Ar­tis­ta tem­pe­rá e in­ves­ti­ga­do­ra

Com­pa­xi­na a súa ac­ti­vi­da­de crea­ti­va coa do­cen­cia e im­par­te ta­lle­res de ar­te pa­ra ne­nos e adul­tos, así co­mo pa­ra per­soas con es­cle­ro­se múl­ti­ple, en Vi­go

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada -

Lucía Ro­ma­ní (Ri­bei­ra 1981) é un­ha ar­tis­ta tem­pe­rá. Xa de ne­na sen­tía cu­rio­si­da­de po­las for­mas, as co­res e os ma­te­riais: por to­do aqui­lo sus­cep­ti­ble de ser ma­ni­pu­la­do. Iso le­vou­na á pin­tu­ra e ao tra­ba­llo ma­nual, emo­cio­nal e in­te­lec­tual, a tra­vés das Be­las Ar­tes. Ne­sa vi­ven­cia co­mo bus­ca e apren­di­za­xe ex­pe­ri­men­tou nas di­ver­sas dis­ci­pli­nas (es­cul­tu­ra, pin­tu­ra, fo­to­gra­fía, ou gra­va­do). Ti­vo lo­go a ne­ce­si­da­de de afon­dar nal­gun­has cues­tións que vin­cu­la­ban a ar­te coa so­cie­da­de/po­lí­ti­ca e co­me­zou a súa ca­rrei­ra in­ves­ti­ga­do­ra.

Rea­li­zou o Pro­gra­ma de Dou­to­ra­men­to Mo­dos de Co­ñe­ce­men­to na Prác­ti­ca Ar­tís­ti­ca Con­tem­po­rá­nea na Fa­cul­ta­de de Be­las Ar­tes de Pon­te­ve­dra que re­ma­tou cun­ha te­se so­bre as prác­ti­cas ar­tís­ti­cas vin­cu­la­das ao es­pa­zo so­cial e pú­bli­co no con­tex­to ga­le­go (2012). E nis­to con­ti­núa, na in­ves­ti­ga­ción e no es­tu­do, pe­ro ta­mén, máis que nun­ca, na pra­xe co­tiá. Nos úl­ti­mos anos com­pa­xi­na a súa ac­ti­vi­da­de ar­tís­ti­ca coa do­cen­cia.

Re­cen­te­men­te im­par­tiu cla­ses de Es­cul­tu­ra na Fa­cul­ta­de de Be­las Ar­tes de Pon­te­ve­dra e, ha­bi­tual­men­te, im­par­te ta­lle­res de ar­te a ne­nos e adul­tos no Es­pa­zo de Crea­ción Ar­tís­ti­ca Zoo­grá­fi­co, en Vi­go. Pa­ra­le­la­men­te coor­di­na un ta­ller de pin­tu­ra di­ri­xi­do a per­soas con es­cle­ro­se múl­ti­ple na aso­cia­ción Avem­po en Vi­go, o que lle dá pé pa­ra re­fle­xio­nar so­bre ou­tros mo­dos de per­ci­bir a reali­da­de e de tra­ba­llar coas mans, den­de a in­te­gra­ción da di­fe­ren­za, co­mo un plus de ri­que­za que non ato­pa nou­tros es­pa­zos máis ins­ti­tu­cio­nais ou aca­dé­mi­cos. Es­ta ex­pe­rien­cia lém­bra­lle un­ha an­te­rior, na aso­cia­ción Am­bar, en Ri­bei­ra, na que en­trou en con­tac­to por pri­mei­ra vez con per­soas con di­ver­si­da­de fun­cio­nal, per­soas non ata­das a nor­mas á ho­ra de uti­li­zar fe­rra­men­tas e ma­te­riais, co­ma o la­pis ou a cor. Per­soas moi­to máis li­bres e ex­pre­si­vas ca moi­tos de nós nal­gúns as­pec­tos.

Nes­tes ou­tros pro­ce­sos nos que con­ver­xen óp­ti­cas no­vas, nos que a di­men­sión te­ra­péu­ti­ca da ar­te se fai máis pal­pa­ble, é on­de es­tá a in­ves­ti­gar na ac­tua­li­da­de. Un pro­ce­so que de­ri­vou na súa in­mer­sión na Te­ra­pia Ges­talt, un­ha for­ma­ción in­te­gral e hu­ma­nis­ta de au­to­co­ñe­ce­men­to e desen­vol­ve­men­to do po­ten­cial hu­mano.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.