Ac­ti­vis­ta cul­tu­ral e afec­cio­na­da a via­xar

Li­cen­cia­da en Be­las Ar­tes en Pon­te­ve­dra, nes­ta ar­tis­ta ha­bi­ta un es­pí­ri­to in­que­do que lle per­mi­te es­tar nun pro­ce­so cons­tan­te de reac­ti­va­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada -

Abre os ollos e mí­ra­se im­buí­da po­la ma­xia dun lu­gar que lle sub­trae os sen­ti­dos. Son os anos oi­ten­ta do pa­sa­do sécu­lo, e Lo­la Re­guei­ra, a ra­pa­za do Ei­tón, co­me­za a res­pi­rar a vi­da aí, ne­se lu­gar, apo­dé­ra­se dos so­ños e das lu­ces que o abren­te lle trae ca­ra ao seu in­te­rior, e ne­sa in­fan­cia, en­de­xa­mais esa dis­tan­cia das pe­dras en­can­ta­das foi moi­ta.

Es­tu­da no Co­le­xio Pú­bli­co de Pal­mei­ra e des­pois fai o Ba­cha­re­la­to no IES de Co­ro­so (Ri­bei­ra), pa­ra re­ca­lar en Boi­ro e fa­cer­se co seu ob­xec­ti­vo: o Ba­cha­re­la­to de Ar­tes, que cur­sa no IES Praia Ba­rra­ña. Lo­go vi­ría o ca­mi­ño que a le­vou a li­cen­ciar­se en Be­las Ar­tes na es­pe­cia­li­da­de de Mul­ti­me­dia e Máster en di­rec­ción de Ar­te Pu­bli­ci­ta­ria na fa­cul­ta­de de Pon­te­ve­dra.

En Lo­la Re­guei­ra hai moi­to de ac­ti­vis­ta cul­tu­ral. Ne­la ha­bi­ta un es­pí­ri­to in­que­do que nun­ca se de­tén, e que vai ao seu pa­so fa­cen­do des­apa­re­cer as por­tas dian­te dos seus ollos, o que lle per­mi­te es­tar nun pro­ce­so cons­tan­te de reac­ti­va­ción. Así, no 2011 crea un blog im­por­tan­te no pa­no­ra­ma cul­tu­ral do Bar­ban­za: Ar­te Bar­ban­za, in­da ac­ti­vo na ac­tua­li­da­de. Ou­tra das ini­cia­ti­vas é o pro­xec­to que le­va a ca­bo xun­to con Ma­ría Ma­gán e Pas­cual Vidal, Ar­tists Ups­tairs, que se inau­gu­ra no Cen­tro So­cial de Boi­ro.

Ex­po­si­cións

Non po­dia­mos pa­sar por al­to al­gun­has das súas ex­po­si­cións —e es­tas que enume­ro son só uns apun­ta­men­tos—, que se inau­gu­ran en di­fe­ren­tes mo­men­tos: no 2013, Bai­xo o mes­mo ceo, na ga­le­ría O Faia­do; no 2014, So­bre a pai­sa­xe

con­tem­po­rá­nea, co­lec­ti­vo La Sa­li­ta, Gi­jón; no 2015, Uno x uno, ex­po­si­ción co­lec­ti­va na ga­le­ría Sar­ga­de­los de Boi­ro; no 2016, Cans e

jha­tos, na ga­le­ría O Faia­do, Ri­bei­ra; e dúas ex­po­si­cións máis fo­ron as co­lec­ti­vas de Bar­ban­tiaR­te, en 2015 e 2016, no Mu­seo do Gra­va­do de Ar­tes.

A ou­tra fa­ce­ta de Lo­la Re­guei­ra é a de via­xei­ra, afec­cio­na­da a per­co­rrer e ad­mi­rar a no­sa te­rra, a res­pi­ra­la. E sen­te de­vo­ción por Por­tu­gal, e ul­ti­ma­men­te vi­si­tou as illas do ar­qui­pé­la­go das Azo­res: e alí lle se­guen os ollos abraia­dos, re­co­llen­do so­ños e olla­das pa­ra a súa ar­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.