«Os fo­gos son o pra­to for­te»

No­lo Ro­me­ro Pre­si­den­te da co­mi­sión de Ca­bo de Cruz

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Entrevista - PAU­LA RIVEIRO / M.A.

Rea­li­zar un pro­gra­ma fes­ti­vo pen­sa­do pa­ra os ve­ci­ños de to­das as ida­des é o ob­xec­ti­vo que per­se­gue a co­mi­sión de fes­tas do Car­me de Ca­bo de Cruz. O seu pre­si­den­te, No­lo Ro­me­ro, re­co­ñe­ce que a or­ga­ni­za­ción dos fes­te­xos re­qui­re ho­ras de tra­ba­llo, pe­ro que me­re­ce a pe­na xa que a xen­te pá­sao ben. —¿Can­to tem­po le­van tra­ba­llan­do pa­ra po­der rea­li­zar es­tas fes­tas? —Nor­mal­men­te em­pe­za­mos des­pois do en­troi­do, por­que hai que ir pe­din­do por to­das as ca­sas e iso le­va moi­to tem­po. Ade­mais fa­ce­mos dúas rol­das, un­ha en maio e ou­tra a fi­nais de xu­ño. —¿Que é o máis difícil da or­ga­ni­za­ción dos fes­te­xos? —O que máis tem­po le­va é ir ca­sa por ca­sa pe­din­do, xa que re­qui­re moi­tas ho­ras que tes que qui­tar do teu tem­po li­bre. —¿A xen­te res­pon­de ben? —A ver­da­de é que si. In­clu­so o pri­mei­ro ano que es­ti­ven na co­mi­sión pen­sa­mos que non ían co­la­bo­rar, pe­ro os ve­ci­ños non que­ren que se per­dan as fes­tas do po­bo e axu­dan moi­to. —Ade­mais da co­la­bo­ra­ción ve­ci­ñal, ¿te­ñen axu­da dos co- mer­cios lo­cais ou mes­mo do Con­ce­llo? —A con­tri­bu­ción dos ve­ci­ños é fun­da­men­tal, pe­ro o Con­ce­llo ta­mén co­la­bo­ra, tan­to coa ti­ra­da dos fo­gos de ar­ti­fi­cio e as bom­bas de pa­len­que co­mo con me­dios co­mo a Po­li­cía Lo­cal ou Pro­tec­ción Ci­vil. Pa­ra a hos­ta- le­ría e os co­mer­cios acos­tu­ma­mos fa­cer un li­bro no que poi­dan po­ñer pu­bli­ci­da­de e así ga­ñar al­go máis. Es­te ano non ti­ve­mos tem­po pa­ra fa­ce­lo, pe­ro as em­pre­sas co­la­bo­ra­ron igual. —¿Agar­dan moita afluen­cia de xen­te? —Es­ta edi­ción coin­ci­de en fin de se­ma­na e hai ou­tras fes­tas na co­mar­ca. Pe­ro o día gran­de, coa pro­ce­sión e a ti­ra­da de fo­gos, sem­pre atrae a moita xen­te. —¿Cal é o pra­to for­te do pro­gra­ma de ce­le­bra­cións? —Sen du­bi­da, a ti­ra­da de fo­gos do do­min­go po­la noi­te. Sem­pre dei­xa­mos que o fo­gue­tei­ro, Au­re­lio, nos sor­pren­da. —¿Cal di­ría que é o seu mo­men­to pre­fe­ri­do? —Son to­dos en reali­da­de. Can­do vas cos gai­tei­ros na al­bo­ra­da e can­do che­gas po­la noi­te e es­tá o cam­po cheo. A pro­ce­sión é o máis emo­ti­vo. Son mo­men­tos pun­tuais, pe­ro son to­dos moi bo­ni­tos. Es­te é o cuar­to ano que No­lo Ro­me­ro es­tá á fron­te das fes­tas do Car­me co­mo pre­si­den­te da co­mi­sión, un posto do que se fi­xo car­go pa­ra que non des­apa­re­ce­ran as ce­le­bra­cións do seu po­bo. —¿Hai tem­po a es­tar na fes­ta sen­do da co­mi­sión? —Can­do me pu­xen ao man­do dis­to ti­ña cla­ro que que­ría es­tar na fes­ta co­mo un ve­ci­ño máis. Nós non le­va­mos o te­ma da can­ti­na, xa que a ven­de­mos, po­lo que que­da­mos un pou­co máis li­be­ra­dos. Sem­pre tes que es­tar pen­den­te de to­do por si pa­sa al­go, pe­ro aín­da así hai tem­po pa­ra pa­sa­lo ben. —¿Ten pre­vis­to re­pe­tir car­go na or­ga­ni­za­ción? —Pú­xen­me á fron­te das fes­tas coa in­ten­ción de que non se per­de­ran, pe­ro es­tou aber­to a que ve­ña xen­te no­va. Can­tos máis se­xa­mos, o tra­ba­llo lé­va­se moi­to me­llor.

« Can­tos máis se­xa­mos, o tra­ba­llo lé­va­se moi­to me­llor»

FO­TO DA­NI GES­TO­SO

No­lo le­va ca­tro anos ao car­go da co­mi­sión

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.