Re­bel­de con cau­sa e ta­mén sen cau­sa

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada -

Su­so San­ta­ma­ría na­ceu en­tre fo­góns e alei­tou­se no te­to da hos­ta­le­ría. Ama­sou os mio­los da súa in­fan­cia no seo dun­ha fé­rrea fa­mi­lia de lon­xa tra­xec­to­ria hos­ta­lei­ra, na que me­drou co­mo em­pre­sa­rio a gol­pe de so­pa­pos de man de mi­llo e ma­dru­ga­das de olor a ca­fé con ca­ña.

Re­bel­de con cau­sa e ta­mén sen cau­sa. Tra­ba­llou co­mo ca­ma­rei­ro, co­ci­ñei­ro e pro­fe­sor de bai­le. Pu­xo en mar­cha a primeira Aso­cia­ción de Hos­ta­la­ría do Bar­ban­za e arran­cou con va­rios ne­go­cios de hos­ta­la­ría den­tro e fó­ra da no­sa co­mar­ca.

Po­la súa sa­la pa­sa­ron mul­ti­tu­de de ar­tis­tas, per­soas re­le­van­tes co­ma Luís To­sar, Iván Fe­rrei­ro, Gran Wyo­ming, Xoel Ló­pez, An­drés Suá­rez, De Pe­dro, Ba­rahún­da ou Car­los Blan­co, máis de 2.400 ac­tua­cións en 24 anos de vi­da da Pou­sa­da...

Des­pois dun­ha lon­ga tra­xec­to­ria co­mo em­pre­sa­rio de hos­ta­le­ría, cen­tra a súa vi­da na pro­mo­ción cul­tu­ral. Música, teatro, pin­tu­ra, li­te­ra­tu­ra, to­das as ar­tes te­ñen ca­bi­da no cá­li­do es­ce­na­rio da Pou­sa­da das Áni­mas, a súa sa­la. Tan­to que foi o pro­mo­tor dun­ha idea sor­pren­den­te e no­vi­do­sa co­mo é a ga­la de premios Pou­sa­di­ños que xa vai po­la cuar­ta edi­ción, uns premios que ade­mais de re­co­ñe­ce­ren a tra­xec­to­ria dos ar­tis­tas, ve­ñen do­ta­dos cun­ha sig­ni­fi­ca­ti­va ache­ga eco­nó­mi­ca.

Man ten­di­da

Su­so San­ta­ma­ría tén­de­lle a man a to­dos, o que lle re­per­cu­tiu nun me­ri­to­rio re­co­ñe­ce­men­to a tra­vés de premios tan im­por­tan­tes co­mo o Dol­men de Ou­ro 2016 á ini­cia­ti­va em­pre­sa­rial, e o ga­lar­dón Or­ga­nis­trum dos Premios Mar­tín Có­dax da Música 2017 pa­ra a Pou­sa­da das Áni­mas, co­mo a me­llor sa­la de música de Ga­li­cia.

Pe­ro o me­llor pre­mio que re­ci­be é o res­pec­to e ad­mi­ra­ción to­tal por par­te de ache­ga­dos, ami­gos e fa­mi­lia­res e dese gru­po de per­soas que for­man o nú­cleo du­ro da Pou­sa­da, dos que sem­pre se lem­bra á ho­ra dos re­co­ñe­ce­men­tos. Loa sem­pre o te­són dos seus pais por dar­lle a me­llor educación, por sa­cri­fi­car­se e con­se­guir que tan­to el co­ma os seus ir­máns pui­de­sen afron­tar a vi­da sen lí­mi­tes, coa cren­za de que que­rer é po­der, pois non hai me­llor her­dan­za que a de po­der crer nun mes­mo.

Pe­se a to­do, sem­pre hai quen ig­no­ra os seus es­for­zos ou ben lle dá un­ha pal­ma­di­ña pa­ra fe­li­ci­ta­lo po­la súa ex­ce­len­te tra­xec­to­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.