«O bog­ha­dor»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News - AN­TO­NIO PIÑEIRO

Sen arre­friar de vez aín­da as faís­cas da súa úl­ti­ma obra, Che Tem­bra abre un­ha no­va mos­tra na sa­la de ex­po­si­cións da So­cie­da­de Li­ceo de Noia. Es­ti­ven pre­sen­te men­tres re­ma­ta­ban de a mon­tar. Ma­lia as idó­neas di­men­sións do es­pa­zo, vin co­mo hou­bo que fa­cer arran­xos de úl­ti­ma ho­ra pa­ra po­der aco­ller o pro­lí­fi­co tra­ba­llo. Os es­pa­zos adoi­tan sem­pre que­dar­lle cur­tos a este ho­me, da­da a apai­xo­na­da ac­ti­vi­da­de na que sem­pre an­da. afou­te­za so­cial.

Non des­bo­ta,

Che Tem­bra, nin as bo­li­ñas de es­cou­ra. Un­ha bo­li­ña de es­cou­ra é un­ha bá­goa, ou un­ha ro­sa­da do bei­zo —di­cía­nos men­tres mi­ra­ba­mos un ros­tro de fe­rro, na ex­po­si­ción.

O chan do ta­ller teno es­tra­do de anacos, ti­ras, an­llós, bo­rros, re­cor­tes, lá­mi­nas, ca­ni­ñas ou fo­llas de fe­rro, co­ma un pra­do me­tá­li­co ou un­ha her­ba do pas­tar reivin­di­ca­ti­vo.

Cas­te­lao fa­cía a súa ar­te pa­ra que se vi­se o que an­tes non se qui­xe­ra ver: a tei­mo­sía da bon­da­de, o he­roís­mo do co­tián, ás ve­ces a má­goa; sem­pre —ca­se— den­de un­ha pers­pec­ti­va do­ce e re­tran­quei­ra. Iso re­có­lleo ta­mén pa­ra si Che Tem­bra.

Aper­ta de mans

Dá­che un­ha aper­ta de mans coa súa man de tren­cha e ca­ma­ra­de­ría, e sen­tes co­ma se be­rra­se po­lo res­to de óxi­do que aín­da le­va ne­la. Sen­tes a lin­gua­xe do fe­rro, do tra­ba­llo, do alen­tar da for­xa e o re­pe­ni­car do mar­te­lo; o son que en Cas­te­lao era ei­xa­da, mión, pan­ca e for­ta­le­za.

O bog­ha­dor (así, con ghea­da) é un­ha pai­sa­xe e mais un­ha vi­ñe­ta cos­tu­mis­ta, ho­me­na­xe do Che a Cas­te­lao no seu na­ce­men­to. Un­ha ín­ti­ma con­ver­sa-saú­do en­tre dúas mu­lle­res rian­xei­ras: se é neno, un bog­ha­dor; se sae ne­na, un­ha pa­te­li­ña. Am­bas en­gaio­lan­tes por mor de­sa xe­nuí­na com­bi­na­ción en­tre o fe­rro e o epi­so­dio ve­ci­ñal no que con pou­cas pa­la­bras que­da ex­pre­sa­da toda un­ha his­to­ria co­mún: a épi­ca dun po­bo, di­ría eu. Aí a es- co­la de Cas­te­lao, a poé­ti­ca da sín­te­se, o ca­rác­ter tan xe­nui­na­men­te ga­le­go da re­tran­ca, o di­cir tan­to co sim­ple saú­do, a fra­se bre­ve, a pa­la­bra ín­ti­ma ou a con­ver­sa re­cu­llo.

Che Tem­bra fi­xo súa esa idea. Xa o di­cia­mos nou­tra an­te­rior des­cri­ción da súa obra. Un­ha sol­da­xe que nos trae o con­cep­to de per­sis­ten­cia á vez que nos si­túa dian­te do re­lo­xo bran­do da vi­da. Mag­ní­fi­ca co­lec­ción. Mag­ní­fi­ca in­ter­pre­ta­ción do mes­tre, po­lo mag­ní­fi­co es­cul­tor bar­ban­zán do fe­rro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.