Ser no es­pa­zo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - A Voz De Barbantia - AN­TO­NIO PI­ÑEI­RO

En­gaio­lan­te, poé­ti­ca, men­ta­lí­si­ma ex­po­si­ción a que ato­pa­mos es­tes días no lo­cal do Ama­ni­tas, da Po­bra. B. A. de San­ta Baia de Mon­roi amó­saa, por cer­to, nun dos es­ta­ble­ce­men­tos que den­de sem­pre máis ve­ñen po­xan­do po­la ar­te xe­nui­na­men­te bar­ban­zá.

Ao pri­mei­ro gol­pe de vis­ta de­cá­ta­se un dun­ha cou­sa: de que o si­len­cio, que pre­do­mi­na no con­xun­to das re­pre­sen­ta­cións, ago­cha en reali­da­de a lon­ga con­ver­sa in­te­rior da vi­da. A ca­la­da con­ver­sa en­tre os se­res. En­tre os se­res e as cou­sas, os ob­xec­tos, as pai­sa­xes. O fa­lar in­te­rior. As pál­pe­bras pe­cha­das ou a olla­da en fi­te ao in­fi­ni­to. Mes­mo se fa­la­mos duns re­pi­nal­dos en­ri­ba dun­ha me­sa e nos de­ca­ta­mos de que, cer­ta­men­te, iso é ta­mén o bo­de­gón. O ser no es­pa­zo. E o po­der das ima­xes é tal que, ás ve­ces, pa­ra­dos dian­te dun­ha, o res­to da pa­re­de fún­de­se nun­ha gran pan­ta­lla en ne­gro. Aí a for­za con­ci­ta­do­ra, a da con­cen­tra­ción, que me deu o uso dese con­cep­to —o de men­tal— ao co­me­zo des­tes pa­rá­gra­fos.

Es­co­lli­do uso da cor

Xun­to cun­ha in­ter­pre­ta­ción per­soal do cu­bis­mo (xa te­mos fa­la­do al­gun­ha vez do ines­go­ta­ble dal­gun­has lin­gua­xes es­té­ti­cas), ato­pa­mos o de­li­ca­do, es­co­lli­do uso da cor. Am­bos re­for­zan esas ideas que apun­ta­ba­mos. A azul é a cor do pen- sa­men­to e as ocres as da ma­te­ria­li­da­de, as da te­rra, as da so­li­dez. O azul afás­ta­se, afón­da­se, afón­da­nos ne­se alén que hai de­trás das reali­da­des. Iso do que es­ta­mos a fa­lar. A con­ver­sa si­len­cio­sa. O azul que ta­mén nos ca­dros evo­lu­cio­na a es­pi­ri­tuais vio­le­tas, li­las, anís. Os ocres, po­la súa ban­da, aché­gan­se­nos, tó­can­nos cro­ma­ti­ca­men­te, vól­ven­se nós e aché­gan­nos ese san­gue de vi­gor que é a sen­sa­ción de ter cor­po. E do có­di­go xeo­mé­tri­co, que es­tá en to­dos os te­mas, xa di­xe­ron os gre­gos que é o có­di­go do uni­ver­so.

Así que, en cer­to mo­do, es­ta­mos dian­te do pen­sa­men­to po­la xeo­me­tría, co­ma en Cé­zan­ne. Aqui­lo da es­fe­ra, o cu­bo e o ci­lin­dro, que de­viu, ca­se si­mul­ta­nea­men­te, en cu­bis­mos, or­fis­mos, su­pre­ma­tis­mos, et­cé­te­ra. Pre­ci­sa­men­te a Cé­zan­ne, xun­to coa in­fluen­cia de cer­tas cul­tu­ras an­ces­trais, nos te­mos re­fe­ri­do al­gun­ha vez ao co­men­tar a obra de B. A. de San­ta Baia. Un­ha fluen­cia plás­ti­ca do ser po­lo tra­zo esen­cial. Un­ha lec­ción cé­zan­nia­na da re­pre­sen­ta­ción da vi­da. Más­ca­ras, azul, ocre. Plano e vo­lu­me. Ás ve­ces co­ma un co­la­xe da cor. On­de o que se­me­lla im­por­tar é o pro­pio ele­men­to. Os ele­men­tos. Pe­ro on­de hai, sen dú­bi­da, un­ha cla­rí­si­ma sub­mi­sión ao te­ma. Un­ha pre­sen­za da idea, da con­ver­sa in­te­rior, na que nos ve­mos abo­ca­dos a par­ti­ci­par ou na que nos de­ca­ta­mos de que xa es­ta­ba­mos. Aí o efi­ca­cí­si­mo tra­ba­llo, nes­ta vol­ta, de B. A. de San­ta Baia. A plas­ma­ción do ser no es­pa­zo, que en reali­da­de, tam­pou­co é de­fi­ni­ti­va­men­te o te­ma, por­que o ver­da­dei­ro, o que hai de­trás, non é se­nón a gran pre­gun­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.