O plano, pa­ra entender a ci­da­de

Ofre­ce a pe­ga­da im­pre­sa da apro­pia­ción hu­ma­na dese lu­gar

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - PE­DRO GAR­CÍA VIDAL

A mi­ña pri­mei­ra vi­sión dun­ha ci­da­de é sem­pre a tra­vés do seu plano. Alí, so­bre o pa­pel, un­ha com­bi­na­ción de su­per­fi­cies li­bres e cons­truí­das ofre­ce a pe­ga­da im­pre­sa do pro­ce­so de apro­pia­ción hu­ma­na dese lu­gar. O per­du­ra­ble do plano é o que fai del un ele­men­to im­pres­cin­di­ble pa­ra com­pren­der un­ha ci­da­de. Os edi­fi­cios, a pel ur­ba­na, mu­da; só o plano, o seu ser máis ín­ti­mo, per­ma­ne­ce in­va­ria­ble. Por iso, a aná­li­se des­ta sin­gu­lar ra­dio­gra­fía aé­rea cons­ti­túe un­ha ache­ga sem­pre va­lio­sa á ho­ra de co­ñe­cer­mos a evo­lu­ción his­tó­ri­ca de cal­que­ra es­ta­ble­ce­men­to ur­bano. For­ma e es­tru­tu­ra, así co­mo di­fe­ren­tes fa­ses do desen­vol­ve­men­to, ofré­cen­se á mi­ra­da in­tere­sa­da.

Entender a ci­da­de, a súa xeo­gra­fía, esi­xe entender ese su­ce­der de for­mas de cul­tu­ra que en­con­tra­ron acou­go nes­te par­ti­cu­lar es­pa­zo hu­ma­ni­za­do: dis­tin­tas tra­mas fa­lan­do dun mun­do que che­ga á súa fin e ini­cia un no­vo tem­po, o trán­si­to dun­ha or­de es­pa­cial

á ou­tra. Bus­co pri­mei­ro as ori­xes, o lu­gar es­co­lli­do pa­ra o pri­mi­ti­vo es­ta­ble­ce­men­to. Si­go pis­tas re­ve­la­do­ras: a pre­sen­za de rúas es­trei­tas, si­nuo­sas, con no­mes de re­so­nan­cias an­ti­gas; par­ce­la­rios miú­dos en quin­tei­ros de re­du­ci­do ta­ma­ño; a irre­gu­la­ri­da­de man­da nes­te sec­tor da ci­da­de. Na­quel tem­po ini­cial, a to­po­gra­fía im­pon­se ao ca­mi­ño que se­gue as súas di­rec­tri­ces; lo­go, a ar­qui­tec­tu­ra con­quis­ta os bor­dos da sen­da pa­ra con­ver­te­la en rúa que vai pro­lon­gan­do a ci­da­de fó­ra dos seus ini­ciais lin­dei­ros.

Na An­ti­güi­da­de e Ida­de Me­dia, os ou­tei­ros, co­mo em­pra­za­men­tos de­fen­si­vos, pro­pi­cia­ron pla­nos ra­dio­cén­tri- cos den­de un pri­mei­ro re­cin­to amu­ra­lla­do no cu­me. Igual­men­te, en to­das as épo­cas, as fron­tes de mar fa­ci­li­ta­ron o tra­za­do de rúas pa­ra­le­las ás au­gas e ou­tras per­pen­di­cu­la­res can­do a cos­ta é máis ou me­nos rec­ta. Ta­mén o con­torno da mu­ra­lla de­ter­mi­nou no pa­sa­do o tra­za­do das rúas. Por úl­ti­mo, as vías de co­mu­ni­ca­ción prin­ci­pais, crea­ron pla­nos li­neais, con rúas pa­ra­le­las á prin­ci­pal.

Fac­to­res con­di­cio­nan­tes

Os fac­to­res de ti­po re­li­xio­so-cos­mo­ló­xi­co con­di­cio­na­ron, igual­men­te, so­bre to­do na an­ti­güi­da­de, a for­ma e o plano da ci­da­de. Pla­nos cir­cu­la­res e ca­dra­dos, as dúas for­mas máis sim­ples e máis uti­li­za­das de ci­da­de, co­rres­pon­den, na súa ori­xe, a un­ha for­te car­ga sim­bó­li­ca. Por úl­ti­mo, a in­ci­den­cia de fac­to­res de ti­po eco­nó­mi­co foi sem­pre de­ci­si­va na configuración do plano, posto que o cre­ce­men­to da ci­da­de é an­te to­do pro­du­to de for­zas eco­nó­mi­cas.

A cua­drí­cu­la dos tra­fi­can­tes de so­la­res im­pón ho­xe o seu ubi­cuo pre­do­mi­nio na ci­da­de es­pe­cu­la­ti­va pa­ra

fa­vo­re­cer o má­xi­mo apro­vei­ta­men­to dos te­rreos fu­xin­do de cal­que­ra mí­ni­ma in­ten­cio­na­li­da­de es­té­ti­ca.

Lo­go de vi­sua­li­za­do o plano, dis­pó­ño­me a ca­mi­ñar de va­gar a ci­da­de. A mi­ña me­mo­ria vir­tual re­tén un­ha pai­sa­xe moi re­du­ci­da: un ele­men­to na­tu­ral co­mo po­de ser un río ou un ou­tei­ro, un­ha rúa prin­ci­pal di­rec­to­ra, un­ha pra­za sen­llei­ra, un­ha pon­te ou un bor­do que se­pa­ra es­pa­zos di­fe­ren­cia­dos. Con es­tes ca­tro ou cin­co fi­tos re­fe­ren­ciais o meu hi­po­cam­po ce­re­bral con­fec­cio­na un ma­pa in­te­rior, e gra­zas a eles avan­zo con­fia­do sen per­der­me. Eses ma­pas vi­suais que te­ño me­mo­ri­za­dos van per­mi­tir ac­ce­der ao res­to de di­rec­cións e ca­mi­ños da ci­da­de. Ne­se in­tre xa non pre­ci­so ca­mi­ñar co plano na man ou co mó­bil en for­ma de GPS co­mo os tu­ris­tas. Pa­seo con­fia­do e coa mi­ra­da aten­ta a con­tem­plar a máis ar­ti­fi­cial das pai­sa­xes. To­dos os sen­ti­dos aler­ta aprei­xan­do a súa al­ma, ese pun­to de en­con­tro en­tre o ra­cio­nal e o sen­si­ti­vo que mo­ve a ca­pa­ci­da­de de emo­cio­nar­me.

Fo­to­plano co­rres­pon­den­te á ci­da­de de Santiago de Com­pos­te­la

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.