Dou­tor, John Ford abú­rre­me!

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News -

Nun­ca pen­sei que che­ga­ría a di­cir is­to. As pe­lí­cu­las clá­si­cas de ac­ción abú­rren­me, pa­ré­cen­me mal fei­tas e en­fo­ca­das a un pú­bli­co naif, so­bre to­do as de John Ford con John Way­ne pre­sen­te. Dí­goo co­mo se es­ti­ve­se dian­te dun psi­quia­tra re­ve­lán­do­lle sín­to­mas dun tras­torno men­tal gra­ve que, agar­do, non se­xa irre­ver­si­ble. Da­ría un ril por vol­ver a go­zar pe­lí­cu­las co­mo

Fort Apa­che, Río Bra­vo ou Cen­tau­ros do de­ser­to. Que me pa­sa, dou­tor? Co­mo é po­si­ble que me gus­te máis a ac­ción au­to­crí­ti­ca de Apo­caly­pse now que a ac­ción pu­ra de

Mo­rre­ron coas bo­tas pos­tas? Hai al­gun­ha en­fer­mi­da­de ra­ra que o ex­pli­que ou es­tou inau­gu­ran­do un no­vo sín­dro­me psi­quiá­tri­co, al­go así co­mo un­ha fo­bia in­te­lec­tual á fe­li­ci­da­de in­fan­til?

Non sei que pen­sar. E deses­pé­ro­me por­que, se pui­de­se es­co­ller un lu­gar do meu pa­sa­do ao que via­xar, se­ría a un­ha da­que­las se­sións con­ti­nuas do ci­ne da mi­ña ne­nez. Te­ño pe­lí­cu­las na me­mo­ria emo­cio­nal á al­tu­ra dos me­llo­res ami­gos ou de moi­tos fa­mi­lia­res. Mo­gam­bo, por exem­plo. Fi­xá­de­vos co­mo é a cou­sa que o úni­co no­me im­pro­pio que a mu­ller me dei­xa cha­mar­lle nos mo­men­tos ín­ti­mos é Ava (por Ava Gard­ner, a pro­ta­go­nis­ta de­sa película). Po­de que ela es­coi­te Eva, o seu no­me, pe­ro, co­mo non son oto­rrino, nun­ca llo pre­gun­tei. O ca­so é que hai anos que non ve­xo esa película, e non pen­so ve­la ata que es­tea cu­ra­do. Se me de­cep­cio­na­se, non se­ría o mes­mo nun­ca máis.

Que me pa­sa, dou­tor? Por­que, pa­ra máis, o ló­xi­co se­ría o con­tra­rio. Can­do un vai ve­llo ten­de a pen­sar que ta­mén en­ve­lle­ce to­do o que o ro­dea, e ve o pa­sa­do me­llor do que real­men­te foi, e o pre­sen­te peor do que real­men­te é. Así, po­la ida­de que te­ño, de­be­ría de­pri­mir­me o ci­ne ac­tual e go­zar aín­da máis do ci­ne clá­si­co. Por que, en­tón, me abu­rre? Non o sei, pe­ro o ou­tro día lin nun poe­ma un­ha ima­xe du­rí­si­ma que me im­pac­tou: un adul­to que se di­ri­xe en ca­dei­ra de ro­das ca­ra á súa ne­nez. Qui­zais se­xa iso, pen­sei. Ago­ra ve­xo o ci­ne es­tom­ba­lla­do e iner­te nun có­mo­do so­fá. Nas bu­ta­cas do ci­ne da mi­ña ne­nez, ven­do as pe­lí­cu­las de John Way­ne, aín­da sen­ta­do, sem­pre ti­ña a sen­sa­ción de es­tar, coas mans no cin­to, de pé.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.