Fi­lloas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - A Voz De Barbantia - MARÍA XESÚS BLAN­CO

A Ro­sa­lía gús­ta­lle moi­to evo­car o en­troi­do da súa in­fan­cia. Aquel olor a fi­lloas aca­ba­das de fa­cer coa au­ga do co­ci­do na ca­sa da avoa pa­ter­na. E o ruí­do do ven­to coán­do­se po­las fen­das das por­tas de ma­dei­ra. Lem­bra ben aque­las in­ter­mi­na­bles tar­des de in­verno. Que frío ía fó­ra! E ta­mén den­tro! As pa­re­des zu­me­gan­do hu­mi­da­de e os ra­pa­ces e ra­pa­zas da al­dea bus­can­do rou­pas es­que­ci­das nos faia­dos e nos re­cun­chos dos ar­ma­rios. Ves­ti­dos das súas nais can­do eran mo­zas, pa­nos de loi­to das avoas, boi­nas e bas­tóns, tra­xes ve­llos con pe­tos cheos de bo­las de naf­ta­li­na. To­dos eles emer­xían cheos de vi­da nos días de car­na­val. Non ha­bía tem­po nin car­tos pa­ra pen­sar en dis­fra­ces con len­te­llo­las e ve­lu­dos. De­trás dos cris­tais em­ba­za­dos en­saia­ban a ei­to pa­ra di­si­mu­lar o ta­ma­ño e a es­ta­tu­ra, os xes­tos ou o tim­bre de voz. Cal­que­ra cou­sa va­lía pa­ra agran­dar ba­rri­gas e aco­char grans e pen­cas pa­ra non ser re­co­ñe­ci­do. Ro­sa­lía lem­bra ben a ilu­sión e o an­he­lo de que­rer ser ou­tro. A emo­ción do mis­te­rio es­pe­ran­do a olla­da de quen abría a porta. E a ex­pre­sión e as ri­sas da avoa Ma­nue­la de­trás da co­ci­ña de fe­rro, ten­tan­do adi­vi­ñar quen era quen, na­men­tres as fi­lloas des­apa­re­cían co­ma lóstregos da es­ca­che­la­da ban­de­xa de por­ce­la­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.