Manuel An­to­nio de pu­ño e le­tra

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - RO­MÁN ARÉN

Manuel An­to­nio es­tá a se tra­tar co­mo o que é, un clá­si­co das le­tras ga­le­gas. Con­ta­mos xa cun­ha mag­ní­fi­ca edi­ción da súa obra com­ple­ta a car­go do aca­dé­mi­co Xo­sé Luís Axei­tos, o que nos per­mi­tiu aos lec­to­res ac­ce­der á súa pro­sa e ás súas tra­du­cións, e ago­ra po­de­mos dis­fru­tar da edi­ción do ma­nus­cri­to ori­xi­nal do poe­ma­rio De ca

tro a ca­tro, edi­ta­do en 1928, e que ser­viu de ba­se ao im­pre­sor e editor Án­xel Ca­sal pa­ra sa­car do pre­lo a obra.

O ma­nus­cri­to es­ta­ba en po­der da fa­mi­lia García-Sa­bell, que o ce­deu pa­ra a súa pu­bli­ca­ción, da que se en­car­gou o pro­fe­sor An­xo Ta­rrío Va­re­la, ofre­cén­do­nos a re­pro­du­ción fac­si­mi­lar, a trans­cri­ción ín­te­gra do tex­to e al­gun­has no­tas ec­dó­ti­cas. Es­te poe­ma­rio de­di­ca­do por Manuel An­to­nio ao ri­bei­rán Au­gus­to Lus­tres Ri­vas, ca­pi­tán co que na­ve­ga­ra o poe­ta rian­xei­ro no pai­le­bo­te Cons­tan­tino Can­dei

ra, ese «pai­le­bo­te bran­co / c’as suas mans loi­ras» que «ace­nan mil adeu­ses as es­tre­las», per­mi­tiu un­ha das gran­des via­xes poé­ti­cas da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga pa­ra xun­tar «cua­der­nos en bran­co / d’a no­ve­la erran­te d’o ven­to».

Fer­mo­sa edi­ción da edi­to­rial Al­va­re­llos en coedi­ción co Con­sor­cio de San­tia­go, coa co­la­bo­ra­ción da uni­ver­si­da­de de Com­pos­te­la, ne­sa co­lec­ción

Res­ca­te, que tan­tas pá­xi­nas es­pa­lla­das na pren­sa ten re­cu­pe­ra­do, so­bre to­do en Vi­da Ga­lle­ga.

Poe­sía Manuel An­to­nio: De ca­tro a ca­tro. Ma­nus­cri­to iné­di­to Al­va­re­llos (San­tia­go de Com­pos­te­la, 2016) Edi­ción de An­xo Ta­rrío Va­re­la 168 pá­xi­nas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.