As ce­le­bra­cións arran­can co hu­mor de Tou­ri­ñán

A vi­la noie­sa es­trea os fes­te­xos pa­tro­nais cun car­tel re­ple­to de ac­ti­vi­da­des pa­ra pe­que­nos e maio­res

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Programa -

A vi­la noie­sa vís­te­se de tra­di­ción pa­ra dar ca­bi­da a un­has ce­le­bra­cións moi es­pe­ciais, as de San Bar­to­lo­meu, o seu pa­trón. Se­rán cin­co xor­na­das car­ga­das de es­pec­tácu­los de to­do ti­po, mú­si­ca na­cio­nal e in­ter­na­cio­nal, or­ques­tras pun­tei­ras no pa­no­ra­ma ga­le­go, ac­ti­vi­da­des pa­ra ne­nos e, den­de lo­go, ta­mén ha­be­rá es­pa­zo pa­ra re­co­ñe­cer os mé­ri­tos dos seus de­por­tis­tas. O co­me­zo xa non es­tá na­da mal, por­que es­ta noi­te se­rá o hu­mor de Tou­ri­ñán o que inau­gu­re os fes­te­xos.

9.00 Soa­rán as pri­mei­ras bom­bas de pa­len­que. Che­ga o mo­men­to de co­me­zar a vi­vir es­tas da­tas con in­ten­si­da­de.

10.30 As dia­nas e al­bo­ra­das co­rre­rán a car­go do Li­ceo de Noia.

13.00 A Ala­me­da é un dos pun­tos neu­rál­xi­cos da vi­da noie­sa e, por iso, non é de es­tra­ñar que se­xa ta­mén o lu­gar no que se con­cen­tran boa par­te das ac­ti­vi­da­des que se le­va­rán a ca­bo du­ran­te os vin­dei­ros días. Nes­ta oca­sión tó­ca­lle a vez ao de­por­te, por­que os in­te­gran­tes das es­co­las de tae­kuon­do da So­cie­da­de Li­ceo e do Club ITF ofre­ce­rán un­ha ex­hi­bi­ción.

17.00 A atrac­ción da tar­de pa­ra os ca­ti­vos noie­ses ató­pa­se no Cu­rro. Se­rá nes­te es­pa­zo on­de se co­lo­quen nu­me­ro­sos in­cha­bles, pa­ra que os pe­que­nos te­ñan a opor­tu­ni­da­de de brin­car e quei­mar ener­xías. Os di­ver­ti­men­tos es­ta­rán ope­ra­ti­vos ata as 20.00 ho­ras.

21.30 O ac­tor, pre­sen­ta­dor e hu­mo­ris­ta Tou­ri­ñán aco­de con fre­cuen­cia a Noia e nes­ta oca­sión fa­rao non pa­ra re­pre­sen­tar un­ha fun­ción, se­nón pa­ra dar o pis­to­le­ta­zo inau­gu­ral dos fes­te­xos. Se­gu­ro que a súa co­mi­ci­da­de desata as ri­sas os es­pec­ta­do­res. Den­de o bal­cón da ca­sa con­sis­to­rial, acom­pa­ña­do po­las au­to­ri­da­des lo­cais, di­ri­xi­ra­se ao pú­bli­co.

22.00 Dúas son as or­ques­tras que se en­car­ga­rán de abrir as ver­be­nas das Fes­tas de San Bar­to­lo­meu: Com­bo Do­mi­ni­cano, e Clax­xon. O es­pec­tácu­lo es­tá ser­vi­do, ao igual que a in­vi­ta­ción pa­ra bai­lar.

FO­TO M. CREO

O Com­bo Do­mi­ni­cano ac­tua­rá es­ta noi­te na Ala­me­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.