Cro­nis­ta de Por­to do Son

Ma­nuel Ma­ri­ño del Río

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A Voz De Barbantia - PAS­TOR RO­DRÍ­GUEZ

Pou­co de Por­to do Son lle fi­cou alleo a Ma­nuel Ma­ri­ño del Río, na­do ne­sa vi­la en 1955. Así, so­bre a cul­tu­ra ma­rí­ti­ma: A in­dus­tria de­ri­va­da da pes­ca no con­ce­llo de Por­to do Son (1996), so­bre os asen­ta­men­tos con­ser­vei­ros no mu­ni­ci­pio do s. XVIII ata co­me­zos do XX; A car­pin­te­ría de ri­bei­ra en Por­to do Son (1994), na que a tra­vés do tra­ba­llo co­tián dun car­pin­tei­ro de ri­bei­ra ex­pli­ca a cons­tru­ción dos bar­cos de pes­ca, a fe­rra­men­ta dun es­ta­lei­ro e a fas­quía dos bar­cos; com­ple­men­ta es­te ei­do con ar­ti­gos co­mo Cons­truc­to­res de bar­cos des­de ha­ce cien años (1991), El Ma­ría Te­re­sa y el ori­gen de la re­la­ción co­mer­cial en­tre O Son y Vi­go (1991) ou La vi­lla de Por­to do Son fue pio­ne­ra en la in­dus­tria de ela­bo­ra­ción de ro­pa de aguas (1991), en La Voz de Ga­li­cia; sen es­que­cer O ba­lan­dro Ma­ría Te­re­sa e Por­to do Son no sécu­lo XX (2006), e Re­co­llei­ta de ar­ga­zo nas rías ga­le­gas (2012). Nou­tros tra­ba­llos abor­da a ri­que­za et­no­grá­fi­ca da súa vi­la: Lem­bran­zas do An­troi­do en Por­to do Son (1992, con Jo­sé Ma­nuel Ma­ri­ño Ventoso, Usos, tra­di­cións e cos­tu­mes de Por­to do Son (1994), Os cru­cei­ros de Por­to do Son (2005), e Lem­bran­zas de Por­to do Son (2006). Pu­bli­cou so­bre ar­te re­li­xio­sa e con­fra­rías: A ca­pe­la da Ata­laia (2006), Ex­vo­tos ma­ri­ñei­ros nos tem­plos de Por­to do Son (2010), etc. Ou­tros te­mas: Sim­bo­lo­xía dos ele­men­tos or­na­men­tais dos hó­rreos da pe­nín­su­la do Bar­ban­za (2010) e As fon­tes na bis­ba­rra do Bar­ban­za (2013), nos anua­rios Bar­ban­tia; so­bre ar­te ru­pes­tre so­nen­se e his­to­ria con­tem­po­rá­nea de Por­to do Son. Un­ha am­pla bi­blio­gra­fía ao ser­vi­zo da cul­tu­ra do Bar­ban­za.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.