­tal a im­pli­ca­ción do pro­pio po­bo.

—¿Co­mo va­lo­ran a par­ti­ci­pa­ción dos ri­bei­ren­ses na rea­li­za­ción das fes­tas?

—Den­de o Con­ce­llo de Ri­bei­ra non po­de­mos quei­xar­nos en nin­gún mo­men­to da vi­tal im­pli­ca­ción do te­ci­do aso­cia­ti­vo da vi­la. Son tan­tas as aso­cia­cións e co­lec­ti­vos de di­ver­sos ti­pos que non po­de­ría men­cio­na­las a to­das.

—¿E o pa­pel dos mem­bros da co­mi­sión de fes­tas?

—Ta­mén es­ta­mos moi agra­de­ci­dos á co­mi­sión de fes­tas por to­do o tra­ba­llo que fan, qui­tán­do­lle tem­po ao seu tem­po li­bre pa­ra que es­tea­mos á al­tu­ra da ce­le­bra­ción des­te ti­po de acon­te­ce­men­tos. Sa­be­mos que es­ta ci­ta non se­ría po­si­ble sen o po­bo.

—¿Co­mo vi­ve es­tas da­tas? ¿Que­da tem­po pa­ra bai­lar?

—Na me­di­da do po­si­ble, aín­da que te­ña que es­tar aten­ta a que to­do saia o me­llor po­si­ble, sem­pre bus­co ese es­pa­zo de tem­po pa­ra es­tar coa fa­mi­lia e, ao mes­mo tem­po, go­zar das fes­tas.

FO­TO C. QUEIJEIRO

Pou­so des­ta­ca o po­ten­cial das ac­tua­cións mu­si­cais.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.