Na pro­cu­ra da Atlán­ti­da ri­bei­ren­se: a ci­da­de aso­la­ga­da de Val­ver­de

As len­das ago­chan ha­bi­tual­men­te o re­la­to mí­ti­co mes­tu­ra­do con fei­tos reais

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - VÍC­TOR BARBEITO POSE

A nin­guén lle sor­pren­de­rá que no li­to­ral cos­tei­ro das pa­rro­quias ri­bei­ren­ses de Ar­tes e Ol­vei­ra exis­te un­ha ma­ris­ma pró­xi­ma ao mar, den­tro do ac­tual sis­te­ma du­nar de Co­rru­be­do, na que se con­ta que se ato­pa cu­ber­ta po­las súas au­gas a mí­ti­ca ci­da­de de Val­ver­de. Nis­to non hai nin­gun­ha ache­ga no­va, xa que a len­da é am­pla­men­te co­ñe­ci­da, co­mo ta­mén acon­te­ce con ou­tras moi­tas la­goas en te­rreos ga­lai­cos, co­mo a de Al­caián, en Co­ris­tan­co, ou a de An­te­la, na Li­mia, que aso­la­gou a ci­da­de de An­tio­quía.

O tema das ci­da­des aso­la­ga­das es­tá am­pla­men­te re­pre­sen­ta­do en Ga­li­cia con máis de me­dio cen­to de exem­plos, en moi­tos dos ca­les se re­pi­te o no­me de Val­ver­de; se­me­lla que é re­sul­ta­do dun­ha pa­sa­xe épi­ca e fan­tás­ti­ca arre­dor de Car­lo­magno (sécu­los VIII-IX d.C.) re­co­lli­da nun dos li­bros do Có­di­ce Ca­lix­tino (s. XII d.C.) no que re­la­ta a des­tru­ción da ci­da­de de Lu­cer­na si­tua­da no Va­lle Ver­de (Val­ver­de) e que te­rá gran di­fu­sión a par­tir dese mo­men­to.

Hai uns anos, uns com­pa­ñei­ros re­co­lle­ron in­for­ma­ción oral dun lu­gar de­no­mi­na­do Pra­do da Area, em­pra­za­do no con­torno da ma­ris­ma do Ca­rre­gal. Nos tra­ba­llos de ex­trac­ción de area apa­re­ce­ron res­tos ar­queo­ló­xi­cos so­te­rra­dos a uns tres me­tros de fon­do; tra­tá­ba­se dun­ha gran cons­tru­ción pa­ra­le­la ao río que, po­la súa en­ver­ga­du­ra, con­si­de­ra­ron que se tra­ta­ba dun pei­rao ou se­me­llan­te. A is­to hai que en­ga­dir ou­tras re­fe­ren­cias, co­mo a re­cu­pe­ra­ción de tra­bes de ma- dei­ra de car­ba­llo e ar­go­las de bron­ce no me­dio dos li­mos e lo­dos de­sa zo­na pan­ta­no­sa, que irre­me­dia­ble­men­te nos fai voar a ima­xi­na­ción.

Lu­ga­res des­apa­re­ci­dos

Pe­ro re­sul­ta que na do­cu­men­ta­ción his­tó­ri­ca exis­ten al­gúns lu­ga­res do­cu­men­ta­dos en épo­ca me­die­val, per­ten­cen­tes a am­bas as dúas pa­rro­quias (Ol­vei­ra e Ar­tes) que des­apa­re­ce­ron, e dos que non se vol­veu ter cons­tan­cia. Sa­bi­do é que a li­ña de cos­ta ten evo­lu­cio­na­do moi­to, que son es­pa­zos moi di­ná­mi­cos, afec­ta­dos por pro­ce­sos tan­to re­gre­si­vos (re­tro­ce­so do ni­vel do mar) co­mo trans­gre­si­vos (subida do ni­vel do mar), pro­ce­sos moi com­ple­xos que te­ñen afec­ta­do os asen­ta­men­tos de po­boa­ción; sir­va co­mo exem­plo a vi­la ga­lai­co-ro­ma­na de No­vi­lle en Mu­gar­dos que, tras do seu aban­dono, foi in­va­di­da par­cial­men­te po­lo mar.

Aín­da que al­go se ten avan­za­do ao res­pec­to, se­me­lla que no Bar­ban­za, e in­clu­so en Ga­li­cia, exis­te un gran ba­lei­ro de asen­ta­men­tos no pe­río­do com­pren­di­do en­tre o aban­dono dos cas­tros nos pri­mei­ros sécu­los da Era cris­tiá ata o re­xur­dir dos bur­gos me­die­vais ao lon­go da se­gun­da me­ta­de do sécu­lo XII en adian­te. Se­me­lla que exis­tiu un­ha lon­ga noi­te de pe­dra de ca­se mil anos, con tem­pos moi con­vul­sos (cri­se do sécu­lo III, che­ga­da dos sue­vos e caí- da do Im­pe­rio romano du­ran­te o sécu­lo V, a conquista mu­sul­má no sécu­lo VIII, as raz­zias de nor­man­dos, vi­kin­gos e sa­rra­ce­nos den­de me­dia­dos do sécu­lo IX ata ben en­tra­do o sécu­lo XI) nos que a xen­te só se ache­ga­ba á cos­ta de for­ma oca­sio­nal e es­po­rá­di­ca.

Qui­zais os to­pó­ni­mos, co­mo a praia do Vi­lar, o Ca­sal No­vo ou o re­go da Ci­da­de, to­dos eles den­tro do par­que na­tu­ral, nos es­tán a con­tar al­go. E tal­vez a len­da da Val­ver­de ri­bei­ren­se ten al­go de ve­ra­ci­da­de his­tó­ri­ca, e te­mos bai­xo un man­to de area a no­sa Atlán­ti­ca par­ti­cu­lar.

Con­torno da ma­ris­ma de Ca­rre­gal no par­que na­tu­ral de Co­rru­be­do

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.