Ca­sa­dos e ve­la­dos

As ve­la­cións de­bían ou­tor­gar­se nun pra­zo má­xi­mo de seis me­ses des­pois do ma­tri­mo­nio

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - A Voz De Barbantia - PA­TRI­CIA TO­RRA­DO QUEI­RU­GA

Se nos po­ñe­mos a in­ves­ti­gar nal­gún ar­qui­vo pa­rro­quial, o máis nor­mal é ato­par en­tre os li­bros sa­cra­men­tais bau­ti­za­dos, con­fir­ma­dos, ca­sa­dos e de­fun­tos, mais ta­mén po­de­mos ato­par en­tre es­tes li­bros o tí­tu­lo Ca­sa­dos y Ve­la­dos nas par­ti­das que van den­de o 1700 ata o 1908.

Pois ben, se nun co­me­zo se acor­da­ba a con­ve­nien­cia ou non dun xun­toi­ro, as fa­mi­lias reunían­se pa­ra dar o vis­to e pra­ce, acor­dar a da­ta da vo­da e pla­near o fu­tu­ro dos no­vos ca­sa­dos, así co­mo as cou­sas que ache­ga­ría ca­da un dos con­tra­en­tes ao ma­tri­mo­nio. Así, lo­go de fa­lar co cu­ra pá­rro­co, ti­ñan que pa­sar arre­dor dun mes «pu­bli­ca­dos» ao que adoi­ta­mos cha­mar as «mo­ni­cións» que, se­gun­do o de­cre­to Ta­met­si do Con­ci­lio de Tren­to, de­bían fa­cer­se tres ve­ces en días de fes­ta se­gui­dos, na igre­xa, e du­ran­te a mi­sa maior, por se fo­se o ca­so de que al­guén ti­ve­se al­go que di­cir ou en que opo­ñer­se á ad­mi­nis­tra­ción do sa­cra­men­to.

As ve­la­cións, cha­ma­das ta­mén «bei­zóns nup­ciais», non son ex­pre­sa­men­te ne­ce­sa­rias, pe­ro lo­go do an­te­di­to con­ci­lio di­cía­se que, sen elas, o ma­tri­mo­nio «se­me­lla­ba non ter to­da a fer­mo­su­ra e so­lem­ni­da­de ade­cua­da».

Esas bei­zóns só po­dían ad­mi­nis­trar­se se an­tes non se ti­ñan fei­to, so­bre a mu­ller; é di­cir, se ha­bía se­gun­das nup­cias, po­de­rían dar­se sem­pre que a mu­ller non fo­se ben­di­ta con an­te­rio­ri­da­de, se­gun­do o ri­to ro­mano. Po­lo que se as pri­mei­ras nup­cias do ho­me se ce­le­bra­ban cun­ha viú­va, fo­se ou non vir­xe, non se po­dían ou­tor­gar esas bei­zóns, e aín­da que o ou­tro ma­tri­mo­nio da mu­ller fo­se re­fe­ri­do nu­lo non se vol­vía ve­lar.

Así mes­mo, os pre­cep­tos ecle­siás­ti­cos do mo­men­to prohi­bían que as ve­la­cións se ce­le­bra­sen den­de o pri­mei­ro do­min­go de ad­ven­to ata a epi­fa­nía, con­tan­do am­bos os dous, e den­de o mér­co­res de cin­za ata o do­min­go «in al­bis».

Ca­be di­cir que ata o re­fe­ri­do Con­ci­lio non se lle de­ra for­ma ca­nó­ni­ca á ce­le­bra­ción ma­tri­mo­nial, e foi nel can­do co­me­za­ron a es­ta­ble­cer­se as di­fe­ren­tes eta­pas da mes­ma —compromiso, con- sen­ti­men­to e bei­zón nup­cial—. As ve­la­cións co­rres­pon­dían a es­ta úl­ti­ma eta­pa, pois de­bían ou­tor­gar­se nun pra­zo má­xi­mo de seis me­ses des­pois do ma­tri­mo­nio, e ata esa da­ta non se de­bía ter con­tac­to car­nal, co­mo se ma­ni­fes­ta na se­sión 24 do tri­den­tino De re­for­ma­tio­ne cir­ca ma­tri­mo­nium.

Te­mos por un la­do vo­da e por ou­tro a ve­la­ción, que esi­xían a pre­sen­za dun cre­go e de dúas tes­te­mu­ñas. Pa­ra o úl­ti­mo des­tes ac­tos em­pre­gá­ba­se un­ha can­dea e un xu­go (ou un­ha cor­da co­mo sím­bo­lo), in­ter­vin­do os pa­dri­ños a am­bos la­dos, su­xei­tan­do to­dos can­deas nas súas mans, e aos noi­vos cu­bría­nos cun veo: de aí o no­me do ce­ri­mo­nial. A noi­va ía ta­pa­da por com­ple­to e o noi­vo cu­bría só os om­bros, pois el era li­bre. Se un­ha pa­re­lla es­ta­ba ca­sa­da e ve­la­da, po­dían con­su­mar o ma­tri­mo­nio e con­vi­vir. É máis, cu­rio­sa­men­te, se a pa­re­lla non fo­ra ve­la­da, os con­tra­en­tes non sai­rían da pa­tria po­tes­ta­de dos pais, a mu­ller non re­ci­bi­ría her­dan­zas e os fi­llos da pa­re­lla en cues­tión que­da­rían bai­xo a po­tes­ta­de do avó e non do pai, so­bre to­do se aque­les fo­ran con­ci­bi­dos an­tes da ve­la­ción.

Nes­te ce­ri­mo­nial, se ben non se pe­día na­da por par­te do cle­ro, era de­ber dos noi­vos dei­xar un­ha subs­tan­cio­sa es­mo­la pa­ra os ad­mi­nis­tra­do­res da mes­ma.

FO­TO CEDIDA

Jo­se­fa San­tos e Jo­sé María Quei­ru­ga fo­ron dos pri­mei­ros ma­tri­mo­nios da fre­gue­sía de Quei­ru­ga que non se ve­la­ron a par­tir do 1908

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.