To­dos so­mos pi­ró­ma­nos?

É ne­ce­sa­rio mu­dar as po­lí­ti­cas fo­res­tais e de­ter a fu­xi­da ca­ra adian­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - XULIO GUTIÉRREZ

Hai vin­te anos que ve­ño ex­pli­can­do as di­fe­ren­zas en­tre cau­sas, cir­cuns­tan­cias e for­mas de ig­ni­ción dos in­cen­dios fo­res­tais. An­te a con­fu­sión con­cep­tual crea­da por al­gúns opi­na­do­res, cu­ña­dos e tu­tó­lo­gos, vaia un­ha vez máis.

As cau­sas de fon­do son re­mo­tas: un­ha pro­fun­da trans­for­ma­ción da pai­sa­xe ru­ral des­de fi­nais do sécu­lo XIX e prin­ci­pios do XX de­bi­da ao éxo­do da po­boa­ción ru­ral ca­ra ás ci­da­des e vi­las. A am­plí­si­ma re­fo­res­ta­ción nos anos 50 e 60 con es­pe­cies de cre­ce­men­to rá­pi­do (prin­ci­pal­men­te pi­ñei­ros e eu­ca­lip­tos) que an­tes eran mon­te aber­to, mon­te bai­xo e pas­tos. Prác­ti­ca que se man­tén na ac­tua­li­da­de.

A acu­mu­la­ción de in­men­sas can­ti­da­das de bio­ma­sa nas plan­ta­cións fo­res­tais, tan­to en ár­bo­res co­mo en ma­to­guei­ra que xa nin­guén uti­li­za. Ollo, as es­pe­cies pi­ro­fi­tas co­mo pi­ñei­ros e eu­ca­lip­tos non cau­san in­cen­dios, pe­ro mag­ni­fi­can os lu­mes que os atin­xen.

A pro­gre­si­va eli­mi­na­ción do bos­que au­tóc­tono (bos­que ver­da­dei­ro) subs­ti­tuí­do por plan­ta­cións fo­res­tais (que non son real­men­te bos­ques). Du­ran­te moi­tos anos man­tí­vo­se un mo­sai­co ra­zoa­ble en­tre elas que ac­tua­ba co­mo cor­ta­lu­mes na­tu­ral, pe­ro ho­xe as plan­ta­cións for­man un to­do con­ti­nuo que fa­ci­li­ta a pro­gre­sión das la­pas.

A ca­se com­ple­ta des­apa­ri­ción da fau­na de gran­des ma­mí­fe­ros: lo­bo, tei­xu­go, cer­vo, cor­zo, etc. Os gran­des her­bí­vo­ros man­ti­ñan li­bre de ma­le­za o bos­que an­ti­go e os car­ní­vo­ros ali­men­tá­ban­se en gran me­di­da de­les, con­tro­lan­do as po­boa­cións.

Cir­cuns­tan­cias

As cir­cuns­tan­cias ta­mén son va­ria­das:

A uti­li­za­ción por par­te da po­boa­ción ru­ral de prác­ti­cas de xes­tión an­tano apro­pia­das e ho­xe pe­ri­go­sas, co­mo a uti­li­za­ción do lu­me pa­ra abrir pas­tos e lim­par ma­le­za. Hai que sa­lien­tar que a cul­tu­ra do lu­me ho­rro­ri­za os ur­ba­ni­tas, pe­ro es­tá moi ben es­ta­ble­ci­da na men­ta­li- da­de ru­ral.

A ex­tin­ción dos lu­mes fo­res­tais pá­ga­se con car­tos pú­bli­cos. An­tes con me­dios da ad­mi­nis­tra­ción am­bien­tal e ho­xe ex­ter­na­li­za­da a em­pre­sas dun lu­cra­ti­vo ne­go­cio. Se os pro­pie­ta­rios do mon­te ti­ve­sen que fa­cer fron­te di­rec­ta­men­te aos cus­tes da ex­tin­ción, ou no seu de­fec­to á con­tra­ta­ción de pó­li­zas de se­gu­ros, non cam­bia­ría a xes­tión das plan­ta­cións fo­res­tais?

A cons­tru­ción de ur­ba­ni­za­cións, vi­ven­das, al­ma­céns e pe­que­nas in­dus­trias pre­to de ma­sas fo­res­tais elu­din­do os lí­mi­tes de se­gu­ri­da­de tan­to por uns co­ma por ou­tros. Hai que men­cio­nar a im­por­tan­cia do man­te­men­to de mar­xes de se­gu­ri­da­de nas bei­ras das vías de co­mu­ni­ca­ción que, ben lim­pas, ac­túan co- mo cor­ta­lu­mes.

O cam­bio cli­má­ti­co che­gou pa­ra que­dar­se e, moi pre­vi­si­ble­men­te, in­cre­men­ta­rá os seus efec­tos, en­tre ou­tros máis se­ca en pri­ma­ve­ra e ou­tono, máis fe­nó­me­nos anó­ma­los co­mo os ci­clóns ex­tra­tro­pi­cais e máis fre­cuen­cia de con­di­cións 30/30/30.

For­mas de ig­ni­ción

As in­ves­ti­ga­cións apun­tan a: cau­sas na­tu­rais (raio) en con­ta­das oca­sións; des­coi­dos ou ne­gli­xen­cias (in­cen­dios pro­vo­ca­dos non in­ten­cio­na­dos) a maio­ría, in­cluin­do pe­que­nas quei­mas que «se van das mans» e se con­ver­ten en gran­des in­cen­dios; von­ta­de de quei­mar (in­cen­dios in­ten­cio­na­dos), que re­pre­sen­tan un­ha por­cen­ta­xe no­ta­ble. Nes­tes úl­ti­mos hai pi­ró­ma­nos pa­to­ló­xi­cos, vin­gan­zas en­tre ve­ci­ños e asun­tos per­soais va­rios. Nin tra­zas de tra­mas or­ga­ni­za­das aín­da que exis­te un evi­den­te efec­to cha­ma­da can­do se dan cis­cuns­tan­cias pro­pi­cias.

Co­ro­la­rio

Mú­den­se as po­lí­ti­cas aten­den­do a cri­te­rios ra­cio­nais e de­té­ña­se es­ta irres­pon­sa­ble fu­xi­da ca­ra adian­te.

Por cer­to, al­guén po­de ex­pli­car co­mo é po­si­ble que o ar­gu­men­ta­rio po­lí­ti­co de go­berno e opo­si­ción na cri­se in­cen­dia­ria do 2006 é exac­ta­men­te a mes­ma que na de 2017 sal­vo po­lo pe­queno de­ta­lle que da­que­la go­ber­na­ban uns a ago­ra ou­tros?

A eli­mi­na­ción do bos­que au­tóc­tono fa­vo­re­ce os in­cen­dios

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.