Ofi­bio­fo­bia

As ser­pes rea­li­zan im­por­tan­tes fun­cións nos eco­sis­te­mas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - LAU­RA GUTIÉRREZ PE­LA­YO

«Se o ala­crán vi­se e a ví­bo­ra ou­vi­se, non hou­be­ra xen­te que vi­vi­se». Es­te é un dos nu­me­ro­sos re­fráns so­bre ví­bo­ras e ou­tras ser­pes que po­ñen de ma­ni­fes­to o pá­ni­co (ou, po­lo me­nos, o gran res­pec­to) que pro­du­cen na po­boa­ción en xe­ral. Xa na Bi­blia a ser­pe re­pre­sen­ta o de­mo, res­pon­sa­ble de in­tro­du­cir o pe­ca­do no mun­do. Ma­lia a súa ma­la fa­ma, as ser­pes rea­li­zan im­por­tan­tes fun­cións nos eco­sis­te­mas e non, non to­das pro­du­cen tra­ba­das pe­zo­ñen­tas.

Os ofi­dios son, de seu, ani­mais tí­mi­dos e fu­xi­díos. Can­do un­ha ser­pe se ato­pa cun ser hu­mano tra­ta­rá de lis­car e só se es­tá pre­to dos seus ovos fi­ca­rá en gar­da, pro­te­xén­doos. Por iso os seus ata­ques son ra­ros e nor­mal­men­te pro­dú­cen­se por­que sén­ten­se amea­za­das e tra­tan de de­fen­der­se.

Das oi­to es­pe­cies de ser­pes que ha­bi­tan en Ga­li­cia seis son có­bre­gas, inofen­si­vas, e dúas son ví­bo­ras, que son ve­le­no­sas. Pa­ra dis­tin­guir un­ha có­bre­ga dun­ha ví­bo­ra de­be­mos ob­ser­var con aten­ción a ca­be­za e os ollos. As có­bre­gas te­ñen a ca­be­za re­don­dea­da, cu­ber­ta de gran­des es­ca­mas e ollos con pu­pi­las re­don­das. As ví­bo­ras, po­la con­tra, pre­sen­tan un­ha ca­be­za trian­gu­lar ta­pi­za­da de pe­que­nas es­ca­mas e pu­pi­las ver­ti­cais, co­ma as dos ga­tos.

As dúas ví­bo­ras da no­sa co­mu­ni­da­de son a can­tá­bri­ca e a fo­ci­ñu­da. A primeira vi­ve en gran par­te de Ga­li­cia, mais é bas­tan­te di­fí­cil vela xa que é es­pe­cial­men­te es­qui­va. A fo­ci­ñu­da de­be o seu no­me a que a par­te an­te­rior da ca­be­za es­tá re­ma­ta­da nun so­bre­saín­te fu­ci­ño. Es­ta úl­ti­ma é moi pou­co abun­dan­te, e vi­ve nal­gun­has zo­nas de mon­ta­ña da serra do Xu­rés . Am­bas se­gre­gan ve­leno e po­den mor­der, aín­da que os ca­sos de mor­de­du­ra son es­ca­sos (uns 15 ca­da ano).

Có­bre­gas inofen­si­vas

As có­bre­gas son con­si­de­ra­das inofen­si­vas por­que, aín­da que fa­bri­can pe­zo­ña, te­ñen os den­tes ino­cu­la­do­res na par­te tra­sei­ra da man­dí­bu­la. Por tan­to, re­sul­tan le­tais pa­ra as súas pe­que­nas pre­sas, pe­ro non son pe­ri­go­sas pa­ra o ser hu­mano de­bi­do a que non son quen de abrir su­fi­cien­te­men­te a bo­ca co­mo pa­ra tra­bar­nos (a non ser que, nun alar­de de in­sen­sa­tez, in­tro­du­za­mos un de­do na súa bo­ca).

Das seis có­bre­gas, a ra­tei­ra ou co­bre­gón ( Mal­po­lon mons­pes­su­la­nus) é a máis gran­de. As có­bre­gas la­gar­tei­ras ( Co­ro­ne­lla aus­tria­ca e Co­ro­ne­lla gi­ron­di­ca) pre­sen­tan uns pun­tos ma­rróns ro­dea­dos dun bor­do ne­gro. A ser­pe ris­ca­da ( Rhi­ne­chis sca­la­ris) po­súe un in­con­fun­di­ble pa­trón en es­ca­lei­ra. A có­bre­ga de co­lar ( Na­trix na­trix) ex­hi­be no pes­co­zo un co­lar ama­re­lo, e a có­bre­ga vi­pe­ri­na ( Na­trix mau­ra) un­ha li­ña en zig-zag per­co­rren­do o seu lom­bo des­de a ca­be­za á pun­ta da co­la.

Tan­to as ví­bo­ras co­mo as có­bre­gas son car­ní­vo­ras e po­den ali­men­tar­se de ca­se cal­que­ra ani­mal de pe­queno ta­ma­ño, co­mo pei­xes, an­fi­bios, roe­do­res, pa­xa­ros e in­sec­tos, po­lo que as ser­pes evi­tan que che­guen a cons­ti­tuír pra­gas, coas con­se­cuen­cias pa­ra a agri­cul­tu­ra que acom­pa­ñan. A au­sen­cia de ofi­dios prac­ti­ca­men­te ga­ran­te o co­lap­so do eco­sis­te­ma po­la su­per­po­boa­ción das súas pre­sas.

Por ou­tra par­te, as ser­pes son un­ha fon­te de ali­men­to fun­da­men­tal pa­ra moi­tos car­ní­vo­ros, co­mo cu­ru­xas, tei­xu­gos, xa­ba­rís e do­ni­ce­las. Por tan­to, a di­ver­si­da­de de ser­pes é un­ha pe­za fun­da­men­tal pa­ra a boa saú­de dos eco­sis­te­mas. Así que dei­xé­mo­nos de an­dró­me­nas por­que as ser­pes nin hip­no­ti­zan, nin traen ma­los agoi­ros, nin en­car­nan a mal­da­de.

As di­fe­ren­zas en­tre a có­bre­ga (es­quer­da) e a ví­bo­ra es­tán na for­ma da ca­be­za e mais nos ollos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.