O Por­tus Apos­to­li bai­xo a Mi­tra com­pos­te­lá

Os ve­ci­ños da vi­la ví­ron­se obri­ga­dos a pa­gar nu­me­ro­sos im­pos­tos

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - XERARDO AGRAFOXO

A ab­sor­ción pro­gre­si­va das te­rras de Noia por par­te da Mi­tra pro­vo­cou que os ve­ci­ños ti­ve­sen que pa­gar nu­me­ro­sos im­pos­tos. Os que se abo­na­ban re­la­cio­na­dos coa gue­rra eran tres: Fon­sa­do (obri­ga de pre­sen­tar­se ar­ma­dos can­do fo­se ne­ce­sa­rio), fon­sa­dei­ra (tri­bu­to que pa­ga­ban al­gun­has per­soas que non po­dían ir á gue­rra) e anub­da (obri­ga de re­pa­rar os cas­te­los e for­ta­le­zas dos ar­ce­bis­pos).

Pa­ra axu­dar­lles aos se­ño­res a coidar as súas te­rras, que lles fo­ran ce­di­das pa­ra con­tro­lar e co­lo­ni­zar o te­rri­to­rio, es­ta­ble­ceu­se a fa­cen­dei­ra, po­lo cal o va­sa­lo se com­pro­me­tía a un día de axu­da nas ta­re­fas agrí­co­las.

Tres im­pos­tos in­di­ca­ban o po­de­río do se­ño­río so­bre as per­soas: goi­sa (tri­bu­to que se sa­tis­fa­cía can­do a un súb­di­to lle na­cía un fi­llo), os­sa (pa­gá­ba­se con ca­be­zas de gan­do can­do ca­sa­ba un fre­gués) e luc­tuo­sa (im­pú­ña­se ao mo­rrer un va­sa­lo). Ta­mén exis­tía a be­ne­fey­tu­ría (can­ti­da­de a aboar po­la pro­tec­ción que os ve­ci­ños re­ci­bían dos se­ño­res de San­tia­go) e o yan­tar ou obri­ga de dar­lles ali­men­to ao ar­ce­bis­po e ao seu sé­qui­to can­do vi­si­ta­ban a zo­na.

Cin­co tri­bu­tos

Pa­ra que non hou­be­se dú­bi­das so­bre o po­der da Mi­tra so­bre as te­rras bai­xo o seu do­mi­nio, hou­bo cin­co tri­bu­tos: Fu­mal­ga (ca­non que se pa­ga­ba po­la ca­sa e fin­ca que se ex­plo­ta­ban), ma­ñe­ría (as te­rras dos que mo- rrían sen su­ce­sión pa­sa­ban ao se­ñor feu­dal), mon­taz­go (tri­bu­to por co­ller le­ña nos mon­tes do se­ño­río), her­bá­ti­co (im­pos­to por re­co­ller her­ba e pas­tar nos cam­pos da Igre­xa xacobea) e por­tá­de­go (gra­va­me po­lo em­pre­go de mon­tes ou ca­mi­ños pú­bli­cos).

Amais do se­ño­río que exer­cía a Mi­tra, a me­sa ar­ce­bis­pal re­ci­bía un­ha boa par­te das per­cep­cións da Fa­cen­da Real e re­la­cio­na­das co Por­tus Apos­to­li: as dez­mas ou dé­zi­mas do mar era a ta­xa dun 10 % so­bre as mer­ca­do­rías que en­tra­ban e saían del; os de­rei­tos de car­ga ou des­car­ga dos xé­ne­ros na­cio­nais con­sis­tían nun­ha pe­za ou par­te da car­ga des­pra­za­da; os cam­bos ou can­ti­da­de de pei­xes que os ma- ri­ñei­ros pa­ga­ban de ca­da bar­co que traían ao pei­rao. Po­lo mes­mo mo­ti­vo con­cep­tuá­ban­se os que­bra­zos ou res­tos dos nau­fra­xios na cos­ta pró­xi­ma.

Im­pos­tos da Co­roa

No sis­te­ma im­po­si­ti­vo de­pen­den­te da Co­roa es­ta­ban ta­mén os ser­vi­zos (can­ti­da­de fi­xa­da e co­bra­da cun ca­rác­ter ex­tra­or­di­na­rio pa­ra fi­nan­ciar os exér­ci­tos), as al­ca­va­las (gra­va­me do 10% so­bre os in­ter­cam­bios de to­do ti­po de bens co­mer­ciais e pa­ga­das por to­dos os ve­ci­ños, clé­ri­gos e fi­dal­gos) e as dez­mas de sal (re­la­cio­na­das cos in­gre­sos dos al­fo­lís con­tro­la­dos po­lo fis­co real pa­ra que se res­pec­ta­sen os pre­zos e o sub­mi­nis­tro).

Pa­ra ad­mi­nis­tra­ren as súas pro­pie­da­des, a Mi­tra es­co­llía un mor­do­mo (ho­mi­nem ar­chi­epis­co­pi), no­mea­ba o xuíz, má­xi­ma au­to­ri­da­de dos pre­la­dos na vi­la, os xus­ti­zas ou al­cal­des (que eran dous e saían dos seis re­pre­sen­tan­tes da bur­gue­sía ou co­bra­dos) e ou­tros fun­cio­na­rios da ad­mi­nis­tra­ción.

Ma­lia es­te con­trol, a vi­la me­drou men­tres Com­pos­te­la se trans­for­ma­ba gra­zas a cin­co mo­ti­vos: ser me­ta de pe­re­gri­nos, ac­tuar co­mo ca­be­za do se­ño­río máis im­por­tan­te de Ga­li­cia, ter un mer­ca­do a on­de acu­dían os pro­du­tos da súa área de in­fluen­cia, si­tuar­se co­mo cen­tro fi­nan­cei­ro da­dos os seus cuan­tio­sos re­cur­sos, e con­ver­ter­se o Após­to­lo San­tia­go en Pa­tro­ni nos­tri et to­tius or­bis.

Ma­lia o con­trol que ti­vo que so­por­tar, Noia seguiu me­dran­do, men­tres Com­pos­te­la se trans­for­ma­ba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.