Es­ter Rin­cón-Ben­za­lá

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - EME CARTEA

Nes­te gra­va­do de Es­ter Rin­cón-Ben­za­lá, que for­mou par­te da co­lec­ti­va Bar­ban­tiaR­te V, ti­tu­la­do sim­bo­li­ca­men­te Tram­pa, a cau­sa da súa po­li­se­mia for­mal e ex­pre­si­va, a autora bo­ta man dun pro­ce­de­men­to non re­co­rren­te que nos ache­ga a un­ha téc­ni­ca sin­xe­la e pró­xi­ma que se arre­da dou­tras for­mas que nos son máis ca­nó­ni­cas. No ca­tá­lo­go da ex­po­si­ción le­mos: «A súa obra si­túa­se en­tre a fi­gu­ra­ción e a abs­trac­ción. Nas súas pre­fe­ren­cias des­ta­ca o uso da cor. De­sen­vol­ve a súa ac­ti­vi­da­de en di­fe­ren­tes téc­ni­cas, te­mas e mo­da­li­da­des. Nes­te gra­va­do asis­ti­mos a un pu­ro exer­ci­cio de de­li­ca­de­za poé­ti­ca nas mar­xes da abs­trac­ción, on­de as for­mas se apro­pian da cor e com­pi­ten por un sen­ti­do re­co­ñe­ci­ble».

Sa­be­mos que den­de os su­me­rios (3000 anos hai), a tra­vés de Chi­na, da es­tam­pa xa­po­ne­sa e do pa­pel do s. XV eu­ro­peo, o gra­va­do é un­ha dis­ci­pli­na ar­tís­ti­ca ca­pi­tal na que, nun es­pa­zo bi­di­men­sio­nal e rí­xi­do, a/o ar­tis­ta re­pre­sen­ta un­ha ima­xe sus­cep­ti­ble de ser trans­fe­ri­da a ou­tra su­per­fi­cie por me­dio do tórcu­lo. Se­rán os ma­te­riais e os ins­tru­men­tos uti­li­za­dos os que de­ter­mi­nen as di­fe­ren­tes téc­ni­cas: en re­le­vo, en oco, ou ben en plano. Mais to­do es­te uni­ver­so de gu­bias, bu­rís, pun­zóns, pun­tas se­cas, pun­tas de pra­ta ou áci­dos co­rro­si­vos so­fre ago­ra o ase­dio dos me­dios fo­to­grá­fi­cos, di­xi­tais, ou mes­mo do lá­ser e o plas­ma. O ve­llo, in­da ac­tual, que re­sis­te co­mo po­de as tur­bu­len­cias anova­do­ras do futuro que xa nos di­sua­de e cul­ti­va.

En­saio con pran­cha de car­tón

Pe­ro Es­ter Rin­cón-Ben­za­lá en­saia, nes­te ca­so, cun­ha pran­cha de car­tón en­du­re­ci­do con co­la­xe de tar­la­ta­na en­go­ma­da. Des­pois da es­tam­pa­ción apli­ca va­rias ca­pas de pin­tu­ra, to­tais ou par­ciais, so­bre es­ta su­per­fi­cie, po­ten­cial­men­te vir­xe, que lle vai des­ve­lan­do o se­gre­do da súa in­ti­mi- da­de en gra­da­cións de ex­qui­si­tos acor­des e en­to­acións de vi­bran­tes con­tras­tes to­nais.

Gra­va­do­ra-pin­to­ra, aquí, por can­to a es­tam­pa é só ese len­zo ma­té­ri­co que ha ser pin­ta­do. Un­ha obra de ar­te na épo­ca na re­pro­du­ti­bi­li­da­de téc­ni­ca (W. Ben­ja­min di­xit) mais non me­ra e me­cá­ni­ca re­pro­du­ción re­dun­dan­te, pri­va­da de au­ra sa­cra­li­za­do­ra. A sal­vo, pois, da pu­ra mi­me­se fo­to­grá­fi­ca, ou da re­pe­ti­ción do pop art, co­mo ri­tual de ho­mo­xe­nei­za­ción ma­si­va do gus­to e das es­té­ti­cas war­ho­lia­nas.

A pran­cha co­mo lu­gar aber- to á ins­pi­ra­ción, co­mo po­si­bi­li­da­de emo­ti­va, co­mo ma­triz nun­ca pre­vi­si­ble. Un sí­mil agra­rio de fer­ti­li­da­de on­de a co­la­xe exer­ce de ara­do an­ces­tral que ofre­ce os su­cos ca­va­dos na pel da tar­la­ta­na, co­mo fe­ri­das vi­tais e aber­tas na su­per­fi­cie da es­tam­pa­ción, que se abre aos pin­ceis e aco­lle a cor en de­li­ca­dos con­tras­tes e ga­mas nun in­ten­so xo­go de ver­de, ama­re­lo, ver­me­llo e ocre. Un­ha pa­rá­bo­la mul­ti­pli­ca­ti­va, ori­xi­nal e ca­ti­va­do­ra que con nós é quen de pen­sar, su­xe­rir, es­per­tar emo­cións e amar a be­le­za que nos hu­ma­ni­za.

«Tram­pa». Gra­va­do en pran­cha de car­tón con tar­la­ta­na e lo­go pin­ta­do

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.