RO­CÍO DOURADO

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News -

O no­me des­te lu­gar de San­ta Uxía de Ri­bei­ra re­pí­te­se co­mo de­no­mi­na­ción dou­tras en­ti­da­des de po­boa­ción en Lu­go, Oro­so, Ro­dei­ro, Sa­rria e A Es­tra­da, e ecoa ta­mén no to­pó­ni­mo por­tu­gués Fa­fião. A súa ori­xe es­tá num no­me xer­má­ni­co FAFILA, de ca­rác­ter fa­mi­liar ou hi­po­co­rís­ti­co (ese é o va­lor que os es­tu­do­sos adoi­tan asig­nar ao su­fi­xo -ila / -ilo) e moi di­fun­di­do na Ga­li­za al­to­me­die­val, co­mo ob­ser­va­mos na do­cu­men­ta­ción do pe­río­do.

Es­tes an­tro­pó­ni­mos po­dían co­ñe­cer dous ti­pos de de­cli­na­ción: FAFILA, -ANIS (con­soan­te ao mo­de­lo pro­pria­men­te xer­má­ni­co) ou ben FAFILANUS, -I (re­sul­tan­te da adap­ta­ción do an­tro­pó­ni­mo ao mo­de­lo da de­cli­na­ción la­ti­na). No pri­mei­ro ca­so, o to­pó­ni­mo Fa­fián pro­ce­de­ría do acu­sa­ti­vo FAFILANE(M), men­tres que no se­gun­do te­ria­mos que pen­sar no co­rres­pon­den­te xe­ni­ti­vo FAFILANI e se­ría de for­ma­ción pro­ba­bel­men­te máis an­ti­ga. Se­xa co­mo for, o ti­po Fa­fián non es­go­ta a nó­mi­na de des­cen­den­tes to­po­ní­mi­cos do de­van­di­to no­me per­soal, aos que po­de­mos en­ga­dir os ca­sos de Fa­fiás, Fe­fi­ñáns, e o por­tu­gués Fa­fiães, pro­ce­den­tes dun xe­ni­ti­vo FAFILANIS.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.