Jer­jes Ja­já

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News -

Pu­xen o tí­tu­lo des­te tex­to sen sa­ber de que fa­lar, así que pi­do des­cul­pas se me sae un­ha par­va­da. Ven­do no ca­nal de His­to­ria un do­cu­men­tal, men­cio­na­ron o rei per­sa Jer­jes e, de sú­pe­to, pen­sei Jer­jes Ja­já. Son ese ti­po de cou­sas ás que os psi­có­lo­gos lles sa­can moi­to par­ti­do des­cu­brin­do aso­cia­cións in­cons­cien­tes, pe­ro a min non me van ese ti­po de so­lu­cións. Me­nos aín­da ne­se ca­so pois era moi evi­den­te que aso­cia­ra Jer­jes con ja­já por­que en vez de Jer­jes o meu in­cons­cien­te (xa ve­des, non hai for­ma de es­ca­par dos psi­có­lo­gos) de­beu oír Je­je. O res­to é ob­vio. Un ti­po co­ma min non po­día dei­xar es­ca­par a opor­tu­ni­da­de de es­cri­bir un tex­to con ese ma­ra­bi­llo­so e ri­so­ño tí­tu­lo. Jer­jes Ja­já.

E con ese tí­tu­lo pa­re­cía cla­ro que te­ría que con­tar al­gun­ha his­to­ria sim­pá­ti­ca so­bre Jer­jes. Cla­ro, pe­ro ta­mén preo­cu­pan­te. A ima­xe crea­da po­los pro­fe­so­res e o ci­ne so­bre os reis da an­ti­güi­da­de fan­nos pen­sar máis en tra­xe­dias que en co­me­dias. Pe­ro o te­mor di­si­pou­se axi­ña. Hai un­ha anéc­do­ta moi sim­pá­ti­ca so­bre Jer­jes que, por ines­que­ci­ble, non tar­dei en re­cor­dar. Du­ran­te a cam­pa­ña na Hé­la­de, or­de­nou cons­truír un­ha pon­te no es­trei­to do He­les­pon­to, pon­te que des­truíu en pou­co tem­po un mar em­bra­ve­ci­do. Jer­jes en­co­le­ri­zou­se e or­de­nou de­ca­pi­tar os en­xe­ñei­ros, pe­ro ta­mén azou­tar o mar e fa­ce­lo pri­sio­nei­ro eter­na­men­te lan­zan­do ca­deas á au­ga.

Hai ne­sa his­to­ria al­go que me cha­ma po­de­ro­sa­men­te a aten­ción. En­ten­do que Jer­jes cas­ti­ga­se os en­xe­ñei­ros por cons­truí­ren un­ha pon­te pou­co re­sis­ten­te a un­has con­di­cións do mar pre­vi­si­bles. O que non en­ten­do é que cas­ti­ga­ra o mar. Se a pon­te era ma­la, o mar cum­priu co seu de­ber e non me­re­cía un cas­ti­go se­nón un pre­mio por ad­ver­ti­lo da in­com­pe­ten­cia dos seus en­xe­ñei­ros. E, se a pon­te era boa, é evi­den­te que o mar ben me­re­cía o cas­ti­go, pe­ro non os en­xe­ñei­ros, pois cum­pri­ron co seu de­ber. En fin. Non sei moi ben que pen­sar so­bre a ca­te­go­ría mo­ral de Jer­jes. O que si sei é que pa­ra que al­gún día eu pui­de­se es­cri­bir un tex­to con es­te tí­tu­lo, Jer­jes ti­ña que azou­tar e en­ca­dear o mar. Co­mo ve­des, Jer­jes Ja­já non é nin­gun­ha par­va­da. Así que... Je je Ja ja.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.