Rianxo vol­ve en­trar na cáp­su­la do tem­po pa­ra tras­la­dar­se ao 1917

Música, tra­di­ción e ar­te­sa­nía dan­se a man na xor­na­da máis xe­nuí­na

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Feirón Mariñeiro - M. GÓ­MEZ

Ca­mi­sa bran­ca, lis­ta. Pan­ta­lón azul (ou saia e man­dil, se­gun­do o ca­so), lis­to. Cin­to de boias ben ama­rra­do ao ta­lle, lis­to. Son as do­ce do xo­ves da Gua­da­lu­pe, Rianxo es­pre­guí­za­se e, pou­co a pou­co, os ve­ci­ños uni­for­ma­dos co­llen camiño ca­ra o Ca­bo da Vi­la. Es­te é o ri­tual que ca­da ano se­guen os rian­xei­ros, un ri­tual que non é cal­que­ra cou­sa, se­nón o pa­so pre­vio im­pres­cin­dí­bel pa­ra in­tro­du­cir­se na cáp­su­la do tem­po que os tras­la­da­rá ao pa­sa­do. Rianxo via­xa des­ta vez ao 1917 du­ran­te 24 ho­ras pa­ra vi­vir con in­ten­si­da­de un­ha no­va edi­ción do Fei­rón Ma­ri­ñei­ro.

Se se lle pre­gun­ta aos ve­ci­ños da vi­la po­las ac­ti­vi­da­des do xo­ves da Gua­da­lu­pe, un­ha am- pla por­cen­ta­xe res­pon­de­rá que se tra­ta da xor­na­da máis xe­nuí­na das ce­le­bra­cións. Por­que aos rian­xei­ros o que lles gus­ta é vi­vir as fes­tas na rúa e ni­so, pre­ci­sa­men­te, con­sis­te o Fei­rón. O seu se­gre­do pa­ra re­unir a ca­da vez máis xen­te ao re­dor das rúas do Ca­bo da Vi­la non é (ou non só) a fei­ra de ar­te­sa­nía con pre­to dun cen­to de postos que ocu­pan as rúas con pro­du­tos de to­do ti­po; nin o fei­to de con­tar con Cé Or­ques­tra Pan­tas­ma re­co­rren­do a lo­ca­li­da­de e ani­man­do a pe­que­nos e maio­res den­de a ma­ñá ata a tar­di­ña; nin se­que­ra a ac­tua­ción de bai­le e música tra­di­cio­nal que ofre­ce­rá Xil­bar­bei­ra nin a Noi­te Folk.

O se­gre­do do éxi­to do Fei­rón Ma­ri­ñei­ro é a im­pli­ca­ción dos ve­ci­ños, non só por­que vis­tan o uni­for­me ofi­cio­so bran­co e azul, se­nón por­que se botan á rúa e cantan, bai­lan, mer­can e ven­den nos postos da fei­ra, co­men e be­ben, brin­dan, rin, to­can can­cións po­pu­la­res e, so­bre to­do, go­zan da com­pa­ña da fa­mi­lia e dos ami­gos.

No­va tra­di­ción

E ta­mén en­toan A rian­xei­ra, sen or­ques­tras, só coas súas vo­ces e coa música dos gru­pos de gai­tei­ros que du­ran­te to­do o día lle po­ñen ban­da so­no­ra ao Fei­rón Ma­ri­ñei­ro e se xun­tan pa­ra arrin­car dos seus ins­tru­men­tos o himno da vi­la traí­do da Ar­xen­ti­na.

A tra­di­ción é cur­ta, co­me­zou hai ape­nas uns anos, pe­ro xur­diu de for­ma es­pon­tá­nea e iso é ga­ran­tía de fu­tu­ro. Sal­vo ca­tás­tro­fe, o xo­ves, un ano máis, to­da a ve­ci­ñan­za se uni­rá aos gai­tei­ros nos xar­díns da Ri­bei­ra pa­ra can­tar A rian­xei­ra e des­pe­dir­se ata vol­ver ver­se as ca­ras no 1918.

FO­TO CARMELA QUEIJEIRO

O ho­me or­ques­tra vol­ve­rá a ani­mar as rúas do Ca­bo da Vi­la coa súa música

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.