Muí­ños des­ve­la o se­gre­do do éxi­to da fes­ta

O re­xe­dor re­la­cio­na o se­gre­do do éxi­to des­ta fes­ta cos di­ver­sos es­pec­tácu­los mu­si­cais

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - A. PA­RA­DA

Se­ría prac­ti­ca­men­te im­po­si­ble que Adol­fo Muí­ños, al­cal­de de Rianxo, ob­via­se o re­le­van­te pa­pel que xo­ga a música no trans­cur­so das fes­tas da Gua­da­lu­pe. E re­for­zar ese es­pí­ri­to for­mou par­te sem­pre do seu pro­xec­to pa­ra es­ta ci­ta, así co­mo a apos­ta po­la im­pli­ca­ción dos ve­ci­ños de dis­tin­tas ida­des na or­ga­ni­za­ción das ce­le­bra­cións.

— ¿Cal cre que é a ex­pli­ca­ción de que ca­da ano as fes­tas da Gua­da­lu­pe atraian a tan­ta xen­te a Rianxo?

—Fa­la­mos dun­ha fes­ta cun­ha fór­mu­la de éxi­to que non hai que mu­dar moi­to pa­ra re­co­ller to­dos eses lo­gros de­mos­tra­dos. Creo que a música é un com­po­ñen­te fun­da­men­tal, pe­ro gra­zas ao ir acom­pa­ña­da do bai­le. Men­tres a di­ná­mi­ca dos es- pec­tácu­los ac­tuais é máis vi­sual, aos rian­xei­ros non lles va­le só coa me­ra ilu­mi­na­ción. Aquí va­ló­ran­se moi­to as ban­das po­pu­la­res que sem­pre te­ñen o seu oco en ca­da pra­za e nos pa­sa­rrúas. As or­ques­tras con­ver­ten a pra­za de Cas­te­lao nun­ha gran pis­ta de bai­le. Con­ver­ta­mos a vi­la nun con­cer­to.

—Con­ti­nuan­do no sen­so mu­si­cal, ¿ha­be­rá no­vi­da­des?

—A prin­ci­pal se­rá a con­so­li­da­ción dun­ha dé­ca­da coa ci­ta do rock, o Rock in Rian, e de tres anos do fes­ti­val de música. E por su­pos­to, a con­ti­nua­ción do Fei­rón Ma­ri­ñei­ro, on­de da igual o que es­tea a pa­sar na lo­ca­li­da­de por­que to­dos os ve­ci­ños se da­rán ci­ta ás oi­to da tar­de pa­ra go­zar da música po­pu­lar.

—¿Ca­les se­rían os mo­men­tos cla­ve da fes­ta pa­ra vos­te­de?

—Na mi­ña opi­nión que­da­ría­me con dous. O pri­mei­ro, esa es­ce­na do Fei­rón na que to­dos to­can as pe­zas que le­van un anaco da me­mo­ria co­lec­ti­va de Rianxo. O se­gun­do, por su­pos­to, se­ría o mo­men­to da gran can­ta­ta na que se pren­den as ben­ga­las pa- ra can­tar A rian­xei­ra, o se­gun­do himno de Ga­li­cia.

— Fa­le­mos da van­gar­da da fes­ta, ¿cal con­si­de­ra que é o pe­so da co­mi­sión e ve­ci­ños?

—É fun­da­men­tal. Den­de o Con­ce­llo se­ría im­po­si­ble asu­mir to- do ese tra­ba­llo co­lec­ti­vo. Ade­mais, hai que des­ta­car a in­te­gra­ción de pro­pos­tas coa xu­ven­tu­de, a tra­vés dos xo­gos que te­rán lu­gar o luns. Por iso, ou­tro dos gran­des acer­tos foi a in­cor­po­ra­ción das pe­ñas na or­ga­ni­za­ción, pa­ra unir e con­vi­vir. A fór­mu­la de fu­sión en­tre co­mi­sión e jua­da­lu­pe­ñas pre­vé o ne­ce­sa­rio re­le­vo xe­ra­cio­nal, pa­ra que a fes­ta con­ti­núe a ter un fu­tu­ro.

—¿Cre que lle fal­ta al­go á Gua­da­lu­pe ou que po­de­ría ter es­pa­zo pa­ra máis ac­ti­vi­da­des?

—Non é tan­to o que lle fal­ta se­nón co­mo se po­de com­ple­men­tar con máis cou­sas. Qui­zais hou­be­ra si­tio pa­ra un­ha ac­tua­ción es­te­lar, co­mo se fa­cía no pa­sa­do, pe­ro sen mu­dar na­da do que xa es­tá. Es­te po­de­ría ser un bro­che a maio­res, do que fa­lan al­gun­has per­soas, pe­ro non de for­ma ma­si­va.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.