Os­wal­do Di­gón en­cár­ga­se de po­ñer o bro­che

Ac­ti­vi­da­des in­fan­tís e de­por­ti­vas for­man par­te da pro­pos­ta lú­di­ca

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Programa -

As ce­le­bra­cións noie­sas che­gan ao seu re­ma­te. A de­rra­dei­ra xor­na­da es­tá re­ple­ta de ac­ti­vi­da­des, pa­ra que ci­da­dáns e vi­si­tan­tes non te­ñan tem­po pa­ra abu­rrir­se. Hai que go­zar a to­pe e apro­vei­tar ca­da mo­men­to. O bro­che che­ga­rá da man do mo­no­lo­guis­ta Os­wal­do Di­gón, na co­ñe­ci­da co­mo Noi­te de Be­rros, pe­ro ta­mén hai ofer­ta lú­di­ca pa­ra ca­ti­vos e maio­res.

09.00 As bom­bas de pa­len­que anun­cia­rán o co­me­zo do día e ani­ma­rán aos ve­ci­ños a er­guer­se pa­ra dis­fru­tar do mes­mo. 10.30 Á Ban­da de Mú­si­ca de Lou­sa­me co­rres­pon­de­ra­lle ani­mar as rúas da vi­la coas dia­nas e al­bo­ra­das.

12.00 A Ala­me­da con­ver­te­ra­se nun gran par­que de atrac­cións pa­ra os más pe­que­nos. Un­ha mo­rea de xo­gos po­pu­la­res fa­rán po­si­ble que poi­dan brin­car to­do o que quei­ran e go­zar con di­ver­ti­men­tos tradicionais. A ac­ti­vi­da­de pro­lon­ga­ra­se ata as 14.00 ho­ras.

13.00 A Ban­da de Mú­si­ca de Lou­sa­me te­rá un oco na em­ble­má­ti­ca Ala­me­da de Noia pa­ra ofre­cer un con­cer­to que, se­gu­ro, atrae a nu­me­ro­so pú­bli­co. 18.30 Os aman­tes do fút­bol te­ñen un­ha boa opor­tu­ni­da­de pa­ra di­ri­xir­se ao cam­po de San Lá­za­ro e pre­sen­ciar un en­con­tro no que se tri­bu­ta­rá un re­co­ñe­ce­men­to ao equi­po lo­cal po­la gran ac­tua­ción que le­vou a ca­bo na tem­pa­da 2016-17.

20.00 Os máis pe­que­nos vol­ven ser os pro­ta­go­nis­tas e, nes­ta oca­sión, po­de­rán pre­sen­ciar un es­pec­tácu­lo in­fan­til ti­tu­la­do Ma­gín Blan­co e a ban­da das aper­tas. A fun­ción le­va­ra­se a ca­bo no Cu­rro.

22.30 As ver­be­nas te­ñen un gran ti­rón en Noia e con­gre­gan a nu­me­ro­sas per­soas. Na de­rra­dei­ra des­te San Bar­to­lo­meu ac­tua­rá a or­ques­tra New York. O pun­to de en­con­tro é a Ala­me­da. 00.00 Che­ga a tra­di­cio­nal se­sión de fo­gos de ar­ti­fi­cio. 00.45 Os­wal­do Di­gón es­ta­rá na Noi­te de Be­rros na pra­za do Ta­pal pa­ra ani­mar a to­dos.

0.45 Pa­ra que a noi­te se pro­lon­gue o má­xi­mo po­si­ble, a or­ques­tra New York ofre­ce­rá un se­gun­do pa­se. Non hai es­cu­sas pa­ra non bai­lar.

FO­TO MAR­COS CREO

Di­gón, nun­ha ga­la a fa­vor de On­co­met, en Noia

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.