Com­pe­ten­cia lin­güís­ti­ca

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - News -

Aluz so­lar min­gua día a día e pron­to sen­ti­re­mos o cam­bio de ho­ra co­mo a con­fir­ma­ción de que o in­verno es­tá máis cer­ca. Mais vi­vi­mos un tem­po es­tra­ño. Hai uns días to­cou­me via­xar du­ran­te ho­ras can­do o ter­mó­me­tro do au­to­mó­bil non bai­xa­ba dos trin­ta gra­dos. E hei de ad­mi­tir que agra­de­cín a com­pa­ña da ra­dio —pois con­du­cir re­súl­ta­me ca­da vez máis te­dio­so— e ta­mén o axei­ta­do fun­cio­na­men­to do ai­re acon­di­cio­na­do. Pe­ro pron­to co­me­cei a sen­tir un desacou­go que ti­ña pou­co que ver con esa ca­lor ra­ra de ou­tono. Ás ve­ces cam­bia­ba dun­ha emi­so­ra a ou­tra aten­den­do a fre­cuen­cia ade­cua­da en ca­da pun­to da via­xe e, co­mo po­den ima­xi­nar, en to­das o mes­mo te­ma: Ca­ta­lu­ña. Pe­ro que dis­pa­ri­da­de de opi­nións, que pers­pec­ti­vas tan di­fe­ren­tes! E can­tas cha­ma­das ao diá­lo­go!

Nun­ha ter­tu­lia de políticos de co­res moi di­ver­sas fa­la­ban to­dos á vez, e al­gúns be­rra­ban ben al­to. Aba­fa­da por tal mis­ce­lá­nea de sons inin­te­li­xi­bles, pa­sei a ou­tro es­pa­zo ra­dio­fó­ni­co no que pa­re­cían res­pec­tar dun xei­to es­cru­pu­lo­so a quen­da de pa­la­bra, mais a con­ver­sa ca­re­cía dun fío co­nec­tor que nin a pre­sen­ta­do­ra era quen de en­li­ñar. Os par­ti­ci­pan­tes non se es­coi­ta­ban. Ex­po­ñían as súas opi­nións sen un ápi­ce de em­pa­tía, co­mo se fo­se un dis­cur­so pre­pa­ra­do, sen te­ren en con­ta a ex­po­si­ción pre­via do com­pa­ñei­ro. Aín­da así, ta­mén ape­la­ban ao diá­lo­go.

E non sei se foi o par­te me­teo­ro­ló­xi­co que anun­cia­ba máis ai­re quen­te por mor dos res­tos dun fu­ra­cán tro­pi­cal, ou a sen­sa­ción tér­mi­ca que pre­sa­xia­ba un fu­me de di­men­sións ca­tas­tró­fi­cas, pe­chei de sú­pe­to o vo­lu­me da ra­dio e pu­xen ao má­xi­mo o ai­re acon­di­cio­na­do.

Créan­me se lles di­go que tal­vez non me re­sis­ta a mer­gu­llar­me no ou­tono ao abei­ro dun ca­fé con xeo nin a ce­le­brar o tra­di­cio­nal ma­gos­to na praia da La­dei­ra. Pe­ro si me re­sis­to, e moi­to, a asi­mi­lar a in­com­pe­ten­cia lin­güís­ti­ca e po­lí­ti­ca duns go­ber­nan­tes, de aquí e de aco­lá, que non son quen de en­fiar un fu­tu­ro, que é o de to­dos, dun xei­to so­se­ga­do e cons­tru­ti­vo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.