Xi­xí re­za pa­ra que non cho­va na Gua­da­lu­pe

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - P. CALVEIRO

Ramón Igle­sias, Xi­xí, é to­da un­ha ins­ti­tu­ción en Rianxo. Non en van, le­va den­de que che­gou a de­mo­cra­cia or­ga­ni­zan­do a fes­ta que pa­ra­li­za a to­do un mu­ni­ci­pio, na ho­me­na­xe á súa Moreniña. O pre­si­den­te da co­mi­sión bo­tou moi­tos anos nun­ha em­pre­sa de cons­tru­ción, pe­ro den­de que es­tá xu­bi­la­do pa­sa o ano pen­san­do nes­ta se­ma­na.

—Bo­tan­do a vis­ta atrás, ¿re­cor­da que o le­vou a in­vo­lu­crar­se na co­mi­sión da Gua­da­lu­pe?

—Da­que­la xa an­da­ba­mos me­ti­dos na Fes­ta do Carme. Can­do en­trou Bra­vo Friei­ro co­mo al­cal­de pe­díu­no­lo por­que non ha­bía quen axu­da­ra pa­ra a Gua­da­lu­pe.

—Ese é un pro­ble­ma que ho­xe es­tá á or­de do día, o de que as fes­tas de sem­pre non ato­pen xen­te pa­ra co­ller o re­le­vo na or- ga­ni­za­ción das ce­le­bra­cións...

—É que cos­ta tra­ba­llo, ca­da vez máis, por­que hai que fa­cer­lle fron­te aos gas­tos e hai moi­to que xun­tar e moi­to que tra­ba­llar. Na Gua­da­lu­pe, por sor­te, hai con­ti­nui­da­de, por­que te­mos un­ha co­mi­sión no­va e máis es­tán aí as pe­ñas, que es­tán fun­cio­nan­do ben en­tre a xen­te no­va.

—Per­soal­men­te, ¿que o mo­veu pa­ra in­vo­lu­crar­se?

—Eu xa es­ti­ven nou­tras co­mi­ti­vas e gús­tan­me as fes­tas co­mo a ou­tro lle gus­ta a pes­ca, ir ca­zar ao mon­te ou ou­tra cla­se de pa­sa­tem­po. E gús­ta­me or­ga­ni­zar fes­tas de sem­pre, xa de ra­paz fa­cía­nos na hor­ta da mi­ña tía a Se­ma­na San­ta. En xe­ral, gús­ta­me po­ñer o meu graí­ño de area e fa­cer cou­sas po­lo meu po­bo.

—En to­dos es­tes anos te­rá moi­tas anécdotas que con­tar...

—Hai al­gun­ha. Por exem­plo, dun­ha vez que veu Fer­nán­dez Al­bor, que era o pre­si­den­te da Xun­ta, xus­to se nos en­car­tou o pal­co da or­ques­tra de tan­to que cho­vía. E hou­bo ou­tras que non que­rían to­car tam­pou­co po­lo mal tem­po que fa­cía. To­dos son pro­ble­mas que se van es­que­cen­do.

—¿Sé­gue­lle re­zan­do á vir­xe pa­ra que non cho­va nas fes­tas?

—To­dos os días. Hai ve­ces que nos aten­de e ou­tras non. Nes­tes mo­men­tos au­ga fa­cía fal­ta, pe­ro po­de aguan­tar un pou­qui­ño máis. Que ve­ña des­pois da Gua­da­lu­pe, ou an­tes.

—¿Cal é o mo­men­to das fes­tas no que máis ner­vios pa­sa?

—O que máis in­tran­qui­lo me ten é o de xun­tar o ca­pi­tal, pe­ro ta­mén me preo­cu­pa que lle poi­da pa­sar al­go á vir­xe na pro­ce­sión marítima e que ha­xa cal­que­ra ti­po de in­ci­den­te coas ben­ga­las.

—Xa que fa­la do ca­pi­tal, ¿res­pon­de­ron ve­ci­ños e em­pre­sas?

—Co­ma sem­pre, máis ou me­nos. En xe­ral, foi ben.

FO­TO CREO

Ramón Igle­sias di que den­de neno lle gus­tou or­ga­ni­zar fes­tas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.