Sem­pre en obras

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A Voz De Barbantia - UXÍA CA­SAL

Hai pou­co re­ci­bín efu­si­vas mos­tras de afec­to dun­ha per­soa, al­go que non de­be­ría sor­pren­der e, de fei­to, non foi sor­pre­sa o que sen­tín, pe­ro si abraio can­do ollei pa­ra atrás e cons­ta­tei as va­ria­das fa­ses que atra­ve­sou a no­sa re­la­ción ao lon­go dos anos. Sos­pei­to que non son a úni­ca á que lle oco­rre de­ter­se a pen­sar nun mo­men­to da­do co­mo vai cam­bian­do a vi­da a me­di­da que pa­sa­mos po­lo tem­po, que por moi­to que coide­mos re­ma­ta­da un­ha an­guei­ra, tra­bu­cá­mo­nos por completo, pois as an­guei­ras trans­fór­man­se, pe­ro non re­ma­tan nun­ca.

So­mos se­res vi­vos, hu­ma­nos que ac­tua­mos dun xei­to de­ter­mi­na­do nun­ha eta­pa con­cre­ta, mais iso non im­pli­ca que nos man­te­ña­mos es­tá­ti­cos.

Nun­ca dei­xa­mos de cons­truír­nos, mo­vé­mo­nos sen ce­sar, mu­da­mos de ideas, de lu­ga­res, de ac­ti­tu­des, de ami­za­des...; mu­da­mos de vi­da ca­se sen de­ca­tar­nos, ás ve­ces mes­mo pen­so que mu­da­mos de al­ma.

So­mos co­ma un­ha ca­sa que sem­pre es­tá en obras, por­que sem­pre hai al­go que cóm­pre en­ga­dir ou re­ti­rar, mo­di­fi­ca­cións ne­ce­sa­rias pa­ra man­tér­mo­nos en pé e se­guir­mos adian­te me­llor equi­pa­dos pa­ra en­ca­rar as no­vi­da­des que se nos cru­cen no ca­mi­ño. Su­po­ño que ni­so con­sis­te cre­cer, e quen se afe­rre ao xa vi­vi­do e se ne­gue a avan­zar po­de ter a cer­te­za de que xa es­tá mor­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.