«A acción vo­lun­ta­ria or­ga­ni­za­da e so­li­da­ria é un­ha par­te de min»

Ole­ga­rio Sam­pe­dro Pro­fe­sor de Pe­da­go­xía Te­ra­péu­ti­ca

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - EME CARTEA

Con­si­de­ra que tal­vez se lle es­tea a pe­dir o im­po­si­ble ao pro­fe­so­ra­do

«Cha­má­de­me Ole­ga­rio!». Coa me­mo­ria no cé­le­bre inicio da no­ve­la Moby Dick, así o fa­ce­mos, un 9 de febreiro ado­bia­do de ne­ve e ca­la­fríos nun Ate­neo Va­lle-In­clán frío e aco­lle­dor. Un bo ca­fé ani­ma a ex­tra­ver­sión máis afec­ti­va con Ole­ga­rio Sam­pe­dro. Moi­tos anos de con­fra­ter­ni­za­ción ava­lan a no­sa mu­tua ad­mi­ra­ción e es­ti­ma, in­dis­pen­sa­bles pa­ra un­ha sin­ce­ra ami­za­de on­de a pa­la­bra se fai con­fi­den­cia.

Os que o co­ñe­ce­mos e que­re­mos —que vén sen­do o mes­mo— sa­be­mos da súa vas­ta po­li­ma­tía. Ini­cia­mos a con­ver­sa po­la es­co­la, pro­fe­sión que o/ me apai­xo­na: «Sem­pre vai un grao a remolque da so­cie­da­de, per­ma­nen­te mo­tor de cam­bio». Coin­ci­di­mos en que é un or­ga­nis­mo vi­vo, su­xei­to a evo­lu­ción, cen­tra­da nun alum­na­do pre­pa­ra­do e crí­ti­co que bus­ca pre­gun­tas máis ca res­pos­tas, e que ho­xe en día pre­ci­sa­ría dun cer­to ag­gior­na­men­to e so­se­go nor­ma­ti­vo, sen aco­sos dog­má­ti­cos. «A es­co­la es­tá es­tre­sa­da. E in­da que a for­ma­ción ac­tual do pro­fe­so­ra­do é in­me­llo­ra­ble, tal­vez se lle pi­da o im­po­si­ble: ser sub­si­dia­rio da fa­mi­lia, so­bre to­do en for­ma­ción de va­lo­res». No­vos tem­pos sen xiz, sen apun­tes e sen en­ce­ra­dos nos que a in­for­má­ti­ca im­pón a súa lei di­xi­tal. Ve­re­mos...

In­ter­cam­bios eu­ro­peos

Ole­ga­rio é un eu­ro­peís­ta. Múl­ti­ples pro­gra­mas de in­ter­cam­bio eu­ro­peos (Co­me­nius) o ava­lan: In­gla­te­rra, Bul­ga­ria, Fran­cia, Ita­lia, Po­lo­nia, Ale­ma­ña... «Un in­ter­cam­bio é moi­to máis ca un­ha via­xe tu­rís­ti­ca. Trá­ta­se de me­llo­rar as prác­ti­cas edu­ca­ti­vas e de co­ñe­cer ou­tras cul­tu­ras; pe­ro, an­te to­do, de va­lo­rar o no­so: as raí­ces, a fa­mi­lia, co­mo par­te in­dis­pen­sa­ble do ser hu­mano —in­cluí­das, cla­ro es­tá, as co­mu­ni­da­des LGTB—, as pai­sa­xes, cos­tu­mes, lin­gua, co­mi­da, ar­te...».

Coa pa­la­bra aso­cia­cio­nis­mo a súa voz re­to­ma ener­xía: «A acción vo­lun­ta­ria or­ga­ni­za­da, al­truís­ta e so­li­da­ria é un­ha par­te de min mes­mo. Sín­to­me un mem­bro da xe­ra­ción per­di­da dos 80 e, de aí, a mi­ña mi­li­tan­cia en Re­na­cer». Re­cór­da­me a tra­xe­dia da he­roí­na co­mo un ma­cha­da­zo nas con­cien­cias, nos pe­tos e nas vidas dos ri­bei­ren­ses. En Ga­li­cia, en­ga­de «ca­re­ce­mos dun te­ci­do so­cial su­fi­cien­te, pe­ro o vo­lun­ta­ria­do é o meu mo­dus vi­ven­di» por can­to «o pri­mei­ro be­ne­fi­cia­do son eu». Lo­go vi­ría o IMER que se inicia coa re­so­lu­ción de con­fli­tos na es­co­la e se­gue ac­tual­men­te coa di­vul­ga­ción da cul­tu­ra de paz na so­cie­da­de.

Da súa mi­li­tan­cia ac­ti­va po­los de­rei­tos hu­ma­nos na­ce­ría o Pro­xec­to Li­ber­tas, froi­to da con­fian­za que o PEN de­po­si­ta nel: «Con­si­de­ro un or­gu­llo que o Pen Ga­li­cia —e, por en­de, o Pen In­ter­na­cio­nal—, con­ta­se co­mi­go e co IMER pa­ra que Li­ber­tas re­pre­sen­ta­se a Ga­li­cia no 82º con­gre­so in­ter­na­cio­nal: Ten­den­do pon­tes li­te­ra­rias » so­bre os de­rei­tos lin­güís­ti­cos, se­xuais e de xé­ne­ro, a li­bre ex­pre­sión, a li­ber­da­de e a paz.

Ex­pre­sión plás­ti­ca

Des­ta gui­sa arri­ba­mos ao por­to da ar­te. E apren­de­mos que en Ole­ga­rio a ex­pre­sión plás­ti­ca é un­ha ne­ce­si­da­de: «O pri­mei­ro re­ga­lo in­fan­til fo­ron uns la­pis de co­res». E lo­go foi a bar­be­ría, a ami­za­de e o ma­xis­te­rio do gran Pe­pe Nú­ñez, no Ruei­ro, con quen es­bo­rran­chei bo­te­llas ba­lei­ras de al­ba­ri­ño e pin­ta­mos a pri­mei­ra ma­ri­ña ao uní­sono. No Mes­tre Ma­teo re­ci­biu cla­ses de Án­xel Hue­te. Con 18 anos par­ti­ci­pa nun­ha co­lec­ti­va con Xoán Fer­nán­dez, Ma­ra­lla, Aya­so, Do­min­go Re- guei­ra, etc. en téc­ni­ca mix­ta e es­ti­lo su­rrea­lis­ta. E ho­xe, gra­zas ao seu ami­go Eduar­do Ga­lo­vart —que no 2012 lle re­ga­la un­ha cá­ma­ra— o seu hobby é a fo­to­gra­fía, a súa pe­núl­ti­ma pai­xón, que exer­ce con eu­fo­ria.

Sei da súa que­ren­za po­la na­ta­ción: «Hai anos des­cu­brín que o exer­ci­cio fí­si­co —e o si­len­cio que re­qui­re— pa­ra­li­zan a mi­ña cog­ni­ción di­mi­nuín­do sau­da­ble­men­te a do­se de an­gus­tia co­tiá. A na­tu­re­za e, co­mo non!, o mar é o es­ce­na­rio per­fec­to pa­ra prac­ti­ca­lo». Xa o di­cía Is­mael, o per­so­na­xe de Her­man Mel­vi­lle: «A par­te acuá­ti­ca do mun­do per­mí­te­me es­co­rren­tar a me­lan­co­lía e re­gu­lar a cir­cu­la­ción [...] Ca­da vez que a hi­po­con­dría me do­mi­na... en­ten­do que son ho­ras de ir­me ao mar... É o meu subs­ti­tu­ti­vo da pis­to­la e a ba­la». Xe­nial!

Can­do lle su­xi­ro a pa­la­bra amor, é con­tun­den­te: «Sen amor non hai vi­da». E so­bre o se­xo: «Pois... o com­ple­men­to per­fec­to do amor». Pre­gun­to lo­go so­bre a ami­za­de: «É a fa­mi­lia elec­ti­va» —en pa­la­bras do no­so ami­go co­mún, flo­ren­tino el, Mas­si­mo Sal­ta­fu­so—. E In­ter­net?: «Un cam­bio de era, co­mo o foi a ro­da, a im­pren­ta, a re­vo­lu­ción fran­ce­sa ou a in­dus­trial».

E que me con­tas da es­cri­tu­ra?: «Es­cri­bir é pen­sar dúas ve­ces, fa­lar pa­ra máis pú­bli­co». E a lec­tu­ra?: «Ler é o me­llor ami­go, sem­pre reite­ra­ti­vo. Un­ha re­la­ción ca­se amo­ro­sa, de au­tén­ti­ca co­mu­ñón. Con­fe­so que o meu per­so­na­xe li­te­ra­rio (o mes­mo ca pa­ra Bor­ges) é Sher­lock Hol­mes. Con el, o ri­tual ro­za o pa­ro­xis­mo: pre­pa­ro o es­pa­zo e o mo­men­to. Che­go in­clu­so a fa­cer coin­ci­dir o seu dis­fru­te coa da­ta exac­ta do ano no que Doyle si­túa a his­to­ria. Hai li­bros cos que mes­mo efec­túo un­ha mor­bo­sa pa­ra­din­ha an­tes de me­ter o gol».

Iden­ti­fi­ca­ción ele­men­tal, que­ri­do ami­go!: in­te­li­xen­cia na­tu­ral, ob­ser­va­ción pers­pi­caz e de­du­ción efec­ti­va: Ole­ga­rio Sam­pe­dro.

ILUS­TRA­CIÓN ABRALDES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.