Pi­ñei­ro sem­pre se in­vo­lu­crou na festa

O re­xe­dor po­bren­se pre­pá­ra­se pa­ra un­ha nova edi­ción da gran ce­le­bra­ción mul­ti­tu­di­na­ria da vi­la que che­ga mar­ca­da po­lo re­for­zo da apos­ta mu­si­cal lo­cal

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - A. PA­RA­DA

Oman­da­ta­rio po­bren­se, Xo­sé Lois Pi­ñei­ro, afron­ta un­ha nova edi­ción das fes­tas do Na­za­reno que es­ta­rá mar­ca­da po­lo re­for­zo do pro­xec­to mu­si­cal ini­cia­do den­de que to­mou as ren­das do Con­ce­llo e po­la me­llo­ra or­ga­ni­za­ti­va da ci­ta.

— ¿Co­mo es­tá a vi­vir es­tes días pre­vios á festa por ex­ce­len­cia da vi­la po­bren­se?

—Con moi­ta ilu­sión de que to­do saia ben e non se pro­du­za nin­gún in­ci­den­te de cal­que­ra ti­po. É un­ha festa es­pec­ta­cu­lar, di­fe­ren­te a cal­que­ra ou­tra. Sen em­bar­go, é ne­ce­sa­ria moi­ta pre­pa­ra­ción pre­via. Hai un tra­ba­llo in­xen­te re­la­ti­vo á or­ga­ni­za­ción das ba­rra­cas, da fei­ra e dos pos­tos de co­mi­da. Ca­da ano ten­ta­mos me­llo­rar máis a or­ga­ni­za­ción, pe­ro é com­pli­ca­do.

—En­tón, en­ten­do que o pa­pel das co­mi­sións é vi­tal, ¿non?

—Por su­pos­to. O per­co­rrer por­ta por por­ta to­da a vi­la é un­ha la­bor du­ra e sem­pre hai que agra­de­ce­lo. Pe­ro es­te ano te­mos un­ha ma­la noticia, non vai ha­ber co­mi­sión da tra­ca da Co­ve­cha. Sen em­bar­go, iso non que­re di­cir que a tra­ca fi­nal vaia a dei­xar de exis­tir, que que­de cla- ro, en­car­ga­ra­se a pro­pia co­mi­sión de fes­tas.

—¿Que nos te­ñen pre­pa­ra­do de me­nú mu­si­cal es­te ano? Creo que esa so­bre­me­sa trae pre­goei­ra in­cluí­da.

—Ato­pa­ré­mo­nos cun con­cer­to di­fe­ren­te no que pre­do­mi­na­rán as ban­das lo­cais, coa ac­tua­ción de Ca­ras B e Eléc­tri­ca. Ade­mais, es­te ano Thais Ro­di­ño se­rá a pre­goei­ra, xa que que­ría­mos re­co­ñe­cer to­do o éxi­to que ga­ñou esa voz ex­tra­or­di­na­ria. Por ou­tro la­do, ha­be­rá moi­tos con­cer­tos de ban­das de mú­si­ca e, por su­pos­to, a da Pobra. De ca­ra a vin­dei­ras ci­tas, que­re- mos im­pul­sar maior va­rie­da­de mu­si­cal e cre­mos que se­ría in­tere­san­te cam­biar o pro­gra­ma.

—¿Cre que o Na­za­reno con­ten­ta a fieis e non cren­tes por igual ou hai di­fe­ren­zas?

—A xen­te non cren­te asu­me es­tas fes­tas co­mo ese com­po­ñen­te que se da no Na­dal e sem­pre hai que vi­vir con res­pec­to as ce­le­bra­cións re­li­xio­sas. Por exem­plo, a pro­ce­sión das mor­ta­llas é un even­to ex­tra­or­di­na­rio, das máis im­por­tan­tes en to­da Ga­li­cia den­de o sécu­lo XV. Sem­pre con­to que can­do era pe­queno era o úni­co día que mi­ra­ba á ven­tá e vía a no­sa rúa chea.

«Con­ta­re­mos cun gran nú­me­ro de axen­tes»

Un dos as­pec­tos que máis se ti­vo en con­ta den­de o exe­cu­ti­vo mu­ni­ci­pal que li­de­ra Xo­sé Lois Pi­ñei­ro, de ca­ra a es­ta edi­ción do Na­za­reno, foi a de or­ga­ni­zar un po­ten­te dis­po­si­ti­vo de se­gu­ri­da­de, pa­ra pre­vir cal­que­ra ac­ci­den­te ou tra­xe­dia nun­ha das fes­ti­vi­da­des re­li­xio­sa máis im­por­tan­te do te­rri­to­rio ga­le­go.

—¿Re­pe­ti­rán o es­que­ma an­te­rior do dis­po­si­ti­vo de se­gu­ri­da­de des­pre­ga­do?

—Or­ga­ni­za­mos un­ha xun­ta de se­gu­ri­da­de en pre­vi­sión de evi­tar cal­que­ra la­men­ta­ble ac­ci­den­te que poi­da oco­rrer. Es­ta­ble­ce­re­mos un blo­queo con vehícu­los pa­ra pro­te­xer gran­des ac­tos co­mo a pro­ce­sión. Xa o ti­ña­mos pen­san­do an­tes de que ti­ve­sen lu­gar os aten­ta­dos en Bar­ce­lo­na, por tra­tar­se dun­ha vía prin­ci­pal.

—¿Ha­be­rá re­for­zo de axen­tes e vo­lun­ta­rios?

—Con­ta­re­mos cun gran nú­me­ro de axen­tes. E te­re­mos co­la­bo­ra­ción da Po­li­cía Lo­cal tan- to de Boi­ro co­mo de Rian­xo. Ta­mén che­ga­rán vo­lun­ta­rios do mu­ni­ci­pio boi­ren­se.

— Días com­pli­ca­dos pa­ra apar­car, ¿al­gún con­se­llo?

—En pri­mei­ro lu­gar, gus­ta­ría­me pe­dir­lle aos ve­ci­ños que dei­xen o co­che na ca­sa e ca­mi­ñen ata a festa. Nes­tas da­tas sem­pre hai que an­dar un pou­co máis, pe­ro re­co­men­do que se te­ña en con­ta a zo­na do pei­rao e des­pois ha­be­rá ou­tras áreas co­mo a da rúa Ve­ne­cia ou o pa­seo dos Areos. Ade­mais, es­te ano vol­ve­mos a so­li­ci­tar co­la­bo­ra­ción a Ga­dis pa­ra que dei­xe o apar­ca­men­to aber­to po­las noi­tes.

—¿Con­si­de­ra que es­ta ci­ta dei­xa pe­ga­da eco­nó­mi­ca?

—Sen dú­bi­da, a re­per­cu­sión máis for­te ten lu­gar no sec­tor da hos­ta­le­ría e o da ho­te­le­ría. Es­te efec­to pó­de­se dar ta­mén, en me­nor me­di­da, nas ven­tas do co­mer­cio, xa que hai re­xis­tros de ata 40.000 per­soas. Por exem­plo, na pra­za de abas­tos é das me­llo­res da­tas do ano.

O al­cal­de po­bren­se go­za co­ma un ca­ti­vo de

FO­TO M. CREO

par­tes des­ta festa co­mo os lu­mes de ar­ti­fi­cio

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.