Cues­tión de fe

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News -

—Ai meu ho­me! Así ímos­che moi mal!... Se per­des a fe en to­do, non sei que vai ser de ti! Non hai quen te sal­ve! Non fas ca­so do mé­di­co..., non to­mas as men­ci­ñas... E an­das en­ci­ma da per­na. Xa me di­rás! Pen­sas que che vai pa­sar coa au­gar­den­te? Moi ben! Pois alá ti coa túa pa­ra­noia. Non hai peor cou­sa que per­der a con­fian­za nos que sa­ben. Pa­re­ces un re­tra­sa­do! —Ta­mén ti ti­ñas fe no «bar­bas» e, de que che va­leu? Sem­pre fa­la­bas ben de­les pa­ra que os vo­ta­sen e ago­ra, can­do saes, tes que an­dar mi­ran­do po­las es­qui­nas.

—Non me cam­bies de con­ver­sa­ción! —O vo­to é se­cre­to. E eu bo­tei por quen me deu a ga­na! E ti, co­mo non bo­ta­ches, non tes de­rei­to a fa­lar. —No co­ñe­cía a lei que lles prohi­ba fa­lar aos que non vo­tan. Era o que fal­ta- ba! Pe­ro, ago­ra que o dis, non es­ta­ría mal que apro­ba­sen esa lei, on­de compu­tasen os vo­tos en bran­co, os nu­los e mais as abs­ten­cións; e can­do es­tes su­pe­ra­sen o 50 % dos vá­li­dos hou­be­se que ir a un­ha asem­blea cons­ti­tuín­te por­que, se ca­dra, es­te é o desexo dos es­ta­fa­dos.

—Ba... ba­ba­bá! Que en­ten­des ti di­so! Vas dar­lles cla­ses aos pro­fe­sio­nais..., aos que le­van to­da a vi­da na po­lí­ti­ca. Eles son es­tu­da­dos e sa­ben ben o que fan.

—Si...si! Xa se es­tá ven­do. Din que es­tán crean­do em­pre­gos, e a cai­xa de pen­sións vai a me­nos. Ti se­gue coa túa fe, a ver a on­de te le­va. —Pois ti coa túa co­xei­ra non vas a ir moi lon­xe.

—Mi­ra! Ze­nón de Elea di­cía que nun­ha ca­rrei­ra dan­do a vol­ta á Te­rra, en­tre un co­xo e Fi­lí­pi­des, a par­tir da me­ta­de do ca­mi­ño o co­xo sem­pre iría dian­te do atle­ta.

—Si. Moi­ta pa­pi­lla! Xa sei por on­de me vas saír coa túa re­tó­ri­ca. «...y los es­pa­ño­les son mu­cho es­pa­ño­les». É o úni­co que sa­bes di­cir!

—Só che fal­ta per­der a fe en Deus. Ti, pa­ra que pen­sas que es­tu­da­ron os fa­cul­ta­ti­vos? Pa­ra ma­tar a xen­te ou qué? —Non..., non a ma­tan, por­que se que­da­rían sen tra­ba­llo. Igual ca os me­di­ca­men­tos das far­ma­céu­ti­cas, que non cu­ran. Cro­ni­fi­can! Por­que se san­da­sen, per­de­rían clien­tes.

—De que me fa­las, oh...? Ti non ves que ago­ra a xen­te du­ra máis? Can­do vi­ches ti un se­na­dor tra­ba­llan­do ata os cen anos? De aí que au­men­ten a ida­de la­bo­ral...

—Coi­do que ago­ra a xen­te ten o ce­re­bro co­ma o dis­co du­ro de Bár­ce­nas, e ti es un­ha de­las. So­des máis ra­di­cais vós cós xiha­dis­tas do ISIS. —Ai..., iso si que non cho con­sin­to! Xiha­dis­ta se­ra­lo ti e mais o da “co­le­ta”! —Pois en­tre ti, In­da, Mar­huen­da e Losantos, po­dia­des crear a con­fra­ría de don Pa­co, e saír con el na Se­ma­na San­ta. Non que­ro pen­sar no éxi­to que ia­des ter!

Do­min­go Re­guei­ra Na­tu­ral de Pal­mei­ra. Ar­queó­lo­go, acua­re­lis­ta e escritor de na­rra­cións bre­ves.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.