Ma­nuel Ro­me­ro Cas­tro. Pin­tor

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A Voz De Barbantia - EME CARTEA

Noiés de na­ce­men­to e de co­ra­zón den­de 1943, a vi­da des­te ex­tra­or­di­na­rio pin­tor, abraian­te de tra­zos e de sa­bor dic­ken­sia­nos, se­ría dig­na de ser no­ve­la­da. A súa or­fan­da­de de­ma­sia­do tem­pe­rá em­pú­rrao a so­bre­vi­vir en­tre hos­ti­li­da­des agres­tes e re­bel­días ado­les­cen­tes ata que, con 21 anos, emi­gra a Lon­dres. Ca­ma­rei­ro, pai de dous fi­llos, ma­na­ger lo­go, e dono do seu res­tau­ran­te des­pois: o triun­fo da per­se­ve­ran­za. Pe­ro a hos­ta­le­ría non lle abon­da­ba: na­ce­ra pin­tor.

Con 40 anos ini­cia es­tu­dos noc­tur­nos de ar­te. Mais a pai­xón era irre­frea­ble e hou­bo que de­ci­dir: tra­ba­llo e se­gu­ri­da­de ou pin­tu­ra e ver­ti­xe. A so­lu­ción xa a sa­be­mos: en­tre 1983 e 1989, Ba­cha­re­la­to, li­cen­cia­tu­ra e dou­to­ra­men­to (no Ro­yal Co­lle­ge of Arts, em­ble­má­ti­ca ins­ti­tu­ción bri­tá­ni­ca), e con ma­trí­cu­la de ho­nor en to­do. E co­mo co­ro­la­rio, fun­da a pri­mei­ra ga­le­ría es­pa­ño­la de ar­te en Lon­dres (The Bla­son Ga­llery), é pro­fe­sor uni­ver­si­ta­rio, co­mi­sa­rio de ar­te, di­rec­tor ar­tís­ti­co da Bru­ton Street Ga­llery, me­da­lla de ou­ro das em­bai­xa­das his­pano-par­lan­tes en Lon­dres, en­tre ou­tros moi­tos ho­no­res.

Co­mo ar­tis­ta de­fí­ne­se po­la iti­ne­ran­cia es­ti­lís­ti­ca en ci­clos duns cin­co anos. O seu non é que­dar­se dur­mi­do en lau­réo­las nin na au­to-com­pra­cen­cia, pro­pio de ar­tis­tas to­ca­dos de au­ra e xe­nia­li­da­de. Ma­nuel Ro­me­ro fai pin­tu­ra de ho­xe, mo­der­na, ori­xi­nal, au­to­su­fi­cien­te e de gran­des es­pa­zos so­no­ros on­de a con­tem­pla­ción e o so­ño se fan de­mo­ra vital e por­fia­da.

Que­dá­mo­nos pre­fe­ren­te­men­te coa súa ten­den­cia á abs­trac­ción e, den­tro des­ta, coa lí­ri­ca, in­da que ta­mén ofre­za exem­plos xeo­me­tri­zan­tes —nos que har­mo­ni­za for­mas sim­ples e com­po­si­cións sub­xec­ti­vas en es­pa­zos de irrea­li­da­de—. Che­ga ao li­ris­mo a por de esen­cia­li­zar nas for­mas pic­tó­ri­cas, den­de a su­per­fi­cie ás ca­pas ocul­tas da reali­da­de, on­de a ma­xia e a poe­sía se fun­den en vi­sións ga­so­sas de tu­le e me­du­sa, su­tu­ra­das de lí­qui­dos soft ed­ges. Li­bre au­to­ma­tis­mo su­rrea­lis­ta trans­fi­gu­ra­do en pu­ra li­tur­xia xes­tual: «The ar­tist is the hand that plays... to cau­se vi­bra­tions in the soul» (Kan­dinsky).

A súa abs­trac­ción arrin­ca das at­mos­fe­ras ne­bu­lo­sas de Wi­lliam Tur­ner e be­be nas ex­pe­rien­cias fau­bis­tas e ex­pre­sio­nis­tas que exal­tan a for­za da cor, ese poder que nos to­ca se­do­so na al­ma. A ar­te en Ma­nuel Ro­me­ro é as­pi­ra­ción sen­ti­men­tal e emo­ción es­pon­tá­nea. Non hai mi­me­se nin re­pre­sen­ta­ti­vi­da­de da reali­da­de, e tam­pou­co ico­nis­mo e sim­bo­lis­mo: só crea­ción e exal­ta­ción da cor e da luz, que son for­ma e te­ma en si no es­pa­zo irreal e fluí­do do len­zo. Or­feo en ac­ción, im­pro­vi­san­do no­vas par­ti­tu­ras de son e li­ris­mo uní­so­nos.

Ma­nuel Ro­me­ro pri­ma os va­lo­res plás­ti­cos e in­te­lec­tuais da pin­tu­ra. Pe­ro a ori­xe da súa vo­ca­ción re­si­de na ur­xen­cia inadia­ble in­te­rior que, co­mo ar­tis­ta se­ro­dio, sem­pre sen­tiu; va­lor se­mi­nal á ho­ra de ar­mar un dis­cur­so e mais un es­ti­lo de seu: os da luz co­mo cor e li­ris­mo pre­ña­dos de ma­xia e sen­sua­li­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.