Un fran­cis­cano de Boi­ro

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - PAS­TOR RO­DRÍ­GUEZ

Os fran­cis­ca­nos es­ta­ble­cé­ron­se en Ga­li­cia ben pron­to, arre­dor de 1215 e a súa pre­sen­za na bis­ba­rra do Bar­ban­za foi gran­de, con con­ven­tos en Noia, A Po­bra do Ca­ra­mi­ñal, pe­ro ade­mais o con­ven­to de Her­bón (Pa­drón) que­da cer­ca da no­sa co­mar­ca e nel pro­fe­sa­ron va­rios re­li­xio­sos da con­tor­na, men­tres que ou­tros to­ma­ron o há­bi­to de Fran­cis­co de Asís, en Com­pos­te­la. En­tre es­tes úl­ti­mos es­ta­ba An­drés Siei­ra Bal­sei­ros, na­ci­do en Aban­quei­ro en 1769, que pro­fe­sou en 1784 e, tras re­ci­bir as or­des sa­cer­do­tais, es­tu­dou en Alba de Tor­mes den­de 1793. Xa no ano 1797 lo­grou por opo­si­ción a Lec­to­ra­lía de Ar­tes n’A Coruña, pa­san­do lo­go a Her­bón, on­de foi su­pe­rior en­tre 1809 e 1813 e en­tre 1817 e 1820. Coa De­sa­mor­ti­za­ción pa­sou ao cle­ro se­cu­lar, e en 1835 aín­da vi­vía na súa pa­rro­quia na­tal. O pa­dre Manuel de Cas­tro, na súa obra Es­cri­to­res de la pro­vin­cia fran­cis­ca­na

de San­tia­go. Si­glos XIII-XIX (1996) dá no­ti­cia dun Me­mo­rial de frei An­drés Siei­ra so­bre a dou­tri­na da Madre Ma­ría Je­sús de Agre­da, que foi pu­bli­ca­do en Com­pos­te­la en 1843 po­lo fran­cis­cano frei Jo­sé Me­ra na obra Bre­ve pre­ven­ti­va so­bre lec­tu­ra de li­bros. Os ar­qui­vos fran­cis­ca­nos con­ser­van ta­mén al­gun­has cartas que o pa­dre Siei­ra di­ri­xiu en 1820 a Jo­sé Bal­tar, al­cal­de de Pa­drón. Ti­vo un ir­mán que foi ta­mén fran­cis­cano, Gabriel Siei­ra (1770-1849), pre­di­ca­dor fa­mo­so no seu tem­po, quen dei­xou ma­nus­cri­ta a obra El mi­sio­ne­ro en el púl­pi­to, es­cri­ta en 1809.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.