Á fron­te de A Mi­se­re­la en tem­pos di­fí­ci­les

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada -

Xesús Ro­mán Laí­ño Brio­nes-Arén na­ce n’a Pobra do Ca­ra­mi­ñal en 1957, es­tu­da na Uni­ver­si­da­de de Santiago. Exer­ce co­mo pro­fe­sor de Lin­gua e Li­te­ra­tu­ra Ga­le­ga no en­sino me­dio, ac­tual­men­te no IES Le­lia­dou­ra de Ri­bei­ra, den­de 1995, e an­tes no IES Co­ro­so, amais dou­tras lo­ca­li­da­des.

In­tere­sa­do no la­bor de di­vul­ga­ción cul­tu­ral, foi pre­si­den­te da Aso­cia­ción Cul­tu­ral A Mi­se­re­la da súa vi­la na­tal, en tem­pos moi com­pli­ca­dos por mor da po­lé­mi­ca so­bre o to­pó­ni­mo da vi­la po­bren­se. É membro fun­da­dor da Aso­cia­ción Cul­tu­ral Bar­ban­tia, da que foi pre­si­den­te en­tre 2011 e 2016 —en subs­ti­tu­ción de An­tón Ri­vei­ro Coello— e coa que se­gue a co­la­bo­rar in­ten­sa­men­te.

For­mou par­te da cor­po­ra­ción mu­ni­ci­pal d’A Pobra en­tre 1995 e 2003, na que exer­ceu de con­ce­llei­ro de Cul­tu­ra du­ran­te o se­gun­do man­da­to do al­cal­de so­cia­lis­ta Ra­món Re­go, en­tre ou­tras res­pon­sa­bi­li­da­des de go­berno.

No seu ins­ti­tu­to en­si­na, ade­mais, au­las de Li­te­ra­tu­ra Uni­ver­sal, e ten im­par­ti­do ta­mén La­tín, Len­gua Es­pa­ño­la e Téc­ni­cas de Co­mu­ni­ca­ción es­cri­ta.

Ca­tá­lo­go da Gue­rra Ci­vil

Da­do o seu gran­de in­tere­se no te­ma da Gue­rra Ci­vil Es­pa­ño­la, edi­ta un ca­tá­lo­go que re­co­lle as múl­ti­ples edi­cións so­bre a na­rra­ti­va da con­ten­da e do fran­quis­mo, Un río de san­gue e tin­ta (2006), en co­la­bo­ra­ción con Pas­tor Ro­drí­guez San­ta­ma­ría, con quen pre­pa­rou, así mes­mo, a in­tro­du­ción a Avio­nes so­bre el pue­blo, do po­bren­se Carlos Mon­te­ne­gro, en 2006.

Ten co­la­bo­ra­do oca­sio­nal­men­te na re­vis­ta Ala­me­da, da So­cie­da­de Li­ceo de Noia, e se­gue pu­bli­can­do ca­da mes no Suplemento Cul­tu­ral A Voz de Bar­ban­tia-La Voz de Ga­li­cia, co­mo res­pon­sa­ble da sec­ción O an­del. En Ca­fé Bar­ban­tia es­cri­be asi­dua­men­te de na­rra­ti­va e poe­sía, so­bre to­do ga­le­ga, es­pa­ño­la e fran­ce­sa, en se­ries de ar­ti­gos co­mo Ga­li­cia e os ga­le­gos na li­te­ra­tu­ra cas­te­lá, etc. Co­la­bo­ra re­gu­lar­men­te co Anua­rio de es­tu­dos do Bar­ban­za, con tra­ba­llos so­bre as pu­bli­ca­cións da e so­bre a bis­ba­rra, só ou en co­la­bo­ra­ción. E son de sa­lien­tar os va­rios e do­cu­men­ta­dos li­mia­res que acom­pa­ñan as tra­du­cións de poe­tas fran­ce­ses que Eme Cartea es­tá a ver­ter ao ga­le­go, no mes­mo Anua­rio.

É ta­mén coau­tor dun ma­nual de lin­gua e li­te­ra­tu­ra ga­le­ga, da edi­to­rial Ga­laxia, pu­bli­ca­do en 2008.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.