«Non con­ci­bo a vi­da sen ar­te, nin a ar­te co­mo te­rri­to­rio illa­do da vi­da»

De­sen­vol­veu un tra­ba­llo so­bre as vi­ven­das ao pé da es­tra­da N-550

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - EN­CAR­NA PEGO

Nes­te frío se­rán, con pa­la­bras de compromiso e de de­nun­cia, bus­co re­fu­xio na ar­te a ca­rón de Lucía Ro­ma­ní, quen sen­te a ar­te co­mo un­ha ca­pa­ci­da­de do ser hu­mano que con­vi­da á ac­ción. A hu­ma­ni­da­de ten na ar­te un­ha fe­rra­men­ta pa­ra me­llo­rar o mun­do, fa­ce­lo máis ha­bi­ta­ble, e non só fer­mo­so.

—Que é pa­ra ti a ar­te?

—A ar­te é in­trín­se­ca á pro­pia vi­da. Non con­ci­bo vi­da sen ar­te, nin a ar­te co­mo te­rri­to­rio illa­do da vi­da. A mi­ra­da coa que ob­ser­vo o meu arre­dor, as re­la­cións que es­ta­ble­zo en­tre os di­ver­sos cam­pos de pro­ble­mas, as vi­ven­cias que con­for­man o meu ser… ma­ni­fés­tan­se nun pen­sar coas mans, nun sen­tir es­té­ti­co, pe­ro ta­mén po­lí­ti­co e so­cial. A ar­te é un­ha for­ma de es­tar no mun­do. Un es­tar pre­sen­te; e é máis, co­mo me­ca­nis­mo de trans­for­ma­ción so­cial a ar­te non só é útil se­nón ne­ce­sa­ria.

—Fa­las da ar­te sus­ten­ta­ble, ex­plí­ca­te.

—Na in­ves­ti­ga­ción pa­ra a te­se de dou­to­ra­men­to en­trei en con­tac­to coa ar­qui­tec­tu­ra, o pai­sa­xis­mo e o ur­ba­nis­mo; gru­pos que es­tu­da­ban o fe­nó­meno ur­bano en xe­ral den­de un­ha cons­tru­ción máis so­cial e sos­ti­ble do há­bi­tat, par­tin­do dun­ha ló­xi­ca de­cre­cen­tis­ta fron­te o ca­pi­ta­lis­mo. Per­soas com­pro­me­ti­das e cun­ha vi­sión ho­lís­ti­ca que par­tían de pro­ce­sos par­ti­ci­pa­ti­vos co­mo ba­se das súas ac­cións.

Co­ñe­cín co­lec­ti­vos co­mo Ba­su­ra­ma e La­bo­ra­to­rio Ur­bano de Ma­drid, ou ga­le­gos co­mo Er­gos­fe­ra, Há­bi­tat So­cial e Ar­qué­ti­pos. Con es­te úl­ti­mo par­ti­ci­pei nun pro­xec­to so­bre a es­tra­da N-550. In­ves­ti­ga­mos so­bre as vi­ven­das illa­das, si­tua­das ao pé de es­tra­da. Tras­la­dei o con­cep­to de ca­sa ao de es­cul­tu­ra, con­ver­ten­do esas vi­ven­das en «es­cul­tu­ras pú­bli­cas» que fi­xan uns mo­dos de vi­da que es­ta­ble­cen víncu­los en­tre as for­mas de pen­sar, de ver o mun­do e de pro­xec­ta­lo. Así, pe­zas «ao na­tu­ral» (ca­sa con la­dri­llo á vis­ta), «ca­sa sil­va/eco­sis­te­ma no seu clí­max» (ca­sa cu­ber­ta de ve­xe­ta­ción), en­tre ou­tras fo­to­gra­fías, fa­lan da di­ver­si­da­de de fór­mu­las da cul­tu­ra do­més­ti­ca ga­le­ga máis alá do feís­mo.

To­das es­tas cues­tións aché­gan­nos a un­ha re­vi­sión da ar­qui­tec­tu­ra. Po­rén, ta­mén den­de a ar­te é ne­ce­sa­rio un cues­tio­na­men­to crí­ti­co. Nun­ha das úl­ti­mas ex­po­si­cións nas que par­ti­ci­pei, Nes­te uni­ver­so: un

ru­mor si­mul­tâ­neo, en Vi­la do Con­de, pre­sen­tei un­has ca­sas de ma­dei­ra que ti­ñan unas pa­tas lon­gas, inac­ce­si­bles. Que­ría fa­lar da im­po­si­bi­li­da­de da vi­ven­da, da pre­ca­rie­da­de ac­tual, pe­ro, ao mes­mo tem­po, da po­si­bi­li­da­de do xo­go, co­mo xo­gan con nós den­de o po­der.

Pen­so que a ar­te, co­mo prác­ti­ca com­por­ta­men­tal trans­gre­so­ra, de­be des­pre­gar no­vas pau­tas de re­la­ción coa co­mu­ni­da­de, e po­de e de­be com­pro­me­ter­se so­cial­men- te, ser sos­ti­ble; pe­ro de­pen­de dos ar­tis­tas e do sis­te­ma, dun fa­cer in­tere­sa­do ou dun fa­cer co­mún, máis alá do in­di­vi­duo e o ego.

—En que dis­ci­pli­na te ato­pas máis có­mo­da, e por que?

—A pin­tu­ra sem­pre es­ti­vo pre­sen­te, pe­ro nos úl­ti­mos anos tra­ba­llei ta­mén coa es­cul­tu­ra ou o de­bu­xo. O pa­sa­do ve­rán reali­cei un tra­ba­llo de ilus­tra­ción cien­tí­fi­ca so­bre a fau­na e flo­ra do Cas­te­lo de Sou­to­maior pa­ra a Depu­tación de Pon­te­ve­dra. Eran de­bu­xos rea­lis­tas, que lo­go fo­ron tra­ta­dos de xei­to di­xi­tal pa­ra a súa co­mer­cia­li­za­ción. Non é que vaia des­apa­re­cer a pin­tu­ra, pe­ro as im­pre­sións di­xi­tais son máis ven­di­bles ca un­ha obra ori­xi­nal.

No 2014 fi­xen o meu pri­mei­ro li­bro de ar­tis­ta pa­ra a ex­po­si­ción De fi­bra sen­si­ti­va, en Ri­bei­ra. Co­me­cei a ex­plo­rar ese uni­ver­so que une lin­gua­xe plás­ti­ca e vi­sual, poe­sía, de­bu­xo, pin­tu­ra… O seu fun­da­men­to é a trans­dis­ci­pli­na­rie­da­de, na que un li­bro po­de ser un ob­xec­to ou un­ha es­cul- tu­ra, pe­ro ta­mén un­ha ins­ta­la­ción. Di­ri­xín va­rios ta­lle­res re­la­cio­na­dos con es­ta dis­ci­pli­na en Ri­bei­ra e en Boi­ro, e ac­tual­men­te le­vo un gru­po no Cen­tro Ku­ra­ri de Vi­go. Es­te ti­po de pro­xec­tos pó­den­se le­var a es­pa­zos edu­ca­ti­vos co­mo son as au­las.

Di­ría que en cer­to mo­do son un­ha ar­tis­ta re­la­cio­nal, pois na­ve­go en­tre dis­tin­tas dis­ci­pli­nas. Pa­ra Pie­rre Bou­rriaud «a ar­te é un es­ta­do de en­con­tro», un­ha in­ter­ac­ción so­cial. Pa­ra min é im­por­tan­te tra­ba­llar co con­tex­to, cos pro­ble­mas que ato­po, e ta­mén co ou­tro. Hai un­has se­ma­nas, no gru­po de tra­ba­llo do Cen­tro Ku­ra­ri, oco­rréu­se­nos tra­ba­llar no es­pa­zo pú­bli­co de Bou­zas, nun edi­fi­cio no que hai pro­xec­ta­da un­ha bi­blio­te­ca den­de hai anos. Rea­li­za­mos un­ha ac­ción poé­ti­ca de de­nun­cia, xa que le­va anos pa­ra­li­za­da, cu­brin­do o va­lo ex­te­rior con fo­llas de en­ci­clo­pe­dias ve­llas.

—On­de ato­pas a ins­pi­ra­ción?

—No día a día. Na­qui­lo que me con­mo­ve da so­cie­da­de. Ás ve­ces na na­tu­re­za, na súa be­le­za, que me atra­pa, e ou­tras na ci­da­de. Ta­mén no so­cial e no es­té­ti­co, ou na trans­for­ma­ción da ma­te­ria, ne­sa re­la­ción de cien­cia e ar­te. É di­cir, na vi­da.

Hai anos for­mei par­te do Se­mi­na­rio Per­ma­nen­te do Es­pa­zo Pú­bli­co, en Pon­te­ve­dra. Un­ha es­pe­cie de ob­ser­va­to­rio on­de ana­li­za­ba­mos cues­tións ar­tís­ti­cas que re­ver­tían na ci­da­de. Co­mo re­sul­ta­do fi­xe­mos un­ha mos­tra, Fó­ra fai

frío (2006). Máis tar­de par­ti­ci­pei no pro­xec­to de Ar­te Pú­bli­ca Kal­dar­te, en Cal­das de Reis, cun­ha ac­ción in­di­vi­dual. Ins­ta­lei ha­ma­cas por to­do o cen­tro pa­ra que a xen­te fi­xe­se uso de­las. Uns pre­gun­ta­ban, al­gúns tom­bá­ban­se, os ne­nos xo­ga­ban, al­gun­has rou­bá­ro­nas… O ci­da­dán era actor im­pres­cin­di­ble nes­ta obra.

ILUS­TRA­CIÓN ABRALDES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.