Cin­cuen­ta anos da mor­te de Ma­ría Ma­ri­ño

Na­da en Noia en xu­llo de 1907, fi­nou de leu­ce­mia no Cou­rel

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - XERARDO AGRAFOXO

Ma­ría Ma­ri­ño na­ceu o 8 de xu­ño de 1907 nun­ha hu­mil­de ca­sa da rúa Ce­ga de Noia. Era fi­lla do za­pa­tei­ro Xo­sé Ma­ri­ño Pais, co­ñe­ci­do na vi­la co­mo O Fis­cal, e a cos­tu­rei­ra Fi­lo­me­na Ca­rou La­do, ve­ci­ña do arra­bal­de d´O Couto. Os vin­te pri­mei­ros anos da súa vi­da trans­co­rre­ron no re­cin­to his­tó­ri­co noiés. Des­pois, por mor das di­fi­cul­ta­des eco­nó­mi­cas que atra­ve­sa­ba o seu fo­gar, mar­chou coa familia ata o lu­gar de Es­ca­ra­bo­te (Boi­ro), on­de vi­vía un­ha tía —Con­sue­lo Ca­rou— que her­da­ra o pa­zo das To­rres de Goiáns. Foi nes­ta re­xa man­sión, do­ta­da dun­ha xe­ne­ro­sa bi­blio­te­ca, on­de reali­zou as súas pri­mei­ras lec­tu­ras.

Lo­go tras­la­dou­se ata a ca­sa da súa ir­má Con­cha na vi­la bis­caí­ña de Be­ran­go, on­de a sor­pren­deu a ofen­si­va das tro­pas fran­quis­tas pa­ra con­tro­lar as mi­nas de fe­rro vas­cas. Can­do aín­da non rema- ta­ra a con­ten­da bé­li­ca, re­gre­sou ao pei­rao da cos­ta arou­sá, on­de mon­tou un pe­queno par­vu­la­rio e co­ñe­ceu o mes­tre Roberto Po­se Car­ba­lli­do, con quen ca­sou o 31 de maio de 1939.

Se­guin­do as súas pe­ga­das, vi­viu du­ran­te a pos­gue­rra en Ar­zúa e Elant­xo­be (Bis­caia). No ve­rán de 1946 re­gre­sou em­ba­ra­za­da a Ga­li­cia. Apro­vei­tan­do que o seu ir­mán Emi­lio tra­ba­lla­ba de me­cá­ni­co nas mi­nas de San Fins (Lou­sa­me), des­pra­zou­se ata es­te lu­gar pa­ra dar a luz, pe­ro o neno —Roberto— soa­men­te vi­viu uns días. Es­ta tra­xe­dia acom­pa­ña­ríaa co­ma un­ha som­bra inevi­ta­ble ata os se­guin­tes des­ti­nos na co­mar­ca do Cou­rel, on­de ta­mén a sor­pren­de­rá ou­tro dra­ma familiar, a mor­te da súa nai en Ro­meor.

Co­ñe­ce a Uxío No­vo­ney­ra

No ano 1947, men­tres su­fría un­ha for­te cri­se ner­vio­sa, che­gou á al­dea de Pa­ra­da, on­de co­ñe­ceu o poe­ta Uxío No­vo­ney­ra. Es­ta cir- cuns­tan­cia pro­vo­ca­rá, ade­mais dun­ha in­ten­sa re­la­ción amo­ro­sa co au­tor d’Os ei­dos, o xur­di­men­to dun­ha das vo­ces máis sorprendentes da lí­ri­ca ga­le­ga. Se­ría no 1963 can­do pu­bli­que, cun fer­mo­so li­miar de Ote­ro Pe­dra­yo, o li­bro Pa­la­bra no tem­po.

Des­pois, coa mor­te xa es­prei­tan­do as súas pe­ga­das, es­cri­bi­ría os poe­mas que com­po­ñe­rían Ver­ba

que co­men­za (1990), on­de agro­ma cun­ha arre­pian­te cla­ri­da­de, ade­mais das súas cri­ses emo­cio­nais, un pro­fun­do desacou­go exis­ten­cial. As dúas obras des­ta­can po­la ori­xi­na­li­da­de no tra­ta- men­to do tem­po, a pre­sen­za ob­se­si­va da mor­te e a in­que­dan­za an­te al­go va­ga­men­te pre­sen­ti­do.

Ma­ría Ma­ri­ño fa­le­ceu de leu­ce­mia o 19 de maio de 1967. Ex­pi­rou des­pois de asi­nar os seus poe­mas máis pe­si­mis­tas. Fi­nou acou­ga­da po­las per­soas que lle ali­via­ran a doen­za po­las co­rre­doi­ras de Pa­ra­da. Ao día se­guin­te da­que­la pri­ma­ve­ra coure­lá, can­do as flo­res agro­ma­ban nas chai­ras, foi en­te­rra­da no ce­mi­te­rio de Seoa­ne.

As ima­xes que se ti­ra­ron da­que­la lu­tuo­sa xor­na­da amo­san a ho­me­na­xe dos ve­ci­ños á mu- ller que sou­bo ga­bar cun es­ti­lo pro­pio a sen­sua­li­da­de das súas pai­sa­xes.

No 2007 ce­le­brou­se o seu cen­te­na­rio, e a Real Aca­de­mia de­di­cou­lle o Día das Le­tras Galegas a es­ta con­mo­ve­do­ra voz da poe­sía ga­le­ga. Un bus­to er­gui­do na Ala­me­da de Noia lem­bra aquel día e a re­la­ción que gar­dou co seu ber­ce.

Ma­lia que mo­rreu hai cin­cuen­ta anos, no 1967, Ma­ría Ma­ri­ño vi­vi­rá pa­ra sem­pre nos seus poe­mas, aque­les que te­ceu bai­xo o acou­go dos cas­ti­ñei­ros e o ase­dio dun­ha som­bra in­tran­si­xen­te.

Mai­te Mar­tín e Te­re­sa Gar­cía, so­bri­ñas da au­to­ra, des­cu­bri­ron o seu bus­to en Noia no 2007

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.