«O pro­xec­to máis emotivo sem­pre se­rá o que es­tá por vir»

Su­so San­ta­ma­ría Pro­mo­tor cul­tu­ral San­ta­ma­ría im­pul­sa in­tere­san­tes ini­cia­ti­vas pa­ra mo­ti­var o pú­bli­co

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - NA­TA­LIA CAROU

Su­so San­ta­ma­ría é un­ha per­soa no­bre e de­sin­te­re­sa­da. Fa­la­dor e re­fle­xi­vo. Chá­man­lle o «ho­me das es­ta­tuas». A sa­la Pou­sa­da das Áni­mas, en Boi­ro, es­tá flan­quea­da por dúas im­pre­sio­nan­tes es­ta­tuas de bron­ce en ho­me­na­xe a dous gran­dí­si­mos ar­tis­tas des­te país, Xa­vier Krahe e Fran Narf.

—Por que es­tes dous ar­tis­tas pa­ra de­di­car­lles es­ta ho­me­na­xe?

—Ade­mais de ter a sor­te de po­der con­ta­los en­tre as mi­ñas ami­za­des, os dous ti­ñan un mes­mo fin, que era me­llo­rar o mun­do a tra­vés da súa ar­te, sen gran­des dis­cur­sos, mos­tran­do que as cou­sas im­por­tan­tes con­sé­guen­se pe­le­xan­do to­dos os días. As es­ta­tuas es­tán aí pa­ra pór en va­lor o seu tra­ba­llo e po­der ins­pi­rar ou­tros fu­tu­ros ar­tis­tas no ca­mi­ño que eles tra­za­ron: crear ilu­sión, em­pa­tía, me­nos ma­chis­mo, me­nos ra­cis­mo, me­nos mu­ros e máis aper­tu­ra. Por­que a ar­te ali­men­ta a no­sa sen­si­bi­li­da­de e con iso só ve­ñen cou­sas po­si­ti­vas.

—De­fí­ne­te nun par de pa­la­bras.

—Máis que de­fi­nir­me, pen­so que o máis im­por­tan­te é co­ñe­cer­se a un mes­mo, por­que ao fi­nal se­rán os teus ac­tos os que te de­fi­nan. Iso si, pe­lé­xoo to­do ata o fi­nal, pa­ra ben ou pa­ra mal, e lo­go si­go o meu ca­mi­ño dis­pos­to a vol­ver a em­pe­zar. A vi­da é iso: un ca­mi­ño in­ter­mi­na­ble e non sem­pre en li­ña rec­ta.

—En que mo­men­to de­ci­des dar o pa­so pa­ra desen­vol­ver­te co­mo pro­mo­tor cul­tu­ral e cal foi o des­en­ca­dean­te des­ta de­ci­sión?

—Ao meu ver, non hou­bo un des­en­ca­dean­te, se­nón un­ha su­ce­sión de ac­tos ao lon­go de va­rios anos: os amen­ce­res la­ti­nos, a Fes­ta Cu­ba­na, os fes­ti­vais de sal­sa, de jazz, de con­tos, de rock, de poe­sía... Su­po­ño que me ali­men­to de re­tos, de tras­la­dar to­do o que vi­vín á mi- ña co­mar­ca.

—Un­ha in­tere­san­te ini­cia­ti­va trou­xo ata a co­mar­ca os Ver­muts Mu­si­cais na épo­ca es­ti­val. Po­de­rías con­tar­nos, po­lo miú­do, en que con­sis­te es­te pro­xec­to e cal vai ser, ao teu ver, o seu fu­tu­ro pró­xi­mo?

—Os Ver­muts Mu­si­cais xur­di­ron de for­ma na­tu­ral, a ba­se de pro­gra­mar na Pou­sa­da, que é pa­ra min co­mo un la­bo­ra­to­rio. Hai que es­tar pen­san­do con­ti­nua­men­te na ma­nei­ra de mo­ti­var o pú­bli­co. Así que, pen­san­do no fu­tu­ro, ti­rei de lem­bran­zas, da­que­las «se­sións-ver­mut» de can­do era neno, na Fra­ma ou na Gol­den Fish, des­pois da mi­sa. Pen­sei que se o pú­bli­co non vén á Pou­sa­da, pois iría­mos alí on­de es­tea o pú­bli­co, nun ho­ra­rio on­de to­do o mun­do pui­de­se par­ti­ci­par. Ver fa­mi­lias en­tei­ras dis­fru­tar da música, se­guir crean­do ese há­bi­to de con­su­mo de cul­tu­ra, axu­da ta­mén a po­si­cio­nar a co­mar­ca co­mo un des­tino tu­rís­ti­co atrac­ti­vo, non só po­la gas­tro­no­mía, po­la pai­sa­xe ou os mo­nu­men­tos, se­nón ta­mén por al­go vi­vo e sem­pre ac­tual. E o fu­tu­ro des­te pro­xec­to es­tá en sa­ber­mos con­so­li­da­lo e me­llo­ra­lo, en ga­ran­tir a súa con­ti­nui­da­de no tem­po.

—Os ini­cios des­te pro­xec­to cul­tu­ral trou­xé­ron­che máis pe­nu­ria eco­nó­mi­ca que gloria. A fal­ta de axu­das e apoio eco­nó­mi­co por par­te das ins­ti­tu­cións pro­vo­cá­ron­che múl­ti­ples que­bra­ca­be­zas, pe­ro lon­xe de afas­tar­te das túas ideas in­no­va­do­ras e, eu di­ría, re­vo­lu­cio­na­rias, su­pu­xe­ron un for­te re­vul­si­vo pa­ra a túa in­ten­ción de ache­gar a música á rúa, á xen­te, aos ne­nos. Cal foi pa­ra ti o pro­xec­to máis emotivo ata o de ago­ra?

—O pro­xec­to máis emotivo sem­pre se­rá o que es­tá por vir. Eu ilu­sió­no­me moi­to con to­dos os que em­pren­do, pe­ro un­ha vez re­ma­ta­do, xa es­tou a pen­sar no se­guin­te.

—Qué es­tás a pro­gra­mar nes­te in­tre, cal é o teu novo pro­xec­to?

—Po­la mi­ña ca­be­za sem­pre pu­lu­lan moi­tos pro­xec­tos que con­vi­ven e se so­la­pan. Ago­ra mes­mo, fa­cer un­ha re­si­den­cia de ar­tis­tas no Bar­ban­za se­ría un pro­xec­to moi in­tere­san­te, pe­ro as ideas te­ñen vi­da pro­pia, te­ñen que es­pe­rar o seu mo­men­to e que as con­di­cións se­xan fa­vo­ra­bles.

—Que per­so­na­xe de to­dos os que pa­sa­ron po­la Pou­sa­da lem­bras con máis aga­ri­mo?

—Qui­co Ca­da­val é pa­ra min un­ha das per­soas máis in­tere­san­tes que ti­ven a sor­te de co­ñe­cer e po­der ver ac­tuar na Pou­sa­da. Só un­has pa­la­bras con el (se che dei­xa fa­lar) e xa te das con­ta de que te ato­pas dian­te dun­ha men­te pri­vi­le­xia­da. Gús­ta­me moi­to co­mo den­de o co­ñe­ce­men­to, o es­tu­do, che­ga ao hu­mor, se ri de to­do e nos fai rir con to­do o que to­ca e di. Ou­tro dos ar­tis­tas que per­so­ni­fi­ca os va­lo­res que ad­mi­ro é Die­go Gar­cía Ro­drí­guez, que loi­tou, loi­ta e loi­ta­rá por vi­vir a súa pai­xón po­la música, dei­xan­do atrás ami­gos e fa­mi­lia, cren­do sen do­bre­ces en si mes­mo. Es­tas son as per­soas im­por­tan­tes pa­ra min, as que pe­le­xan den­de un prin­ci­pio pa­ra sa­ca­ren adian­te os seus pro­xec­tos, os seus ideais, e in­fluí­ren po­si­ti­va­men­te nun­ha so­cie­da­de moi ne­ce­si­ta­da de va­lo­res, co­ma o com­pro­mi­so, a te­na­ci­da­de e o sa­cri­fi­cio pa­ra le­var­mos a bo porto to­do aqui­lo que so­ña­mos.

—Pa­ra­béns, Su­si­ño, que sor­te tes ca­ra­llán! Que ben vi­ves…

El con­tes­ta cun­ha sor­te de so­rri­so, non exen­to de iro­nía, pe­ro eu ve­xo a res­pos­ta no fon­do dos seus ollos man­sos. —Sor­te?, si, cla­ro, de­be ser iso, cam­pión …

ILUS­TRA­CIÓN ABRAL­DES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.