Ver­be­nas e misas co­pan o pro­gra­ma

As fes­tas que co­me­za­ron on­te coa subida dos san­tos á ca­pe­la da carballeira ce­le­bran o día prin­ci­pal

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada -

Un­ha das ro­ma­rías máis tra­di­cio­nais e an­ti­gas da co­mar­ca é a de San Ra­món de Bealo, que ho­xe se ce­le­bra na carballeira si­tua­da na ci­ta­da pa­rro­quia do mu­ni­ci­pio de Boi­ro e que ca­da ano xun­ta nes­te es­pa­zo mi­llei­ros de per­soas, a maio­ría das ca­les pa­ra go­zar cun xantar nun­ha agra­da­ble pa­ra­xe, e moi­tas ou­tras pa­ra hon­rar e pe­dir fa­vor ao san­to, pro­tec­tor das mu­lle­res em­ba­ra­za­das, pe­ro ao que se atri­búen ou­tros po­de­res. Un­ha das con­di­cións pa­ra ato­par es­pa­zo, si é que aín­da non o te­ñen, é ma­dru­gar.

Es­ta ce­le­bra­ción ten a sin­gu­la­ri­da­de de que ofer­ta un abano de po­si­bi­li­da­des pa­ra pa­sar un­ha agra­da­ble xor­na­da, por­que quen quei­ra fes­ta, ten fes­ta; quen quei­ra som­bra, ten som- bra; que quei­ra fres­co, ten fres­co na bei­ra do río; quen quei­ra bai­le, ten bai­le.

Pro­gra­ma

Pe­ro no que res­pec­ta ao pro­gra­ma fes­ti­vo, as bom­bas de pa­len­que es­per­ta­rán ce­do aos romeiros que de­ci­di­ron acam­par na carballeira e que, de se­gu­ro, alon­ga­ron a noi­te ata o amen­cer. E pa­ra que nin­guén mar­che sen ter es­coi­ta­do un­ha mi­sa na hon­ra de San Ra­món, xa ás oi­to da ma­ñá se ofi­cia­rá a pri­mei­ra, á que se­gui­rán ou­tras con­se­cu­ti­va­men­te, de ho­ra en ho­ra, ata as 13.00, can­do em­pe­ce a eu­ca­ris­tía can­ta­da, no cam­po da fes­ta, e a pro­ce­sión. Des­pois, ata as 21.00 ho­ras, coa mi­sa de des­pe­di­da dos romeiros, non ha­be­rá máis ac­tos re­li­xio­sos.

Ao lon­go da carballeira, a cha- ran­ga Mi­ló e o gru­po de gai­tas A Vol­ta do Mon­te ani­ma­rán a ro­ma­ría, per­co­rren­do to­dos os cu­rrun­chos nos que ha­xa xen­te.

Xa po­la noi­ti­ña, da­ra­se pa­so á ver­be­na, que es­ta­rá ame­ni­za­da po­las or­ques­tras Ma­gos e Char­les­ton Big Band.

MA­ÑÁ

Co­mo o día gran­de dos fes­te­xos se­gu­ro que pa­sa­rá fac­tu­ra a aque­les que o vi­vi­ron in­ten­sa­men­te, a xor­na­da do ven­res vai ser moi­to máis tran­qui­la, pe­ro non fal­ta­rán as obri­ga­das bom­bas de pa­len­que. Es­te día es­ta­rá de­di­ca­do a San Ro­que, po­lo que, ás 12.30, ce­le­bra­ra­se un­ha mi­sa can­ta­da á que se­gui­rá un­ha pro­ce­sión. A ver­be­na es­ta­rá ame­ni­za­da po­las or­ques­tras Ga­li­lea e New York, e es­pé­ra­se un­ha boa asis­ten­cia.

FO­TO DA­NI GESTOSO

A ca­pe­la én­che­se de fieis con mo­ti­vo da ce­le­bra­ción da mi­sa so­lem­ne

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.