Un­ha bio­gra­fía me­mo­ra­ble

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A Voz De Barbantia - AN­TÓN RIVEIRO COELLO

En Rianxo, ber­ce de es­cri­to­res, hai li­te­ra­tu­ra pa­ra to­do un país. Ti­vo, pois, sor­te cos seus au­to­res. Mais ta­mén os au­to­res rian­xei­ros, qué sor­te ti­ve­ron con in­te­lec­tuais co­mo Axei­tos, que se ocu­pan de­les cun ri­gor apai­xo­na­do e os fai moi­to máis gran­des.

Lo­go dun in­men­so tra­ba­llo de anos coa edi­ción da poe­sía, da pro­sa e do epis­to­la­rio, Axei­tos pe­cha ago­ra un mag­ní­fi­co círcu­lo so­bre Ma­nuel An­to­nio, un au­tor que op­tou po­la vía máis anova­do­ra e ex­pe­ri­men­tal, pa­ra che­gar a un lec­tor in­te­lec­tual, afas­ta­do da es­té­ti­ca do­mi­nan­te.

Moi­tos son os mé­ri­tos des­te li­bro, es­plén­di­do, que un le con pra­cer, non só por­que nos fa­le dun re­fe­ren­te da no­sa li­te­ra­tu­ra, se­nón po­lo ma­ne­xo tan or­de­na­do e me­di­do da do­cu­men­ta­ción. A es­co­lla fai des­ta bio­gra­fía un tex­to que non per­de a von­ta­de de che­ga­da a un pú­bli­co am­plo.

Con de­li­ca­de­za e ri­gor, sen caer na ha­xio­gra­fía, Axei­tos lé­va­nos da man po­la vi­da de Ma­nuel An­to­nio e te­mos ac­ce­so mes­mo á súa in­ti­mi­da­de fa­mi­liar ou a te­mas co­mo a en­fer­mi­da­de, os dia­rios das ma­reas de na­ve­ga­ción, ou as po­lé­mi­cas ideo­ló­xi­cas e es­té­ti­cas con Cas­te­lao ou co gru­po ga­le­guis­ta ou­ren­sán. Un li­bro me­mo­ra­ble, que re­co­lle a vi­da dun dos es­cri­to­res máis ori­xi­nais da no­sa li­te­ra­tu­ra. Pa­ra­béns.

Bio­gra­fía «Ma­nuel An­to­nio. Un­ha vi­da en re­bel­día» Xo­sé LuÍs Axei­tos E. Xe­rais (2017) 304 pá­xi­nas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.